Dentro duns días irei a Barcelona para asistir a tres feiras profesionais: expoquimia, equiplast e eurosurfas. Intentarei aproveitar esta oportunidade para cubrir o evento, dar recensións e esas cousas, aínda que me temo que non podo asistir todos os días por cuestións de traballo. Se hai alguén por aí interesado en tomar un café, pódevos en contacto. As tres feiras prometen ser interesantes. Expoquimia é da industria química en xeral, Equiplast é o salón internacional do plástico e do caucho e Eurosurfas vai sobre pinturas e tratamentos de superficie. Resúmovos algunhas das actividades das dúas primeiras, que son as que máis me interesan.
- exposición Solucións químicas para o cambio climático, procedente da sede do Parlamento Europeo en Estrasburgo
- plataforma Lab& Bio: 7.500 metros cadrados adicada á biotecnoloxía e á instrumentación analítica. Tamén Biochem Seminar Theatre, para establecer contactos dentro do sector da biotecnoloxía
- xornadas específicas de Química sustentable e Materiais compostos
- Xornada internacional de plásticos biodegradables (eu houbera de chamarlles de bioplásticos, pero inclúen biodegradables de contido non renovable…)
En canto aos expositores, para consultalos podedes seguir estas ligazóns:
Espero vervos alí e aos que non poidades ir, informádevos un pouco de como foi o evento.



