MUNDOMATERIAL

Innovación e Materiais

Blogues boicoteando o plástico

Publicado por admin El 12 - April - 2010 This post is also available in: Inglés, Castelán

Esta entrada é unha continuación de Un mes sin plástico. Desde que a escribín, a Chris Jeavans foille bastante ben. Aprendeu e aplicado algunhas das dinámicas do movemento downsizing ou consumismo anti-consumismo, que promove a redución de tódolos produtos consumidos. Un exemplo de consumismo anti-consumismo atopámolo no blogue dun neoiorquino, No impact man. No seu caso caso o plástico non é o único sospeitoso e o autor intenta reducir o seu impacto medioambiental a cero. Un grande reto. Algunhas das regras do consumismo anti-consumismo son:

  • sé consciente do impacto do que consumes
  • sé determinado
  • mide o teu progreso
  • dille a outros como facelo

Todos estes pasos parécense moito aos que toma unha persoa cando está a dieta. Chris Jeavans analizou novos produtos, como zapatos, embalaxe cárnico e cosméticos. Pero máis importante aínda, fixo bastantes amigos. Resulta que non está soa en absoluto na súa renuncia ao plástico. Hai uns cantos blogueiros aí fóra explicando como é vivir sen plástico. Témome que as ligazóns están en inglés, pero vaga a pena:

leave only footprints

avoiding plastic

plastic is forever

fake plastic fish

life less plastic

living plastic free

plasticless

Estou segura de que hai máis que eu non vin, así que mandádeme as vosas suxerencias. Se atopades algún en español, sería perfecto.

É difícil cuantificar a magnitude do que parece ser unha pequena parte dun movemento maior. Sen embargo, o número de xente facéndoo neste momento e contándonos as súas historias é suficiente para comezar a convencer a outros de cambiar algunhas actitudes fronte ao plástico. Todos estes blogues teñen un claro propósito educacional, cuxos autores non so pretenden controlar o seu propio impacto na natureza, senón tamén axudar aos demáis a facelo. Para elo unha grande parte do seu contido céntrase en dar consellos prácticos e moitísima información sobre o ciclo de vida dos plásticos.

Outra forma de deixar o plástico é unirse a unha comunidade na rede. Celsias, por exemplo, é unha páxina onde persoas, grupos e incluso as compañías poden comprometerse a facer calquera acción que preveña o cambio climático. Isto si é activismo, traído da rúa á Internet. Unha vez máis – para este post non tiven moita sorte – en inglés, pero recoméndovos que botedes unha ollada ao tipo de proxectos ou accións que se están a facer. As que eu atopar relacionadas co plástico son as seguintes:

actions against plastics

projects against plastics

Aínda que as persoas escribindo os blogues non están asociadas entre si, existen puntos comúns nas súas experiencias. Para empezar, as regras son bastantes similares ás do blogue de Chris Jeavans: non se pode consumir plástico novo, o que xa se ten pódese seguir utilizando. Algúns dos outros blogues tamén teñen vidas finitas, pero outros admiten que agora non soportarían usar unha bolsa de plástico.

A maioría deles empezaron a plantexarse a idea de deixar o plástico por pura rabia. Para os autores de leave only footprints, foron as bolsas de plástico colgando das árbores. Para Beth Therry, autora de fake plastic fish foi o darse conta da cantidade de artigos plásticos desbotables que tiraba. Estes dous comezos xa nos dan idea do maior inimigo destes bloggers: artigos desbotables e embalaxe inútil. Non vin demasiadas críticas cara aos plásticos usados en artigos electrónicos, por exemplo, que son bens duradeiros. Os plásticos máis odiados son o PVC e o poliestireno, PS. O artigo máis odiado é a bolsa de plástico desbotable, aínda que nada irrita máis aos activistas que unha embalaxe ridícula ou superflua. Como Chris Jeavans nos comenta no seu post do 27 de agosto:

Dubido que chegue a entender un limón envolto en plástico por exemplo (¿acaso a naturaleza non fixo xa ese traballo bastante ben?)

Decidín falar un pouco destes blogues porque creo que son unha advertencia para a industria plástica sobre o cambio de actitude dalgúns consumidores. Finalmente parece que máis xente informada está facendo preguntas terriblemente lóxicas. Como por exemplo, por que, se existen tantas alternativas, non se recicla o plástico? Temos que consumir só porque podemos?

Preguntas demasiado grandes para que eu as conteste. Por eso lles pedín aos blogueiros e a algunhas asociacións europeas relacionadas co plástico que me den a súa opinión. Por suposto, tamén vos convido a todos vós a facer o propio.

Deja una Respuesta

About Me

Lucía Castro Díaz

Son co-fundadora e coordinadora de Agalip, empresa especializada en solucións integrais de comunicación que desenvolve proxectos propios e para clientes. Tamén son consultora empresarial e realizo estudos de mercado, centrados na industria química e os materiais. Doctoreime en Ciencias Materiais pola Universidade de Oxford e traballei para Frost & Sullivan como analista. Falo inglés, francés, español e galego.

Twitter