MUNDOMATERIAL

Innovación e Materiais

Vota o teu material “case de ciencia ficción”

Publicado por admin El 13 - April - 2010 This post is also available in: Inglés, Castelán

Esta entrada é unha invitación. Pídovos que propoñades e / ou votedes aqueles materiais reais que poderían saír dunha historia de ciencia ficción. E quizais sexa oportuno darvos unha pequena explicación de como decidín escribir unha entrada tan peculiar.

A pesar de soar un pouco friki (encántame a Ciencia Ficción) creo que me enganchei cando vin Blade Runner no cine. Anos despois, uns amigos estudando Políticas na universidade fixeron un traballo analizando películas de ciencia ficción e as estruturas sociais que retratan (que usan como diñeiro, principais conflitos e como se resolven, etc). Foi nunha desas creativas reunións á que me convidaron, para analizar Mad Max, onde me dei conta de que vai a ciencia ficción: do que realmente somos, no que podemos converternos e / ou ao que podemos aspirar. Encántame a liberdade que dá este xénero para imaxinar sociedades e tecnoloxías que están por crear aínda.

spb_logo-3Todo isto para dicirvos que cando Robert Frith, director de Superblue (empresa de deseño cun nome moi axeitado para esta entrada) me mandou unha presentación sobre materiais que aparecen en novelas de ciencia ficción, souben que quería escribir sobre iso. O proxecto de Superblue é interesante de por sí, xa que a presentación, novel-materials, foi preparada para o meeting anual da rede de transferencia de coñecemento Materials KTN, para inspirar aos seus membros, promovendo o pensamento creativo. Eu sentinme inspirada ao lela e pensei na idea de materiais con propiedades realmente sorprendentes. Funme decatando de que xa temos uns cantos materiais así, pero non son moi coñecidos.

Así que decidín darme unha volta por internet e preguntar a uns cantos amigos. Na web, recoméndovos visitar o blogue en español Física en la ciencia ficción. Pero a miña inspiración para esta entrada en particular veu de Futuristic Materials, unha entrada en Accelerating the future, un blogue escrito por Michael Anissimov e que el define así:

Transhumanismo, Intelixencia Artificial, nanotecnoloxía e o risco de extinción

O seu blogue é moi completo, aínda que algún dos temas que toca escápaseme un pouco. No seu post Futuristic Materials propón os seguintes 10 tipos de materiais (con wikilinks):

Os seus lectores tamén engadiron moito á súa entrada con comentarios, ideas e suxestións. Encántame a súa lista de materiais futurísticos, pero creo que el propón máis clases de materiais. A min gustaríame ter un pouco máis de detalle. Por exemplo Anissimov menciona os fulerenos, pero estes inclúen moitos materiais e posibilidades: grafeno, buckyballs, nanotubos de carbón ou fulerita. Héctor Mera, un bo amigo meu que traballa como físico teórico no grupo de Kurt Stokbro, no Nanoscience Centre da universidade de Copenhagen, é un fan do grafeno:

O material que me parece máis de ciencia ficción, e a estrela indiscutible en materiais condutores, é o grafeno. Electróns e ocos non teñen masa efectiva e compórtanse un pouco como fotóns de spin 1/2. É o pai (ou a nai) dos nanotubos de carbono e buckyballs. É posible cortalo para facer graphene nanoribbons, que son tiras de grafeno. Segundo como cortes as tiras podes ter un metal ou un illante.

Mentres Héctor facía esta defensa apaixonada e convincente do grafeno, eu aínda consideraba facer unha entrada que consistise nunha lista de materiais case-de-ciencia-ficción. Pero o director de Agalip, una recente editorial galega, deume o último consello que necesitaba para esta entrada: se non estás segura de que materiais debería incluír, por qué non lle pides á  xente que che digan os seus favoritos? Unha idea excelente, porque eu normalmente trato con materiais mundanos, do tipo que usamos todos os días. Estou bastante segura de que hai xente aí fóra que sabe moito máis ca min acerca destes materiais incribles, pero cuxo uso é reducido.

Así pois pídovos que me enviedes os materiais que quixerades ver na lista final de “materiais case de ciencia ficción” (tamén acepto nomes máis fardóns para a lista). Se o teu material favorito xa foi mencionado, vota por él de todas as formas. Se tes información sobre algún dos materiais, cómo se produce, propiedades ou aplicacións, mándaa tamén que me aforraredes traballo ; -) Podedes facer todo isto deixando un comentario ao final desta entrada. Grazas a todos e imos alá.

Deja una Respuesta

About Me

Lucía Castro Díaz

Soy co-fundadora y coordinadora de Agalip, empresa especializada en soluciones integrales de comunicación que desarrolla proyectos propios y para clientes. También soy consultora empresarial y realizo estudios de mercado, centrados en la industria química y los materiales. Me doctoré en Ciencias Materiales por la Universidad de Oxford y trabajé para Frost & Sullivan como analista. Hablo inglés, francés, español y gallego.

Twitter