MUNDOMATERIAL

Innovación e Materiais

Amflora, os transxénicos e os bioplásticos

Publicado por admin El 20 - May - 2010 This post is also available in: Inglés, Castelán

A principios de marzo do 2010 a Unión Europea aprobou o cultivo dunha pataca modificada xeneticamente, a primeira variedade desde que en 1998 se aprobara o millo transxénico Monsanto’s MON 810.

Esta variedade de pataca é Amflora, desenvolta por BASF para aplicacións industriais como lubricantes ou comida para animais. Cando se fixo público, houbo quen suxeriu que Amflora ía ser usada para producir bioplásticos. Sempre me pareceu algo arriscado o uso de transxénicos en produtos cuxo reclamo se basea en melloras medioambientais. Hai que dicir que a resistencia contra os transgénicos é maioritariamente europea e que a opinión pública sobre este tema noutras rexións non está en contra. Aínda así considero que unha das vantaxes estratéxicas dos produtores de bioplástico europeo é precisamente que non os utilizan como recurso.

Amilopectina

Amilosa

O almidón natural é unha combinación de amilosaamilopectina, ambos polímeros da glucosa. A maior diferenza é que a amilosa é un polímero lineal mentres que a amilopectina é un polímero ramificado. Amflora foi modificada xeneticamente para producir só amilopectina, o compoñente máis interesante para a maioría das aplicacións industriais, xa que non é soluble en auga. Na produción de bioplásticos a amilosa resulta máis apropiada que a amilopectina, así que a variedade de Amflora non foi concibida para ser usada polos produtores de bioplásticos. Por exemplo, os produtos de Plantic Technologies están feitos con amidón de millo con alto contido en amilosa. Na miña opinión, non se necesitan trangénicos para obter materiais máis sostibles. Nalgúns casos nin sequera se necesita un cultivo específico para producir bioplásticos. Por exemplo Rodenburg Biopolymers utiliza como fonte para o seu produto Solanyl os residuos xerados pola industria holandesa de procesamento da pataca, que descarta ata o 40% en peso das patacas tratadas. Esta estratexia é moito máis sostible e coherente que outras, como utilizar transxénicos ou incluso cultivos que compiten con fontes de alimentos.

Podedes atopar máis información sobre os materiais baseados en amidón no excelente blog de Luc Averous, a quen lle teño que agradecer que compartise esta ligazón comigo no noso grupo de Bioplásticos en Linkedin:http://www.biodeg.net/biomaterial.html

photo credit: FreeRangeLife

Deja una Respuesta

About Me

Lucía Castro Díaz

Soy co-fundadora y coordinadora de Agalip, empresa especializada en soluciones integrales de comunicación que desarrolla proyectos propios y para clientes. También soy consultora empresarial y realizo estudios de mercado, centrados en la industria química y los materiales. Me doctoré en Ciencias Materiales por la Universidad de Oxford y trabajé para Frost & Sullivan como analista. Hablo inglés, francés, español y gallego.

Twitter