MUNDOMATERIAL

Innovación e Materiais

Materiais Olímpicos – LZR Racer, o traxe dos nadadores

Publicado por admin El 12 - April - 2010 This post is also available in: Inglés, Castelán

Unveiling_of_LZR_Racer_in_NYC_2008-02-13Estivéstesvos preguntando que levan os nadadores das Olimpiadas de Beijing? Eu tamén. Sexa polas inevitables discusións sobre o xusto que é usar a tecnoloxía nos deportes e cantos dos récords das novas marcas mundiais se deben ao traxe e non ao nadador. O que está claro é que, co seu prezo, non todos os nenos con soños de converterse en campións olímpicos poden permitirllo, especialmente aqueles que viven en países en vías de desenvolvemento. Pero entón este debate debería terse con case todos os deportes, non só co natación, porque a tecnoloxía úsase en moitos, desde bicicletas de fibra de carbono ata as zapatillas deportivas. Vexamos un pouco máis de cerca ao sospeitoso, o Fastskin LZR Racer de Speedo e despois que cada un decida por si mesmo.

Que é?

A pesar do gran revuelo que está a causar o traxe, o LZR Racer é o último traxe dunha serie que comezou nos xogos de Barcelona de 1992, co S200. Na táboa de abaixo poderedes ver que Speedo lanzou un modelo por Olimpíada desde 1992:

Tódolos traxes evolucionaron co obxecto de reducir a resistencia ao avance. As características do LZR Racer son as seguintes:

  • LZR Pulse: Esta é unha das claves do traxe: o seu tecido. Speedo son bastante reservados no referente aos detalles, pero quén os pode culpar. O que si sabemos é que o tecido é nylon e spandex. Neste modelo a flexibilidade do tecido mellorou, facendo o traxe máis cómodo.
  • LZR Panels: Uns delgados paneis aloxados en certos puntos do traxe para conseguir unha forma máis aerodinámica. Atopei un artigo bastante interesante en Design News (en inglés) no que se explica que os paneis están feitos dunha “nova membrana de poliuretano que repele a auga e reduce a resistencia ao avance “. É un material multicapa, é dicir, varias capas de poliuretano lamínanse para formar un panel.
  • Unións reforzadas: Speedo comezou limitando o número de costuras ou unións necesarias ao reducir o número de pezas, pasando de 30 a 3. Os modelos anteriores tiñan puntadas unindo as partes, con arredor de 22 puntadas por polgada (unhas 8,6 por cm). Este elevado número de polgadas dáballe resistencia á costura. As 3 pezas do LZR Racer, que son tridimensionais, foron unidas por soldaduras ultrasónicas, obtendose unha superficie máis lisa que coas puntadas. Este tipo de soldadura xa foi usado noutro equipo deportivo, pero tivo que ser posto a punto para esta aplicación.
  • Estabilizadores de núcleo: Actúan coma un corset de apoio, axudando aos nadadores a manter unha posición correcta.

Cómo foi deseñado?

Un dos aspectos principais do deseño é coñecer ben o produto e o seu usuario. Hoxe en día hai moitas ferramentas que que permiten unha retroalimentación por parte do usuario cara aos deseñadores. Encantaríame escribir unha entrada sobre cómo os servizos da web 2.0 están mellorando a comunicación, grazas a ferramentas como as redes, os blogues e as wikis. Speedo está familiarizado con este deseño e parece formar unha simbiose cos seus nadadores. Speedo considera a súa participación como un factor crítico no deseño do traxe, pero ao mesmo tempo os nadadores convértense en anuncios vivos da marca.

O departamento de desenvolvmento de Speedo, Aqualab, colaborou con varias instituciones e laboratorios para deseñar o traxe:

  • NASA: Utilizáronse túneis de vento para probar a resistencia da superficie de 60 texidos para escoller o LZR Pulse.
  • Universidade de Otago, Nova Zelandia: A resistencia pasiva foi medida en tests de corrente.
  • Australia Institute of Sport: Tests de rendemento, é decir, probas con nadadores.
  • ANSYS: Simulaciones de ordenador sobre a dinámica de fluidos, utilizadas para analizar a fricción, a presión e o fluxo de fluído. Nesta ligazón atoparedes un artigo de como Fluent, agora pertencente a ANSYS, desenvolveu modelos anteriores.

Os aspectos máis importantes á hora de deseñar o traxe foron a aerodinámica, a fricción e a usabilidade. O material foi seleccionado de entre 60 candidatos, o cal fai que os deseñadores de Speedo sexan probablemente uns expertos en materiais a estas alturas. Hai que lembrar que Speedo foi a primeira compañía en utilizar nylon e elástano para facer traxes de baño. É unha pena que non compartan os seus resultados sobre tecidos para que outras aplicacións poidan beneficiarse de tantas probas.

Conclusión

Non sei vós, pero para min o deseño deste traxe de baño soa moi parecido ao plan dun coche, un barco ou un avión. O resultado é obvio, o traxe si dá unha vantaxe ao nadador. É isto xusto ou deportivo? Que cada un decida, pero eu creo que entrenar e competir cun destes traxes non é igual que sen el. Outro aspecto a considerar é se realmente cremos que este é o mellor uso que se lle pode dar a tanta investigación, creatividade e coñecemento. Tamén creo que hai certas nacións que participan nas Olimpíadas que non se poden permitir os prezos destes traxes.

Deja una Respuesta

About Me

Lucía Castro Díaz

Soy co-fundadora y coordinadora de Agalip, empresa especializada en soluciones integrales de comunicación que desarrolla proyectos propios y para clientes. También soy consultora empresarial y realizo estudios de mercado, centrados en la industria química y los materiales. Me doctoré en Ciencias Materiales por la Universidad de Oxford y trabajé para Frost & Sullivan como analista. Hablo inglés, francés, español y gallego.

Twitter