Introducción

1,3-Propanodiol, tamén coñecido como PDO, é un composto orgánico usado como monómero nunha variedade de aplicacións. O PDO pode obterse tanto de fontes renovables como do petróleo. Isto dáme a oportunidade de analizar como ámbalas dúas materias primas poden dar lugar a un mesmo composto, pero non necesariamente ao mesmo produto comercial. As principais aplicacións do PDO son as seguintes:

  • monómer0 na produción de polímeros
  • disolvente, refrixerante e fluído transmisor da calor
  • aditivo en poliuretanos termoplásticos, para mellorar a estabilidade térmica, hidrolítica e dimensional
  • aditivo en sistemas poliéster, para mellorar a flexibilidade de recubrimentos
  • aditivo en formulacións de poliuretano
Brown Sugar

Creative Commons License photo credit: chidorian

O maior produtor de PDO é Shell, que o produce en Geismar, Estados Unidos. Shell comezou a súa produción de PDO no ano 2000 e a súa actual capacidade de produción é de 73 kt por ano. O método de produción de PDO patentado por Shell consiste na hidroformilación do óxido de etileno para facer 3-hidroxipropionaldehído (HPA), seguido pola hidroxenación do HPA para convertero en PDO.

Bio-PDO: Dous desenvolvementos

DuPont Tate & Lyle Bioproducts

DuPont Tate & Lyle Bioproducts é unha empresa conxunta de DuPontTate & Lyle, que se autodefine como produtor de ingredientes renovables. DuPont é unha desas grandes compañías químicas que ten unha carteira de produtos diversificada e unha potente capacidade para o I+D. Dupont introduciu obxectivos de sostibilidade fai xa 18 anos. Os obxectivos de sostibilidade para 2015 de DuPont forman xa parte da súa estratexia de mercado e van máis alá de simples cambios nos procesos. Proba do compromiso de DuPont é o número de plásticos derivados de fontes naturais que xa comercializa:

  • Termoplásticos: DuPontTM Sorona® EP
  • Termoplástico elástomeros: DuPontTM Hytrel® RS
  • Poliamidas de cadea longa: DuPontTM Zytel®
  • resinas para envases/embalaxe: DuPontTM Biomax® PTT y DuPontTM Biomax® TPS
  • filmes para envases/embalaxe: DuPontTM Selar® VP

DuPont Tate & Lyle Bioproducts obtén Bio-PDO da conversión de sirope de millo grazas a unha cepa xeneticamente modificada de E.coli. Segundo DuPont, o proceso de produción do BioPDO usa un 40% menos de enerxía que o proceso convencional e reduce as emisións de gases un 20%.

Unha das vantaxes que ten DuPont sobre unha compañía como METabolic EXplorer é a rede de distribución comercial coa que conta, que lle permite introducir produtos renovables como parte dunha carteira de produtos máis ampla. O Bio Bio-PDO producido por DuPont Tate & Lyle Bioproducts distribúese de maneira comercial, e os produtos dos derivados teñen as súas aplicacións ben definidas. DuPont Tate & Lyle Bioproducts conta con dous graos diferentes de Bio Bio-PDO:

  • Susterra: para aplicacións industriais, como anticonxelante
  • Zemea: para aplicacións de consumo, como cosmética e coidado persoal

METabolic EXplorer

METabolic EXplorer é unha empresa francesa que desenvolve e patenta procesos industriais baseados en técnicas de fermentación. Produce produtos químicos de fontes renovables. A estratexia de METabolic EXplorer consiste en producir produtos químicos que xa son consumidos en grandes volúmenes, a un coste menor. A carteira de productos de METabolic EXplorer divídese en produtos propios e en desenvolvemento con socios:

  • Produtos propios: 1,2-propanodiol, 1,3-propanodiol e butanol
  • Produtos desenvoltos con socios: L-metionina e ácido glicólico

En 2008 METabolic EXplorer anunciou a posta en funcionamiento da produción pre-industrial de todos os seus produtos propios. Tamén lanzou unha campaña para encontrar socios industriais que poidan validar o seu Bio-PDO. Espérase, obviamente, que aqueles produtos en fase piloto experimenten maiores reducións en custe cando a producción se realice a escala industrial.