En Inglaterra merquei unha bicicleta coa que me movía pola cidade a diario. Para min é unha forma brillante de transporte, aínda que pode ser moito máis. Pero… sabedes? Eu estiven preguntando e parece que o mundo das bicicletas está cheo de materiais e deseños fascinantes. Deamos un paseo para ver que materiais se usan nas diferentes partes dunha bicicleta e as últimas tendencias de deseño. Por suposto, explicareivos algúns exemplos interesantes do que se pode facer coa sempre novidosa bicicleta.
Mentres buscaba información xeral sobre as bicicletas, encontreime esta grande imaxe en wikipedia. Grazas a ela non teño que explicarvos as diferentes partes da bicicleta moderna. Se queredes ver máis imaxes de bicicletas, podedes seguir esta ligazón de wikimedia commons
materiais
Hai moitas opcións abertas para os deseñadores e fabricantes de bicicletas. James Thomas, autor de Bicycle design dinos a súa opinión sobre os materiais utilizados na actualidade:
Como nos explica James, os criterios para escoller un material son tanto seu o prezo como o tipo de uso que se lle vai a dar á bicicleta (transporte urbano, montaña, velocidade, saltos, etc). Para decidir o material usado no cadro da bicicleta ten que terse en conta que a densidade debe ser razoablemente baixa, para que non resulte moi pesada. O cadro é o soporte estrutural da bicicleta, así que o material co que se constrúe debe ser forte e resistir unha vida dura. O material máis usado é o aceiro, sobre o que nos dá máis detalles Peter Gale, deseñador industrial en EM:
o aceiro tubular ao carbono de toda a vida, soldado e bañado. As partes de aceiro que non foron bañadas son de inoxidable 304, porque pode soldarse, ou 410 para troqueladas. Outros aceiros úsanse na cadea, os freos e os rodamentos. O corpo da bicicleta faise mediante extrusión, cúrtase, sóldase, somérxese, limpa, pinta e cociña. - Peter Gale, enxeñeiro de proxectos de EM
Outros metais utilizados na construción do marco son o aluminio ou o titanio, aínda que este é máis caro. Os composites de varios tipos tamén foron explorados, xa que con eles pode obterse lixeireza e rixidez. O seu uso é limitado e xeralmente caro. Algúns dos que xa foron utilizados son os de matriz cerámica, que tamén se usan en aviación, con fibra de carbono e incluso combinando fibras de carbono con fibras de liño.
A bicicleta que eu considero máis renovable é a de bambú, que xa mentei anteriormente. O proxecto Bamboobike pretende avaliar a viabilidade de utilizar bicicletas de bambú como forma de transporte de mercadorías en África. Se credes que non é posible, volvede a pensar por que un dos primeiros vehículos de dúas rodas, a Dandy Horse (1820), estaba feita de madeira de cerdeira e de coníferas. O bambú é forte, pero tamén lixeiro xa que é oco.
novas tecnoloxías
Hai tantas cousas interesantes acerca das bicicletas, que tiña que escribir este artigo. Pásame o mesmo con outros obxectos sobre os que quixese escribir, como avións, barcos ou coches conceptuais, pero teño que ir un a un. Os materiais que mencionei ata agora son grandes exemplos de como poden os materiais substituírse entre si nun mesmo produto. Pero as bicicletas poden inspirarnos polas tecnoloxías usadas nelas, incluso sen ter en conta o material usado. Por exemplo, Velorution, un blogue británico adicado ao ciclismo, destaca a importancia dos marcos dunha soa peza. James Thomas xa comentaba a importancia dos novos métodos de procesamento, como o moldeado con auga, á hora de mellorar o rendimento. Jody Wilson, Acudyn Inc, escolle os seguintes sistemas como os máis interesantes:
- freos hidráulicos
- sistemas eléctricos
- amortiguadores, freos e rodas rexenerativos
- rodamentos magnéticos
- amortiguadores magnéticos (para axustar eléctricamente)
- cambio de marchas electrónico ou automático
- Rodas de eixo conducido (no canto de con cadea)
Austin Brown, con quen tiven un interesante intercambio de ideas antes de facer esta entrada, engadiu isto ao tema das novas tendencias en bicicletas (Austin, sinto non poder incluír nada sobre a decoración das bicicletas, pero quédome coa idea):
As rodas sen buxes, as transmisións continuas variables ou automáticas e as bicicletas eléctricas son bastante intrigantes. Tamén había un vehículo de tres rodas no mercado (xa sei que non é unha bicicleta) pero o sistema de propulsión funcionaba se o que o levaba daba patadas, algo así coma se estivese patinando sobre xeo. Tamén vin recentemente unha entrada sobre unha bicicleta en Xapón que se autoequilibra.
ligazón:
bicicleta pregable
proxectos innovadores
Tag Wheels e DuPont
A maioría das rodas teñen neumáticos feitos de goma, coa llanta de aceiro chapado. TAG Wheels (TAG ven das siglas en inglés: Xeometría técnicamente avanzada) fabrica rodas dunha peza con composites. E cando digo unha peza, dígoo de verdade, porque non foron cortadas e pegadas. Para fabricaras utilizouse un método chamado Moldeado de núcleo perdido. A súa fabricación empeza dandolle forma a un molde dun metal cun punto de fusión baixo. A este molde engádeselle por riba outro cun composite de matriz de termoplástico. O primeiro molde, ou núcleo, derrétese e desbótase, deixando a roda composite oca. Esta tecnoloxía permítelle a TAG Wheels deseñar xeometrías complexas, con diferentes espesores ao longo da roda.
TAG Wheels utiliza Zytel 8018, de DuPont, para moldear as súas rodas FRX5. Zytel 8018 é nailon reforzado con 14% de fibra de vidro e ten unha excelente resistencia ao impacto. DuPont comercializa infinidade de materiais, pero sen dúbida o nilon (ou poliamidas) é unha das partes máis importantes. Podedes ver máis aplicacións de DuPont en equipo deportivo neste artigo de Omnexus (pode que necesitedes rexistrarvos).
Se queredes ver o resistentes que son estas rodas, ollade este vídeo que encontrei en YouTube (hai máis, só tedes que buscar Tag Wheels). Eu non son unha experta, pero para min que un golpe deste estilo dobraría a llanta de calquera roda normal:
Bicicleta de liño de Museeuw
Si, bicicleta de liño. Quizais vos sorprenda, pero o liño, ou máis ben a súa fibra, utilízase como reforzo en plásticos. Johan Museeuw, gañador de 11 copas do mundo de ciclismo, fundou unha compañía que se chama Museeuw Bike. Colabora con IPA Composites Belgium (deseño) e Billato Linea Telai (fabricación) na produción dunhas bicicletas bastantes especiais. O material usado no marco é unha combinación de fibras de carbono e de liño. Canto máis longas sexan as fibras de liño, maior resistencia terá o composite resultante. Se queredes ler como foi unha proba en estrada das bicicletas Museeuw, seguide esta ligazón (EN).
A produción de liño en Europa minguou terriblemente, debido en boa parte a que a maior parte dos nosos artigos téxtiles son fabricados en Asia. É por iso que o uso de fibras de liño en composites podería supor unha gran oportunidade para devolverlle algo de valor a este minguante mercado. Na actualidade o seu uso é moi común en coches, por exemplo nos paneis das portas. As fibras de liño utilízanse nunha estrutura sandwich, que se fai por termoformado. Para que vos fagades unha idea, o liño sería o xamón e o pan sería PP. Grazas á introdución de fibras de liño nos paneis das portas, están romperían como o cristal dun coche en vez de formar arestas perigosas e cortantes. E é máis barato tamén. Outras vantaxes de utilizar fibra de liño son:
- non supoñen ningún risco para a saúde. A fibra de vidro require condicións especiais para o seu manexo.
- recurso sustentable, renovable e natural
- xa existe o coñecemento necesario para procesar a fibra
Conclusión
A conclusión evidente de hoxe é que teño que andar máis en bici – e probablemente tamén vós. Pero non esquezamos tampouco os materiais tan variados e sorprendentes cos que se fabrican obxectos tan cotiás como as bicicletas.






