Xa falei da directiva RAEE, relacionada cos residuos de equipo eléctrico e electrónico na miña entrada do 6 de agosto. Hoxe discutirei outra directiva relacionada con residuos, a que trata dos vehículos, directiva 2000/53/EC, amén chamada a directiva ELV, polas súas siglas en inglés (End of life vehicles). Como a directiva RAEE, a directiva ELV promove a redución de residuos en orixe, fixos obxectivos de recuperación e reciclaxe que aumentan progresivamente e fai responsables aos produtores de vehículos. Os obxectivos fixados na directiva son como seguen:
- 2006: 85% en peso debe ser reempregado ou recuperado e polo menos 80% reempregado ou reciclado
- 2015: 95% en peso debe ser reempregado ou recuperado e polo menos 85% reempregado ou reciclado.
Estas altas porcentaxes non foron escollidas aleatoriamente. Antes da introdución da directiva, un 75% do peso dun coche xa era reciclado, xa que o contido en metal supera o 80%. Esta porcentaxe diminúe nos últimos modelos, a medida que máis plásticos son usados. Como a directiva aumenta a porcentaxe en peso que debe ser reciclado, forza aos recicladores a recuperar outros materiais, ademais do metal.
A directiva ELV, ou directiva 2000/53/EC, é parecida en formulación á directiva RAEE, xa que toca case todos os aspectos da vida útil dun coche, canda á súa eliminación. Unha vez máis, a responsabilidade dos refugallos é dos produtores de coches, e é a súa obriga tomar os pasos necesarios para reducir a produción de residuos e financiar os sistemas de recollida e tratamento. Para iso deben reducir o uso de substancias perigosas e desde 2003 os vehículos non poden conter mercurio, cromo hexavalente, cadmio ou chumbo. A reciclaxe ha de ser considerada polos produtores desde o deseño, xa que a directiva di que o desmantelamento, reutilización, recuperación e o reciclado deben ser facilitados polos produtores. Isto é, calquera cousa menos que acabe no vertedeiro – legal ou ilegal.
Antes de reciclar un coche hai que extraer calquera substancia que poida ser nociva para a saúde, para que poida ser tratada separadamente. Os produtores de coche deben prover aos recicladores coas instrucións necesarias para facelo. As operacións de descontaminación de vehículos ao final da súa vida útil, tal e como se recollen na directiva, son as seguintes:
- retirada de baterías e depósitos de gas licuado
- retirada ou neutralización de compoñentes potencialmente explosivos (por exemplo, airbags)
- retirada, así como recollida e almaceamento por separado, de combustibles, aceite de motor, aceite de transmisión, aceite da caixa de cambios, aceite hidráulico, líquido refrixerante, anticonxelante, líquido de freos, fluído dos aparatos de aire acondicionado e calquera outro fluído que conteñan os vehículos ao final da súa vida útil a menos que sexa necesario para a reutilización dos compoñentes de que se trate
- retirada, sempre que sexa viable, de todos os compoñentes nos que se determinase un contido en mercurio
Ata agora o vehículo triturábase tras estas operacións. Pero a directiva ELV vai máis alá e propón unha serie de tratamentos para facilitar o reciclado doutros compoñentes e materiais.
- retirada de catalizadores
- retirada de los elementos metálicos que conteñan cobre, aluminio e magnesio
- retirada de neumáticos e compoñentes plásticos de gran tamaño (por exemplo, parachoques, salpicadeiros, depósitos de fluídos, etc.)
- retirada de vidro
Os plásticos e compoñentes de metal que conteñan cobre, aluminio e magnesio poden ser retirados durante o proceso de trituración ou fragmentación. Neses casos pódese evitar a retirada das partes, que é sempre a etapa da reciclaxe que máis tempo leva e polo tanto a máis custosa. A reciclaxe de plásticos éstáse volvendo máis rendible, xa que os novos coches teñen pezas plásticas de maior tamaño, que son recuperadas con facilidade, obtendo máis peso con menos esforzo. O sector da automoción representa un 8% do mercado do plástico en Europa, é dicir, case 4 millóns de toneladas no 2006, segundo PlasticsEurope. Porén, só un 10% do plástico nos coches era reciclado nese mesmo ano. Esta porcentaxe, xa baixa de por si, vólvese máis sangrante se temos en conta que os coches son un dos poucos residuos que xa contan cunha infraestrutura de recolleita selectiva en funcionamento desde hai anos.
Calquera relacionado coa reciclaxe sabe que encontrar un mercado para os materiais reciclados pode ser a parte máis difícil do negocio. Esta é a razón principal, xunto a problemas técnicos solucionables, pola que se recicla pouco plástico. Haberá máis reciclaxe cando se volva realmente rendible, estou segura. Por esta razón a directiva pide aos produtores que aumenten as cantidades de materiais reciclados nos seus vehículos, para crear unha demanda no mercado.
Encantaríame contar coa opinión de aqueles de vós que reciclades coches, para ter información de primeira man sobre o negocio. Mentres tanto, botádelle unha boa ollada ao voso coche e decatarédesvos de que hai moitas cousas nel que xa non son de metal (nin no motor!)




