Encántanme as bombillas, sigo pensando en facer un post sobre os materiais que se utilizan nas novas bombillas, sobre todo as de Philips, probablemente o maior produtor de bombillas do mundo. Algunhas das tecnoloxías usadas para substituír as bombillas incandescentes son os fluorescentes, o sodio, LED, halóxenas, laser, de descarga de alta densidade, etc. Para ver o importante que foron os materiais no desenvolvemento da bombilla incandescente, que nos abandona rapidamente, recoméndovos que visitedes esta ligazón The history of the incandescent bulblight. Non hai que esquecer que a primeira bombilla foi inventada en 1809, é xusto que tras douscentos anos as xubilemos
Sorry, there are no polls available at the moment.
E iso parece ser o que os resultados da enquisa cóntannos. Unha vez máis, os datos non deben ser moi representativos, pero son un bo punto de inicio para unha discusión. Pero volvendo ao tema, parece que a maioría de nós estamos xa vivindo só con bombillas de baixo consumo, así que a que nos regalará o goberno español gardarémola de recambio. Quizais o máis sorprendente é que ninguén dixo ter só incandescentes na súa casa… será que non hai ou que lles deu vergoña votar???
A miña seguinte enquisa é sobre un tema de que xa falei, o boicot ao plástico derivado de petróleo – si, parece que agora xa hai que aclaralo, porque xa hai moitos tipos de plástico. En fin, a miña pregunta lanzada ao vento é: deixarías de usar plástico durante un mes? Se me queredes ir contando as vosas razóns, podedes deixalas como comentarios aquí.
Sorry, there are no polls available at the moment.
Podedes votar aquí ou na esquina superior dereita do blogue. Aproveito para anunciar que me desfixen do incordio dos anuncios.




