Fai un tempo escribín unha entrada sobre Bicicletas e os materiales cos que se constrúen. Xa nesa entrada daba algúns exemplos de bicicletas feitas con materiales renovables. Incluso colguei algunha foto de bicicletas feitas de bambú que atopei en Expoquimia. Hoxe ensínomovos bicicletas feitas con madeira oca, bambú e bambú laminado.

O primeiro exemplo é o proxecto Bamboosero Bikes, no que Craig Calfee axuda a comunidades en vías de desenvolvemento a producir bicicletas de bambú, que son vendidas arredor do mundo. A facilidade para obter a materia prima, traballala e obter unhas bicicletas sustentables é innegable. Este proxecto está asentado agora mesmo en Ghana, pero buscan axuda económica para exportar a idea a outros países. Deíxovos un vídeo explicativo (en inglés, sorries).

renovo-sapele-wood-Renovo Hardwood Bikes, en Estados Unidos, constrúe cadros con madeira oca e bicicletas con bambú, esta vez laminado. Aínda que quizais non sexan tan interesantes como proxecto de desenvolvemento sostible como as Bamboosero, as bicicletas de Renovo Hardwood Bikes son espectacularmente bonitas. Esta en particular é a Renovo Pandurance Road, feita en bambú laminado e pertencente á serie Panda Bicycle. A diferenza da bamboosero, estas bicicletas non teñen un cadro oco, se non que varias láminas de bambú son unidas entre si mediante resina epoxy. Algo parecido ás táboas dos monopatines, pero con bambú en vez de madeira de pradairo.

Renovo-Pandurance

A Renovo R4 está feita con madeira, unindo dúas pezas de madeira por medio de presión e resina epoxy, conseguindo así diminuír o peso total, xa que o interior é oco. Encantaríame poder probar unha bicicleta feita con algúns destes materiais, renovables, sostibles e, agora si, esteticamente perfectos.

Renovo-R4