MUNDOMATERIAL

Innovación e Materiais

A enquisa de decembro

Publicado por admin El 28 - April - 2010 This post is also available in: Castelán
Water Fountain

Creative Commons License photo credit: respres

Estes son os resultados da enquisa de decembro, sobre a auga e como chega a nós. A gran maioría bebe auga da billa de maneira habitual, aínda que tamén hai quen bébea embotellada. Outras formas de poden incluír auga do pozo, de mananciais, de fontes comúns, etc. Sorprendeume ver o pouco uso que fan os meus lectores de sistemas de filtración, como Britta e outros. Se queredes saber máis sobre as botellas de auga, podedes lervos a miña entrada anterior, O presente e o futuro da auga embotellada.


Sorry, there are no polls available at the moment.

Se os que contestasen a esta enquisa fosen estadounidenses, por exemplo, probablemente houbese máis xente bebendo auga embotellada, xa que segundo parece a calidade da auga da billa deixa bastante que desexar, ou polo menos iso entendo eu polo tipo de respostas que obtiven coa miña pregunta aberta en linkedin.

Xa puxen na columna da dereita a nova enquisa esta vez sobre as bombillas, xa que están tan de actualidade ultimamente. Apetéceme escribir unha entrada sobre o tema, así que animádevos a participar e dádeme ideas. Tamén abrín unha pregunta en LinkedIN sobre bombillas, por se queredes participar.

Deja una Respuesta

About Me

Lucía Castro Díaz

Son co-fundadora e coordinadora de Agalip, empresa especializada en solucións integrais de comunicación que desenvolve proxectos propios e para clientes. Tamén son consultora empresarial e realizo estudos de mercado, centrados na industria química e os materiais. Doctoreime en Ciencias Materiais pola Universidade de Oxford e traballei para Frost & Sullivan como analista. Falo inglés, francés, español e galego.

Twitter