MUNDOMATERIAL

Innovación e Materiais

Coches e bibicletas en Expoquimia

Publicado por admin El 16 - April - 2010 This post is also available in: Castelán

Dúas das miñas entradas máis populares a día de hoxe no blogue están relacionadas co deporte, en particular co traxe de Phelps, Materiais Olímpicos – LZR Racer e cos monopatíns, Skateboards. A idea de facer un artigo sobre os materiais das bicicletas róndame desde fai tempo, así que xa estiven ollando na internet cousas raras sobre bicis (feitas con materiais compostos, rodas sen radios e dunha soa peza, un famoso ciclista que produce bicicletas con liño, etc). Pero ver de cerca unha bici feita de bambú deixoume bastante impresionada.

bicicleta de bambú

Sorteábaa Garsan, istribuidor de calefactores e vaporizadores. Eu non tiven ocasión de falar con alguén de Garsan, así que quedei coa dúbida de se a bicicleta estaba relacionada dalgunha maneira coa empresa ou se simplemente lles pareceu unha boa idea para chamar a atención. Un proxecto levado a cabo pola Universidade de Columbia estuda a posibilidade de usar bicis de bambú en África como medio de transporte. Como non podía ser doutra forma o proxecto chámase Bamboo Bike Project. Se alguén sabe se existe relación entre a bici de Garsan e este proxecto, que nolo conte, por favor.

Pero o vehículo estrella no mundo dos materiais e que se pode todavía ver en Expoquimia é o eXasis, de Bayer MaterialScience. Deseñado por Frank Rinderknecht, o eXasis so pesa 750 kg e esta fabricado con policarbonato Makrolon. Este peso pluma ten 150 CV, 210 km de velocidade máxima e ponse de 0 a 100 en 4,8 segundos. Por se isto non voos move, direivos que produce 20 gr de dióxido de carbono por quilómetro, unhas 10 veces menos ca un coche normal. Iso si, é amarelo.

eXasis - Bayer MaterialScience

eXasis - Bayer MaterialScience

eXasis
eXasis – Bayer MaterialScience

Deja una Respuesta

About Me

Lucía Castro Díaz

Son co-fundadora e coordinadora de Agalip, empresa especializada en solucións integrais de comunicación que desenvolve proxectos propios e para clientes. Tamén son consultora empresarial e realizo estudos de mercado, centrados na industria química e os materiais. Doctoreime en Ciencias Materiais pola Universidade de Oxford e traballei para Frost & Sullivan como analista. Falo inglés, francés, español e galego.

Twitter