MUNDOMATERIAL

Innovación e Materiais

ANAIP e as bolsas de plástico

Publicado por admin El 19 - April - 2010 This post is also available in: Castelán

Cando estaba preparando a entrada Blogues boicoteando o plástico, escribín varios emails a diferentes asociacións relacionadas co plástico, tanto a nivel español como europeo. ANAIP, a asociación española de industriais do plástico, tivo a ben contestarme, aínda que un pouco tarde. Puxen a resposta como un comentario na entrada orixinal, pero pareceume que ben se merece unha entrada e un par de días en portada. Limítome a crear ligazóns alí onde podo, para que vos sexa máis doado acceder a información extra. Sinto non atopar o informe encargado por Cicloplast aínda dubido de se polas miñas propias limitacións ou porque non o fixeron público.

Estimada Sra.:

Os blogues son un novo sistema de comunicación, e teñen interese.

Sobre a respuesta de ANAIP aos ataques ás bolsas de plástico, pode atopalo na nosa páxina web. Na home page, facer clique na nova sobre as bolsas.

Na nosa opinión non ten sentido prohibir as bolsas como piden algúns grupos ecoloxistas, xa que ao final habería que substituílas por outras, menos prácticas e, dependendo do material, máis agresivas co Cambio Climatico. Segundo unha Análise do Ciclo de Vida (ACV) de 5 tipos de bolsas, bolsa de papel, bolsa biodegradable, bolsa de rafia, bolsa de Polietileno, e bolsa de Polietileno reutilizable, esta última é a que menos afecta ao Cambio Climático.

Este estudo foi encargado por CICLOPLAST á Universidade Pompeu i Fabra de Barcelona, e foi dirixido polo profesor Fullana.

Grazas polo seu interese.

Un cordial saúdo.
Enrique Gallego
Director Xeral
ANAIP

Notas (das respectivas páxinas web):

ANAIP representa á transformación de plásticos en España, unha industria que está integrada por 4.200 empresas que dan traballo a máis de 100.000 persoas e cuxo volume de vendas en 2007 superou os 25.000 millóns de €, acadado o 8% das vendas de produtos industriais (excluíndo alimentación e bebidas) en España.

Cicloplast integra a todas as empresas do sector plásticos, tanto a fabricantes de materias primas como a transformadores, asumindo, no seu nome, o cumprimento das súas obrigas respecto da normativa ambiental que lles afecta en materia de xestión de residuos.

Deja una Respuesta

About Me

Lucía Castro Díaz

Son co-fundadora e coordinadora de Agalip, empresa especializada en solucións integrais de comunicación que desenvolve proxectos propios e para clientes. Tamén son consultora empresarial e realizo estudos de mercado, centrados na industria química e os materiais. Doctoreime en Ciencias Materiais pola Universidade de Oxford e traballei para Frost & Sullivan como analista. Falo inglés, francés, español e galego.

Twitter