MUNDOMATERIAL

Innovación e Materiais

Archivo de March, 2010

Dow compra Rohm & Haas

Publicado por admin El 26 - March - 2010

O pasado xoves Dow anunciou a compra de Rohm & Haas por $18.8 miles de millóns. Para os que non estedes familiarizados con estas empresas, dicir que Dow é un xigante químico, con ventas anuais de $54 miles de millóns. Rohm & Haas é máis pequeno pero conta con produtos especializados, que en xeral proporcionan maior marxe de beneficios. E esta é a clave da compra. Dow convértese nunha empresa significativamente máis grande, pero ademáis adquire un negocio que depende menos das ventas masivas e permítelle diversificar a súa carteira de produtos, que non é pouco. A táboa mostrada a continuación lista as divisións de Dow xunto cos produtos que xestiona cada unha delas. No campo dos materiais, Dow é ben coñecida por vender o que en inglés se coñece como commodity, é dicir, produtos básicos. Entre eles, os grandes clásicos: PP, PE e PS. Para manterse no mundo das commodities, as vendas teñen que ser grandes, necesítase unha estrutura de vendas e distribución... 
Leer más

Bioplásticos

Publicado por admin El 26 - March - 2010

Antes de comezar, aclarar que este post intenta ser unha breve introducción ao extenso campo dos bioplásticos, sobre o que pretendo falar en máis detalle. Digamos que é unha guía para os que non estedes moi familiarizados con esta familia de produtos. Cando se fala de bioplásticos, por norma xeral referímonos a polímeros cunha parte do seu contido extraído de fontes naturais e renovables. Algúns deles teñen unha química totalmente nova e outros simplemente son plásticos tan coñecidos como as poliolefinas e los poliuretanos. Hoxe explico os que son químicamente diferentes, outro día falamos de como vellos plásticos se están renovando grazas ás plantas. Os dous grandes rivais neste momento son o PLA, ácido poliláctico, e os bioplásticos baseados en amidón. Ambos proveñen na súa maior parte do millo, aínda que calquera planta rica en amidón e/ou azucre pode ser unha fonte viable. Tamén comparten a súa capacidade de biodegradación, unha cualidade que ata pouco... 
Leer más

Benvida

Publicado por admin El 26 - March - 2010

Mundomaterial nace con bastantes motivacións, case todas puramente persoais. Manterme ao día, involucrarme con novas ferramentas de comunicación que me son alleas, expor ideas ao mundo e ver que tipo de respuesta obteño. Como presentación, direi que son unha consultora estratéxica, que desenvolvín case toda a miña actividade profesional no Reino Unido, son especialista en polímeros e teño unha curiosidade bastante ben alimentada. Que temas pretendo tocar no blogue? Todos temos as nosas preferencias á hora de ler e escribir, pero espero que o blogue me dé a oportunidade de ir máis alá do que agora son os meus favoritos. Por dar algunha idea, os plásticos son a miña especialidade, en case todas as súas variantes. O outro grande eixo para min é o medioambiente, así que algúns dos meus temas favoritos son os bioplásticos, reciclaxe, solucións para reducir o uso de recursos fosiles, etc.  Hai unha infinidade de temas que me gustaría coñecer mellor coa excusa... 
Leer más

About Me

Lucía Castro Díaz

Soy co-fundadora y coordinadora de Agalip, empresa especializada en soluciones integrales de comunicación que desarrolla proyectos propios y para clientes. También soy consultora empresarial y realizo estudios de mercado, centrados en la industria química y los materiales. Me doctoré en Ciencias Materiales por la Universidad de Oxford y trabajé para Frost & Sullivan como analista. Hablo inglés, francés, español y gallego.

Twitter