MUNDOMATERIAL

Innovación e Materiais

Dow compra Rohm & Haas

Publicado por admin El 26 - March - 2010 This post is also available in: Inglés, Castelán

O pasado xoves Dow anunciou a compra de Rohm & Haas por $18.8 miles de millóns. Para os que non estedes familiarizados con estas empresas, dicir que Dow é un xigante químico, con ventas anuais de $54 miles de millóns. Rohm & Haas é máis pequeno pero conta con produtos especializados, que en xeral proporcionan maior marxe de beneficios.

E esta é a clave da compra. Dow convértese nunha empresa significativamente máis grande, pero ademáis adquire un negocio que depende menos das ventas masivas e permítelle diversificar a súa carteira de produtos, que non é pouco. A táboa mostrada a continuación lista as divisións de Dow xunto cos produtos que xestiona cada unha delas.

No campo dos materiais, Dow é ben coñecida por vender o que en inglés se coñece como commodity, é dicir, produtos básicos. Entre eles, os grandes clásicos: PP, PE e PS. Para manterse no mundo das commodities, as vendas teñen que ser grandes, necesítase unha estrutura de vendas e distribución moi forte. As producións son tan elevadas que os custes do negocio son baixos, economía de escala.

Por outra parte, un mastodonte como Dow non sempre conta co dinamismo de xerar novas ideas, en novos mercados, con novos produtos.

Así que compran Rohm & Haas que, como se observa na táboa anterior, conta con carteira moito máis diversificada. Os produtos de Rohm & Haas son especializados, máis caros, pero tamén máis costosos de desenvolver e que venden en menores cantidades. Algunhas das aplicacións onde esperan interaccionar son en produtos electrónicos, recubrimentos e adhesivos.

Todo soa ben, pero todavía está por ver o resultado final da adquisición. Dúas compañías tan diferentes son, ás veces, difíciles de integrar. Dow anuncia que Rohm & Haas funcionará como unha división independente, mantendo o nome. Dous directores de Rohm & Haas uniranse á xunta directiva de Dow, que contará con 14 directivos.

Queda no aire a pregunta de ata que punto esta compra inspirará a Dow e como cambiará o seu negocio.

Esta nova noutros sitios:

Bloggingbuyouts.com

Financial Times

El País

Deja una Respuesta

About Me

Lucía Castro Díaz

Son co-fundadora e coordinadora de Agalip, empresa especializada en solucións integrais de comunicación que desenvolve proxectos propios e para clientes. Tamén son consultora empresarial e realizo estudos de mercado, centrados na industria química e os materiais. Doctoreime en Ciencias Materiais pola Universidade de Oxford e traballei para Frost & Sullivan como analista. Falo inglés, francés, español e galego.

Twitter