Na miña entrada anterior falei da importancia das aplicacións duradeiras no futuro dos bioplásticos. Suxería que era un paso novo para esta industria e fun educadamente corrixida por Todd Rogers, Director de Marketing de Poliamidas de Arkema, quen me explicou que Arkema leva comercializando bioplásticos duradeiros case 50 anos. Para corrixir o meu erro e darvos máis información, o Sr Rogers e eu pasamos un rato falando dos produtos renovables de Arkema, do recentemente creado Bioplastics Council e dos retos medioambientais e comerciais aos que se enfronta a industria do plástico.
Arkema Renewables
Arkema comercializa desde fai máis de 40 anos Rilsan 11®, unha poliamida de alto rendimento. Pero o feito de que Rilsan 11 se produza a partir de aceite de rícino, unha fonte renovable, non foi un factor no marketing de dito produto ata fai pouco—Non creo que o mercado pedise bioplásticos ata agora. Á maioría dos nosos clientes preocupáballes e preocupa máis o rendemento. Por exemplo, se pensas no mercado do motor, Rilsan 11® úsase nos tubos do combustible, onde as maiores preocupacións son a seguridade e o rendemento. Iso é sempre o primeiro, por iso o feito de que o material sexa de fontes renovables é algo secundario—explica Todd Rogers. Arkema é unha compañía química que factura case 6 billóns de euros e a produción de Rilsan 11® pode parecer pequena en comparación co volume total de negocio. Pero é que Rilsan 11® non é unha poliamida calquera, como o son PA6 ou PA66, o nailón común e por iso os volumes de produción son menores. Pero a produción de Rilsan 11®, de varios millares de toneladas, é comparable á de outros bioplásticos presentes no mercado. O seu prezo está ligado ao seu rendimento e propiedades.

Rilsan 11® ten outra ventaxa competitiva i é que é 100% proveniente de fontes naturais—Hai outros materiais cos que competimos, pero ningún ten o contido que temos no noso Rilsan 11®. A única razón pola que non é realmente 100% renovable son os aditivos que lle engadimos ao polímero—. Arkema produce 2 produtos diferentes baixo a marca de Rilsan®: Un é Rilsan 11®, renovable, e o outro Rilsan 12®, proveniente do petróleo. Sen embargo, T. Rogers apunta rápidamente que a poliamida 12 é un negocio secundario para Arkema— úsase cando o rendemento do polímero non é tan crítico e o cliente necesita un custo máis axustado. A PA11 renovable ten un rendemento máis alto, o que é moi emocionante para nós. Hai un pequeno oco no mercado de aplicacións que realmente necesitan PA11. Ten unha gran resistancia química, gran flexibilidade e resiste temperaturas máis altas—.
Arkema comercializa outros 2 polímeros con contido renovable: Rilsan Clear® e Pebax Rnew®—Rilsan Clear Rnew GE350 ten un 50% de contido renovable e é totalmente transparente, ademais de ofrecer bo rendemento. Rilsan Clear® ten unha gran ductilidade, resistencia química e en xeral excelentes propiedades físicas. Evidentemente o seu prezo é maior que o doutros polímeros transparentes como PMMA ou PC. Utilízase en lentes e material deportivo. A liña de produtos Pebax Rnew® comprende copolímeros de PA11 e dun segmento maleable que ven do petróleo—Non é a primeira vez que Pebax Rnew® é mencionado en mundomaterial, podedes consultar máis información na miña entrada sobre TPEs renovables.
Os productos renovables de Arkema usáronse tradicionalmente en aplicacións con grandes esixencias técnicas, como compoñentes de motor, electrónicos ou en conducións submarinas de gas e petróleo. A pregunta que me rondaba o cabeza era, se Arkema constatou un crecemento na demanda dos seus produtos renovables últimamente—Sí, definitivamente. Algúns dos exemplos máis destacables atopámolos no mercado do equipamento deportivo. Por exemplo en botas de esquí ou en zapatillas deportivas nas que se usa Pebax Rnew®. En ambas aplicacións se usaba antes Pebax® proveniente de petróleo. ATOMIC, líder no desenvolvemento e produción de equipo de esquí e snowboard, conseguiu grazas ás súas botas Aromic Renu, o Premio Eco Responsibility en ISPO, a maior exposición de esquí do mundo, en Munich. Hai algúns exemplos onde vemos que a xente substitúe Pebax® proveniente de petróleo por Pebax Rnew®, de fontes renovables—. Esto confirma a miña idea de que os bioplásticos se venden mellor en aplicaciones onde os consumidores teñen maior poder de decisión, xa que nestes casos o feito de conter materiais máis sostibles pode converterse nun factor crítico á hora de escoller entre dous produtos. Desta forma, convertíndose en factor decisivo de compra, é máis fácil xustificar os prezos máis elevados dos bioplásticos. Por suposto, o feito de que os produtos de Arkema se atopen nas gafas de Michael Phelps ou nas deportivas de Usain Bolt pode ter algo que ver co éxito dos seus produtos nos produtos deportivos.

Rilsan 11® e Pebax Rnew® proveñen do aceite de rícino, que non compite con recursos alimenticios xa que se cultiva en zonas áridas. Actualmente Arkema non está involucrada na produción do aceite ou o cultivo do rícino, aínda que si o estivo no pasado. Hoxe en día Arkema compra o aceite no mercado aberto. Os maiores países produtores de aceite de rícino son a India, China e O brasil. Na miña opinión o feito de que o aceite de rícino se produza tan lonxe de Marsella, onde se transforma para obter o monómero, non axuda especialmente a reducir o seu impacto medioambiental—O polímero en prodúcese en varios lugares: nos Estados Unidos, en Francia e en China. Ao ter varias plantas de polimerización, podemos reducir as emisións de CO e CO2 producidas durante o transporte, ao servir de maneira local aos nosos clientes. Creo que non sería realista producir o aceite de rícino en Europa ou Estados Unidos, por razóns de coste—, explica T. Rogers.
O total da corporación ten o compromiso de desenvolver máis produtos renovables, non só bioplástios se non tamén produtos bioquímicos. Arkema está considerando outro fontes renovables ademais do aceite de rícino e o seu compromiso cos recursos renovables pode resumirse nesta cita de T. Lle Hénaff, Presidente de Arkema:
Arkema quere que o 10% dos seus beneficios veña de produtos renovables en 2010
Bioplastics Council
A Society of the Plastics Industry, SPI, creou recentemente o Bioplastics Council. Todos os seus membros fundadores son productores de bioplásticos e ten previsto comezar a producilos en breve. Trátase de Arkema, DuPont, Telles, BASF (Ecoflex), Cereplast y NatureWorks, por suposto. As 6 compañías uniron forzas baixo o paraugas de SPI, tendo como principais obxectivos o educar ao público en todos os niveis da cadea, desde consumidores ata procesadores de plástico. Todd Rogers dános detalles de algunhas das accións propostas polo Bioplastics Council:
O Bioplastics Council terá unha sección no NPE, nos Estados Unidos, este ano.Teremos un panel e tamén charlas, con membros da industria do bioplástico que animarán a todo o mundo a aprender máis sobre ela. A final de ano sacaremos unha guía para a industria que axudará a entender a qué proveedores de bioplástico deberían acudir os clientes dependendo das súas necesidades: se queren un bioplástico duradeiro deben dirixirse a Arkema, se queren un bioplástico para embalaxe, poden ir a algún dos outros membros. Esta guía tamén debería axudar a entender a magnitude do mercado e industria dos bioplásticos.
El Bioplastics Council reuniuse recentemente co Departamento de Agricultura dos Estados Unidos, USDA, para discutir posibles formas de colaboración. Tamén mantivemos contactos coa US Federal Trade Commission, FTC, que é responble en Estados Unidos de comprobar a veracidade nos anuncios. Hai moita xente que está facendo afirmacións e dando información que é falsa. A única forma de loitar contra iso é educar o público e os profesionais nas especificacións técnicas e o tipo de probas necesarias, para así manter a industria limpa e sen a contaminación das mentiras.
Pregunteille a T Rogers se o Bioplastics Council ten unha postura definida con respecto a establecer un contido mínimo para que un polímero poda ser chamado bioplástico, un tema bastante debatido na industria—Creo que o entendimento ao que chegamos é que calquera porcentaxe de contido renovable, por pequeno que sexa, é un paso na dirección correcta. O devandito isto, temos que asegurarnos de que somos sinceros e honestos, así que tomamos un firme posición a favor dos estándares como o ASTM D6866, que mide a cantidade de contido orgánico nun produto. Se o teu produto ten menos do 5%, pero foi medido mediante este estándar, entón deixemos que o mercado decida se é suficiente ou non. Desde que ese número sexa maior que cero e sexa medido de maneira xusta, claro— contesta T. Rogers.
Tras ler bastante sobre os produtos renovables de Arkema e falar con Todd Rogers, estou bastante convencida de que os bioplásticos están máis que listos para ser usados en aplicacións duradeiras. Rilsan 11® é 100% renovable, pero tamén ten un rendimento sobradamente probado ao longo dos anos. Arkema completa a súa oferta con outros dous polímeros con contido renovable, pretende aumentar o seu volume de negocio obtido dos renovables ata acadar o 10% en 2010 e ademais é un membro activo do Bioplastics Council. Está claro que o potencial de crecemento esta aí para ser explotado e só cabe preguntarse onde estarán os bioplásticos dentro de 10 anos.
Entradas relacionadas:
Radiador de coche en bioplástico
Cómo facer un bioplástico na túa propia cociña
Outras fontes de información (inglés):
Arkema 2007′s Annual and Sustainable Development Report: http://www.arkema.com/sites/group/en/corporate/annual_reports/interactive_version.page
Rilsan 11: http://www.arkema.com/sites/group/en/products/detailed_sheets/technical_polymers/rilsan_11/home.page
Pebax Rnew: http://www.pebax.com/sites/pebax/en/properties/pebax_rnew.page
Rilsan Clear: http://www.arkema.com/sites/group/en/products/detailed_sheets/technical_polymers/rilsan_clear/home.page
SPI Bioplastics Council: http://www.bioplasticscouncil.org/
SPI: http://www.plasticsindustry.org/
NPE2009, The International Plastics Showcase: http://www.npe.org/
SPI Bioplastics Council Meets with USDA and FTC: http://www.plasticsindustry.org/files/about/BPC/SPI%20Bioplastics%20Council%20Meets%20with%20USDA%20and%20FTC.pdf
ASTM D6866 - 08 Standard Test Methods for Determining the Biobased Content of Solid, Liquid, and Gaseous Samples Using Radiocarbon Analysis: http://www.astm.org/Standards/D6866.htm



