MUNDOMATERIAL

Innovación e Materiais

Activismo anti-plástico?

Publicado por admin El 14 - May - 2010 This post is also available in: Inglés, Castelán

Recycled Art
Xa escribín un par de entradas sobre blogs de diversas persoas que boicotean o plástico, procurando non comprar ningún produto que o conteña. Son unha boa fonte de información sobre as novas tendencias na percepción do plástico, criticando en especial certos usos ridículos ou demasiado masificados. A crise económica fai pensar a algúns analistas que a austeridade entrará nos mercados, diminuíndo a demanda por artigos non esenciais, dando a razón en parte a este movemento de consumismo anti-consumismo. Queda ao voso xuízo o decidir a importancia que poden chegar a ter os blogueiros plástico anti-plástico. Non se pode obviar o feito de que se inspiran e beben doutros movementos, e como moitos activistas, empezan a aproveitarse das redes sociais. Esta entrada pretende exemplificar os seus métodos e como parte das súas ideas xa foron asimiladas por parte da sociedade.

Interésome polos blogs porque me lembran a outras campañas de activismo que aproveitan as novas tecnoloxías para difundir a súa mensaxe e que poden chegar a ser realmente eficaces. Por exemplo, A month without plastic (Un mes sen plástico) segue un formato xornalístico de denuncia que se está a converter en habitual – o dos 30 días. Para min o maior representante sería Morgan Spurlock, protagonista do documental Super Size Me, no que come única e exclusivamente en McDonalds por un mes, sufrindo bastantes consecuencias negativas. Tamén creou unha serie, 30 Days, na que él e outros pasan un mes en situacións que lle son normalmente alleas, como vivir co salario mínimo. Os blogues que boicotean o plástico teñen en común cos documentais de Morgan Spurlock a súa capacidade para ilustrar un problema a través da propia práctica e a narración en primeira persoa. Fai un ano díxenvos que o impacto dun ou varios blogs non é igual que o da televisión ou o cine, pero agora creo que o potencial para comunicar na internet é maior.

Algúns dos blogueiros anti-plástico levan dous anos sendo activos. Agora xa hai un número considerable de blogueiros e lectores. O seguinte paso lóxico dos activistas é agruparse. Póñovos uns exemplos de grupos anti-plástico que podedes atopar en facebook, a omnipresente rede social:

Resúltados á procura No to plastic

Oi, stupid! Stop using plastic bags!

Ten thousand plastic bottles hanging on the shore

Did you know about the GIGANTIC Plastic Soup in our Oceans?

Destaco un en particular, No to plastics!?. Formado por un grupo universitario en Lancaster, anima os membros que hai que deixar o plástico durante a coresma. Conscientes dos retos de deixar de consumir plástico durante este tempo, teñen dous tipos de retos:

  • Nivel 1: non ás botellas de plástico, non ás bolsas de plástico, non ao plástico de usar e tirar
  • Nivel 2: non ao plástico novo de calquera tipo

Mentres preparaba esta entrada, fixen unha enquisa en linkedin, outra rede social. Nela preguntaba aos usuarios de linkedin se deixarían de comprar plástico por un mes, e dáballes tres opcións: si, non e intentaríao pero é imposible. Para os que xa sexades usuarios podedes ver os resultados/comentarios seguindo esta ligazón. Para os que non teñades acceso a linkedin, direivos que os resultados a día de hoxe son así:
linkedin-linkedin-polls_1236769524431
Azul Si
Verde No
Amarelo intentaríao pero creo que non é posible

Vendo estes resultados e considerando o número de lectores dos blogueiros que non se deciden a levar unha dieta estricta de non-plástico, resulta comprensible a decisión do grupo No to plastics!? de establecer dous niveis de dificultade, porque aínda que a idea non desagrada a moita xente, parécelles bastante difícil de conseguir. Para axudar aos indecisos, a comunidade plástico anti-plástico ofrece non só consellos, se non talleres, recomendacións sobre produtos sen plástico e ata listaxes de produtos libres de plástico, como o que podedes atopar en Leave Only Footprints:

http://plasticisrubbish.wordpress.com/a-z-plastic-free

Sen embargo, non todo o mundo esta de acordo en que todo o plástico debe ser boicoteado. Na industria do plástico a diferenza é moi clara entre os diferentes materiais que se engloban baixo esta etiqueta, entre os plásticos durables e os de usar e tirar. Por iso o boicot indiscriminado cara a todo tipo de plásticos non é compartido por que o producen, transfórmano ou véndeno. Alex Treharne, Presidente & Director Executivo de Tupperware Japan, argumenta así en contra de boicotear todo o plástico:

  1. Cada ano comido por valor de miles de millóns de dólares malgástase porque non se almacenou axeitadamente nos fogares. En Xapón case o 10% de toda a comida se desperdicia nos fogares. O uso efectivo de recipientes de plástico mantén a comida durante máis tempo, aforrando diñeiro e reducindo a comida desperdiciada.
  2. Usando recipientes de plástico evítase o uso de envoltorios, film plástico ou papel de aluminio para almacenaxe
  3. Os recipientes de plástico de calidade poden durar unha vida – pode que custen máis que os baratos pero ao final xeran menos basura e aforran diñeiro
  4. Se reorientamos o noso estilo de vida cara a unha maior cantidade de cociña feita na casa, usando recipientes de plástico para manter a comida fresca, cortariamos o consumo de comida preparada, que utiliza unha gran cantidade de plástico que se tira, xeralmente con parte da comida

Alex tamén nos explica como a diferenza está moitas veces non no material, senon no uso que lle damos:

En Xapón, recíclanse menos do 20% das botellas do PET. Eu persoalmente levo meses sen comprar unha botella de plástico PET – no seu lugar encho un vaso de plástico de boa calidade cunha tapa. Calculo que lle aforro arredor dunhas 25 botellas do PET ao medio ambiente cada mes, e iso é contando só as que non se reciclan. A reciclaxe tamén ten un impacto no medio ambiente, así como a produción de auga embotellada no PET. Lin que se necesitan 5 litros de auga para producir un litro de auga embotellada!? Como en tantos outros temas relacionados co medio ambiente e o estilo de vida, os esforzos dunha persoa poden ser pequenos pero se todos contribuísemos, poderiamos facer unha gran diferenza.

Tupperware comercializa recipientes de plástico para a conservación de comida desde 1946 e o seu fundador Earl S Tupper foi clave na introdución do plástico nas nosas vidas. A clave do seu temperán éxito puido ser a invención non só do recipiente se non tamén dunha tapa hermética, tamén fabricada con polímero. Tupperware sufriu ataques directos dos blogueros plástico anti-plástico, quizais porque é unha das poucas marcas recoñecidas por nome. Por exemplo, Beth Terry, de My plastic-free life contábanos nesta entrada como cambiou o seu tupperware por uns contenedores en aceiro inoxidable.

Eu persoalmente fai moito que uso carriño da compra e bolsas de algodón, que non compro auga embotellada e poucas veces tomei un café nunha cunca de usar e tirar. Tamén hai que dicir que procuro reducir o meu consumo en xeral, non centrandome no plástico, material ao que lle teño moito cariño. Intento usar menos papel, gastar menos auga, desperdiciar menos comida e en xeral necesitar menos cousas materiais. E hoxe vou romper unha lanza en favor do plástico, un material que nos permitiu reducir o gasto enerxético necesario para producir coches, recipientes, teléfonos, avións e ordenadores. Grazas ao plástico conseguiremos que a enerxía solar se volva barata, que os coches eléctricos funcionen e avances que nin tan sequera podemos imaxinar. Ao querer equiparalo ao combustible só porque provén na súa maioría do petróleo tampouco me parece un argumento definitivo, porque creo que os problemas que temos co petróleo están relacionado co noso consumo enerxético, non material. Os blogueiros plástico anti-plástico si teñen razón en criticar o uso masivo e desproporcionado, o problema que temos á hora de xestionar os nosos residuos e como será moito máis fácil se non consumiesemos tanto. Pero o culpable desde o meu punto de vista non é o plástico, senón nós.

Ligazóns interesantes:

Deixar o plástico durante a cuaresma:

http://sites.google.com/a/notoplastic.org.uk/notoplastic/Home

Enquisa en linkedin:

http://polls.linkedin.com/poll-results/22188/mliju

A month without plastic:

http://www.bbc.co.uk/blogs/monthwithoutplastic/

Morgan Spurlock na Wikipedia:

http://es.wikipedia.org/wiki/Morgan_Spurlock

Super Size Me:

http://es.wikipedia.org/wiki/Super_Size_Me

30 days project:

http://www.fxnetworks.com/shows/originals/30days/

Facebook Groups:

Search results for No to plastic:

http://www.facebook.com/s.php?q=no+to+plastic&n=-1&k=200000010&sf=r&init=q&sid=0

No to plastics!?:

http://www.facebook.com/group.php?sid=0&gid=49386054394

Oi, stupid! Stop using plastic bags!

http://www.facebook.com/group.php?sid=fb4fb310ab502bcb59d5a4da3141492e&gid=8654173431

Ten thousand plastic bottles hanging on the shore:

http://www.facebook.com/group.php?sid=fb4fb310ab502bcb59d5a4da3141492e&gid=7247388277

Did you know about the GIGANTIC Plastic Soup in our Oceans?:

http://www.facebook.com/group.php?sid=fb4fb310ab502bcb59d5a4da3141492e&gid=31249608549

Foto 1: Creative Commons License photo credit: spakattacks

Deja una Respuesta

About Me

Lucía Castro Díaz

Soy co-fundadora y coordinadora de Agalip, empresa especializada en soluciones integrales de comunicación que desarrolla proyectos propios y para clientes. También soy consultora empresarial y realizo estudios de mercado, centrados en la industria química y los materiales. Me doctoré en Ciencias Materiales por la Universidad de Oxford y trabajé para Frost & Sullivan como analista. Hablo inglés, francés, español y gallego.

Twitter