MUNDOMATERIAL

Innovación e Materiais

2009 Ano Internacional das Fibras Naturais: o fique en Colombia

Publicado por admin El 20 - May - 2010 This post is also available in: Inglés, Castelán

Seguindo a miña anterior entrada, que pretendía ser unha breve introdución ás fibras naturais, hoxe falarei do fique. O fique, ou Furcraea macrophyla, cultívase principalmente en Colombia. Recoméndovos que visitedes a páxina do Observatorio de Competitividad Agrocadenas Colombia. Parte da información e dos datos recollidos aquí proveñen en particular deste informe, sobre a cadea do fique en Colombia. Da planta do fique obtéñense varios produtos elaborados semi-elaborados: a fibra, tamén chamada cabuia, outros residuos sólidos, o bagazo e zumes. Algúns dos produtos comerciais do fique son:

  • da fibra: fíos, tecidos, empaques e biomantos
  • do bagazo: papel, fibra reforzada, conglomerados, recheo de colchóns e musgo ecolóxico
  • do zugue pódense extraer saponinas: hecoxenina e tigoxenina – aínda que a súa produción a escala comercial parece seguir sendo dificultosa.

En 2005, a área dedicada ao cultivo de fique en Colombia foi de máis de 17.000 hectáreas, as cales representaron o 0.83% da área total de cultivos permanentes en Colombia. Durante o período 2000-2005, o número de hectáreas con fique no país diminuíu nun 2.6%. Non obstante no mesmo período, o volume de produción incrementouse nun 1.5%, acadando as 21.445 toneladas en 2005. Do mesmo xeito, o rendemento termo medio por hectárea aumentou 2.1% ao ano pasando de 1 tonelada por hectárea a 1.2 toneladas en 2005. O seguinte gráfico ilustra a cadea de valor do fique, ademais de mencionar aos principais transformadores industriais e consumidores:

cadena_valor_fique

Ademais de varios proxectos para mellorar a produtividade do fique, entre o 25 e o 29 de novembro celebrarase Fibratec 2009 en Bucaramanga, Colombia. Trátase do V Simposio Internacional das Fibras Naturais FIBRATEC 2009, organizado pola Federación Nacional do Fique de Colombia, Fenalfique. Agradezo a Francisco Javier Corrales León o terme enviado esta información e sinto non poder adxuntarvos unha ligazón con máis información relacionada con Fibratec 2009 (quizás en breve podamos ter algunha páxina de referenza).

Outras fontes de información:

http://www.agrocadenas.gov.co/fique/documentos/caracterizacion_fique.pdf

http://www.agronet.gov.co/www/docs_agronet/2008519105246_BULLETS_CADEFIQUE_2008.pdf

Novas aplicacións agrofarmaceúticas:

http://www.biodiversityreporting.org/article.sub?docId=8235&c=Colombia&cRef=Colombia&year=2004

Perfil de Francisco Javier Corrales León en Agro 2.0:

http://www.agro20.com/profile/FRANCISCOJAVIERCORRALESLEON

Deja una Respuesta

About Me

Lucía Castro Díaz

Soy co-fundadora y coordinadora de Agalip, empresa especializada en soluciones integrales de comunicación que desarrolla proyectos propios y para clientes. También soy consultora empresarial y realizo estudios de mercado, centrados en la industria química y los materiales. Me doctoré en Ciencias Materiales por la Universidad de Oxford y trabajé para Frost & Sullivan como analista. Hablo inglés, francés, español y gallego.

Twitter