
Antes de comezar, aclarar que este post intenta ser unha breve introducción ao extenso campo dos bioplásticos, sobre o que pretendo falar en máis detalle. Digamos que é unha guía para os que non estedes moi familiarizados con esta familia de produtos. Cando se fala de bioplásticos, por norma xeral referímonos a polímeros cunha parte do seu contido extraído de fontes naturais e renovables. Algúns deles teñen unha química totalmente nova e outros simplemente son plásticos tan coñecidos como as poliolefinas e los poliuretanos. Hoxe explico os que son químicamente diferentes, outro día falamos de como vellos plásticos se están renovando grazas ás plantas.
Os dous grandes rivais neste momento son o PLA, ácido poliláctico, e os bioplásticos baseados en amidón. Ambos proveñen na súa maior parte do millo, aínda que calquera planta rica en amidón e/ou azucre pode ser unha fonte viable. Tamén comparten a súa capacidade de biodegradación, unha cualidade que ata pouco era considerada máis importante que o feito de que sexan renovables.
O PLA é máis caro, ten un maior contido renovable e utilízase maioritariamente en aplicacións de embalaxe ríxido, como as bandexas transparentes onde veñen os tomates. Os bioplásticos baseados en amidón son menos costosos, pero ata agora necesitan ser mesturados con poliesteres sintéticos, o que reduce a súa porcentaxe “verde”. Utilízanse en formato filme ou película flexible.
En canto á dinámica de mercado, a situación na que se atopan ambos bioplásticos difire en case todo. Ata o momento NatureWorks é o único produtor comercial de PLA, aínda que nos últimos dous anos houbo modestos intentos doutras compañías para comezar a producir. NatureWorks é unha joint venture de Cargill, xigante agrícola estadounidense, e Teijin, gran compañía química xaponesa. A combinación de coñecementos e saber facer de ambas compañías, junto co seu total dominio do mercado, dificultan a entrada doutros competidores.
Doutra banda, existen varios produtores de plásticos baseados en amidón, unha gran parte deles baseados en Europa. O que domina o mercado é Novamont, baseado en Italia e activo dende 1990. A súa base de mercado son bolsas e filmes para a agricultura. Outros produtores baseados en Europa son Biotec, Rodenburgh Biopolymers, FKuR ou Vegeplast. A variedade de produtores e a competencia xerada entre eles axuda á evolución de produtos no mercado. Quizáis a falta de competencia real xera unha certa complacencia en NatureWorks…
Os outros bioplásticos con química diferente a plásticos xa existentes son a famila de PHA, que inclúe varias químicas e que promete aumentar o rango de propiedades ofrecidas polos bioplásticos ao mercado. En particular os PHA poderían ser utilizados en moldeado por inxección, abrindo posibilidades totalmente novas no mercado. Desgraciadamente a súa comercialización non é tan extendida e a súa produción é moi limitada polo momento.
Como este é o meu primeiro post sobre os bioplásticos, encantaríame se me fixérades saber sobre que máis vos gustaría ler, porque é un campo moi extenso. Algunhas das posibilidades para próximos posts relacionados son estas:
- Perfiles de produtores
- Aplicacións actuais e futuras
- Factores de crecemento
- Outros bioplásticos
Se tedes algunha preferencia, facédevos oír!
photo credit: Sweeter Alternative



