Hoxe cambio un pouco o meu formato habitual e publico unha entrevista. O entrevistado é Dardo Arevalo (Uruguay, 1957), director de Envases plásticos. A actividade de Envases plásticos está centrada na consultoría, sobre a lexislación e marco regulador das empresas que fabrican, importan, envasan e comercializan envases non retornables en Uruguai. Ata agora as entradas que escribín sobre envases e o seu tratamento a fin de vida tiveron bastante aceptación, pero coido que ter unha visión do problema fóra de Europa sería tamén interesante. Para iso estou encantada de contar con Dardo, que ademais conta cunha páxina web que vos recomendo, pois publica en formato de blogue, con contido que vai máis alá do meramente corporativo.
- Como e por que xurdiu a idea de crear Envases plásticos?
No ano 2004, decidimos cun grupo de profesionais na área da loxística, química e traballo socialfundar Envases plásticos xa que en decembro dese ano aprobouse a Lei de Envases Non Retornables, 17849, que establecía con claridade as responsabilidades das empresas no coidado do medio ambiente.
- Cales son os vosos principais focos de actividade?
Concretamente, Envases plásticos adícase a asesorar as empresas involucradas nesta lei, á diagramación de Plans de Xestión de Recuperación de Envases, requisito esixido pola Lei para poder inscribirse obrigatoriamente na Dirección Nacional de Medio Ambiente, DINAMA, para poder realizar unha actividade no territorio nacional, sendo éste a área onde nos movemos.
- Cales son as directrices básicas da lei de envases no retornables?
A Lei 17849 pódese considerar o comezo concreto da implementación dun marco regulatorio a toda a actividade de residuos de envases non retornables en Uruguai. Ata ese momento non existían obrigas legais para as empresas “produtoras” de residuos de envases. A lei foi sancionada en decembro do 2004, pero recentemente foi regulamentada en xullo do 2007.
O substancial da Lei, segundo a nosa consideración, é determinar claramente a quen coloca un residuo de envase no Medio Ambiente como o responsable de retiraro, ao seu custo e sen prexudicar o mesmo. Encadeado con isto esíxese a inscrición obrigatoria da empresa nun rexistro na DINAMA, sendo indispensable para inscribirse contar cun Plan de Xestión de Envases, PXE, ou adherirse a un existente.
- En que consisten os PXEs?
Aínda que a Lei permite incluír nos PXE sistemas voluntarios de retornabilidad e estímulo aos consumidores para que retornen o envase usado, priorízase a inclusión social de clasificadores recolectores-clasificadores. É dicir, formalízase dalgunha forma o informalismo existente entre os clasificadores recolectores-clasificadores incluíndoos no PXE. Isto, aínda que é positivo e solidario desde o punto de vista social, conspira coa presentación de plans alternativos de rápida instrumentación que cubran todo o territorio do país.
Esta priorización modificou dalgunha maneira a expectativa que se xenerara Envases plásticos, xa que eliminou a posibilidade de utilizar sistemas integrados cos usuarios, sen a intervención do clasificador urbano. Todo sabemos que a tarefa de “formalizar” sectores da poboación, que por razóns externas a eles se marxinaron do circuíto legal, é de mediano e longo prazo, xa que se necesitan plans sociais integrais que permitan a estas persoas que se afastaron dunha rutina de traballo, dos cumprimentos de horarios e de regras, adaptalos novamente a un traballo con grupos de persoas e a respectar tarefas coordinadas onde xa non se persegue un resultado individual independente, senón que o obxectivo é un resultado do grupo.
- Que dificultades trouxo consigo a prioritación dos recolectores-clasificadores?
A incidencia desta priorización é tal que a un ano e medio da regulamentación da Lei existe un só PXE autorizado pola DINAMA. É dicir, só un PXE cumpre coas esixencias que este organismo require e ao que todas as empresas inscritas legalmente están obrigadas a adherirse. Isto xera un problema inmediato. Só o territorio dun departamento (equivalente a concello ou provincia en España) dos 19 que compón o país está cuberto por este único PXE. É o departamento de Canelones e representa un 2,6% do territorio nacional. Ademais dáse o “paradoxo” de que unha empresa inscrita e adherida a este único plan e estando legalmente en regra, segue contaminando o Medio Ambiente cos residuos de envases que produce no 97,4% do territorio que non contempla o devandito PXE. Neste sentido, hai moito traballo por facer, e a DINAMA é consciente disto. Pola nosa parte, Envases plásticos está en contacto coas autoridades dos departamentos (Intendencias) co fin de coordinar PXEs. As intendencias son en Uruguai as responsables da Hixiene do seu territorio e deben cada unha coordinar un Plan Global.
- Qué deberían facer as autoridades uruguaias para mellorar a situación?
Deberíanse impulsar por parte de DINAMA medidas estimuladoras para concretar PXE nas 18 Intendencias que hoxe non o teñen. Desta forma extenderíase a todo o territorio uruguaio os “circuítos limpos” e a separación dos residuos orgánicos dos inorgánicos. Existe unha enorme cantidade de empresas que están en infracción e a DINAMA é coñecedora disto, pero adoptou unha postura pasiva na fiscalización, demostrando un pouco que aposta á concienciación sobre as sancións económicas.
- Que ocorre mentras tanto cos residuos plásticos?
O negocio do residuo plástico é moi importante en materia de cifras, pero está en mans de mal chamados empresarios que se aproveitan da situación desorganizada dos clasificadores recolectores-clasificadores, para obter elevadas ganancias. Para peor a falta de autoestima destes traballadores, non asumen a explotación da que son vítimas e o que é peor, ven a ese mal empresario como o seu “salvador” e moitas veces ópónse a que a súa tarefa sexa dignificada e poida recibir un soldo e beneficios sociais como corresponde, porque iso prexudicaría e faría desaparecer a todas estas empresas ilegais.




