2009 foi declarado pola FAO o Ano Internacional das Fibras Naturais. Dentro das fibras naturais encóntranse materiais tan importantes como a la, o algodón ou o liño. Estes pola súa parte son usados en gran variedade de mercados, para producir téxtiles, papel e materiais compostos. O produto da venda e a exportación de fibras naturais contribúe significativamente aos ingresos e a seguridade alimentaria dos agricultores e traballadores pobres que as producen, algo que non ocorre con moitos outros mercados.
2009 foi declarado pola Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación, FAO, o Ano Internacional das Fibras Naturais. Con esta designación preténdese promover o uso das fibras naturais de orixe animal e vexetal. Non se inclúen as fibras modernas artificiais e sintéticas producidas polo home, como o raión, o nailón, as fibras acrílicas e o poliéster. Hai outras tres fibras que non contempla o Ano Internacional, pero que tratará o Ano Internacional dos Bosques, en 2011. 15 fibras naturais son consideradas as máis importantes:
| Fibras vexetais | Fibras animais |
| Abacá | La de alpaca |
| Algodón | La de angora |
| Bonote | Cachemira |
| Cánabo | Pelo de Camelo |
| Liño | Lana |
| Ramio | Mohair |
| Sisal | Seda |
| Iute |
Recoméndovos a páxina que a FAO lle adica a este ano conmemorativo, onde ademáis de información xeral sobre as fibras poderedes atopar un calendario de actividades relacionadas con estes materiais puramente renovables, sustentables e que en moitos casos tamén favorecen o comercio xusto.
Mundomaterial quere participar na promoción das fibras naturais e por iso vos pido que alí onde esteades me enviedes información sobre os vosos proxectos. Encantarame publicar a túa historia se es produtor, trasnformador ou vas sacar un produto novo baseado en fibras naturais. Aquí vos deixo algunha ligazón a entradas anteriores en que se mencionan usos das fibras naturais, sobre todo en materiais compostos:



