MUNDOMATERIAL

Innovación e Materiais

Monopatíns

Publicado por admin El 9 - April - 2010 This post is also available in: Inglés, Castelán

Se ata agora me dediquei a falar de materiais e as empresas que os producen, hoxe apetéceme dar un xiro. Hoxe vou falar de skates ou skateboards. O certo é que non é un produto moi tradicional, pero entroume onte curiosidade vendoos dar saltos polos materiais que se usan e son capaces de aguantar semellante tratamento. Ademais, exemplifica un dos mercados máis innovadores no mundo dos materiais, o dos deportes de risco.

Se non acabades de ver o interese, pensade en skies, táboas de surf, velas de windsurf ou snowboards. Sen esquecer o importante equipo de protección, como cascos, xeonlleiras, protectores de cóbado, etc. O mercado é amplo, está medrando e de alto valor engadido. Un bo lugar para experimentar materiais e xulgar o seu rendemento.

O produto

Supoño que non haberá moitos expertos en materiais que a un tempo saiban algo do fascinante mundo do skate, así que empezarei por unha rápida introdución. As partes principais dun skate son a táboa, as rodas, os rodamentos e os eixos, ilustrados no seguinte gráfico. Quero agradecer a foto a BD skateshop, unha tenda de Zamora que vende skates con ou sen marca.

As características claves do skateboard son:

  • Maniobrabilidade
  • Equilibrio
  • Velocidade

Canto máis longa sexa a táboa menos control e máis velocidade. Canto máis ancha, maior control e menor maniobrabilidad ou capacidade de xiro. As súas dimensións varian entre 19 e 21 cm de largo e 83-89 de longo. O largo das rodas varias habitualmente entre 50 e 60 mm. Existen rodas moito máis grandes, de ata 100 mm de largura, que se usan para rodaxes ou para adquirir moita velocidade.

Aínda que para os non epertos todos os skateboards poden parecer igual, os usuarios adoitan ter unhas preferencias moi marcadas no referente a dimensións e forma da táboa. Que skateboard escolle un usuario depende tamén de como vaia a practicar o deporte: pola cidade, en parques especializados, realizando tricks ou simplemente como un medio de transporte barato e non contaminante.

Os Materiais

A táboa está feita xeralmente de madeira de pradairo laminada. A maioría das táboas teñen 7 capas de madeira, unidas entre si por resina epoxy. Pódense usar plásticos reforzados con fibra de vidro ou carbón, aluminio ou outros materiais que alixeiren a táboa, pero o seu uso é escaso. As rodas están feitas de poliuretano. As rodas máis grandes, de ata 100 mm de largura, adoitan estar feitas de dúas capas, cun interior de maior dureza que o poliuretano, pero aínda non conseguín averiguar de que material. Podedes ver un vídeo de como se fai un monopatín eiquí:Rekiem skateboard how to make a board from jeremy hugues on Vimeo.

O eixo ou truck une as rodas coa táboa e adoita estar fabricado cunha aliaxe de aluminio. Os rodamentos, que unen as rodas co eixo, adoitan estar feitos de aceiro, pero tamén se encontran en nitruro de silicio, una cerámica avanzada.

Proxectos Innovadores

A pesares de ser un deporte urbano, o skateboard acolle un movemento ecoloxista no seu seo e por esta razón xurdiron varios fabricantes que intentan transformar os seus produtos para que sexan máis respectuosos co medio ambiente. Na táboa podemos ver algúns exemplos, que explicarei en máis detalle.

Son particularmente interesantes os casos de Comet e Let’s EVO, xa que ambos os dous teñen proxectos desenvoltos con empresas especializadas en novos materiais, máis respectuosos co medio ambiente. Let’s EVO é unha aventura brasileira levada a cabo por Evo Skateboards en colaboración con Fibra Design Sustentável.

Trátase dunha plataforma aberta para desenvolver un skateboard con materiais sostibles e que desenvolve o deseño a través da colaboración na internet. Calquera pode axudar, xa sexa mandando as súas dimensións favoritas para a táboa ou enviando a arte para pintala. A plataforma escollida para desenvolver este proxecto é un blogue, que recomendo a todos aqueles que entendan un pouco de portugués. Esta forma colectiva de culminar un proxecto axuda á involucración de axentes externos á compañía, xerando maior interese.

No referente aos materiais, son proporcionados por Fibra Design Sustentável, que conta con estes tres materiais (perdoádeme os posibles erros na tradución, calquera suxestión é benvida):

  • Conglomerado de pupunha ou chontaduro, feito cos desfeitos do cultivo de palmito
  • Bananaplac, a partires de defeitos de bananeiras
  • Laminado de bambú orgánico

Comet Skateboards nace para dedicarse exclusivamente á produción de skateboards sostibles. Do mesmo xeito que Let’s EVO, están apoiados por unha compañía especializada en materiais, e2e Materials. As táboas seguena ser  laminadas, de 7 capas, pero no canto de utlizar unicamente a tradicional madeira de pradairo e os adhesivos derivados do petróleo, Comet substitúe algunhas das capas por innovadores materiais. En particular, a capa central, que lle dá resistencia e flexibilidade, cómpónse de bambú. As dúas capas que rodean a central compóñense dun tecido triaxial de cañamo, co que eles chaman “soy linking resin” e que imaxino será poliuretano procedente de soia. Se a miña explicación non volo aclara moi ben, seguide esta ligazón para ver os produtos de Comet.

Conclusión

O skate é só un exemplo dos moitos deportes urbanos ou extremos que se desenvolveron en parte grazas a novos materiais que facilitan e democratizan a súa práctica. Os mercados relacionados co lecer soportan moi ben os prezos máis elevados, dando a oportunidade de desenvolver novos produtos e innovar. A alta esixencia mecánica do skateboard convérteo nun laboratorio de ensaio perfecto para novos materiais, así que animo aos produtores de materiais a que se interesen por este produto e melloralo, algo que sen dúbida os skaters agradecerían.

Deja una Respuesta

About Me

Lucía Castro Díaz

Soy co-fundadora y coordinadora de Agalip, empresa especializada en soluciones integrales de comunicación que desarrolla proyectos propios y para clientes. También soy consultora empresarial y realizo estudios de mercado, centrados en la industria química y los materiales. Me doctoré en Ciencias Materiales por la Universidad de Oxford y trabajé para Frost & Sullivan como analista. Hablo inglés, francés, español y gallego.

Twitter