Frost & Sullivan ven de publicar un novo estudo de mercado titulado “Análise estratéxica do mercado de bioplásticos en Brasil e México” no que se analizan plans de produción, os principais plásticos vendidos e as aplicacións nas que se usan en ambos os países. O estudo tamén procura dar unha visión do futuro dos bioplásticos na rexión, tendo en conta a demanda futura e posibles fontes de material.
Brasil
Actualmente a produción en Brasil está restrinxida a plantas piloto. En 2009, o mercado de bioplásticos en Brasil compúñase principalmente de PLA, mesturas de amidón e PHB, representando $ 4.4 millóns. Con todo espérase que cando a produción en Brasil incremente a grandes escalas o mercado transformarase. En 2015 están planificadas unidades de produción de bioplásticos a nivel industrial como o polietileno renovable de Braskem ou o PVC renovable de Solvay. En particular a planta de Braskem será a maior do mundo, o que dará a Brasil un crecemento anual do 140,7% no período 2009-2015.
Nota: Os números están redondeados, o ano base é o 2009. Fonte: Frost & Sullivan
En Brasil existen fontes renovables baratas que poden ser usadas para producir bioplásticos de baixo prezo, como o azucre de cana. Isto outórgalle ás compañías brasileiras unha vantaxe no mercado dos plásticos, onde o prezo é un dos principais factores de decisión para os clientes finais. A Asociación Brasileira de Polímeros Compostables e Biodegradables (ABICOM) creouse para promover nova lexislación e políticas gobernamentais para apoiar a investigación e o desenvolvemento neste mercado. Esta asociación foi creada en 2009 e aínda necesita reforzarse para gañar influencia nos mercados.
Nota: Os números están redondeados, o ano base é o 2009. Fonte: Frost & Sullivan
México
Segundo o estudo de Frost & Sullivan, o mercado mexicano de bioplásticos representaba 1.200 toneladas en 2009, atópase no seu período de crecemento dentro do ciclo de vida e o crecemento anual espérase supere o 20%. A crecente concienciación ambiental en Latinoamérica é un claro factor de crecemento para este mercado. O mercado componse na súa totalidade de PLA, con outros produtos de diferentes compañías en período de probas. Actualmente o PLA impórtase de Estados Unidos.
O recurso máis coñecido en México para producir bioplástico é o millo. O país é o cuarto produtor mundial de millo, pero aínda así necesita importar entre un 5 e un 10% para cubrir a demanda alimenticia local, o cal supón un grave problema para a produción de bioplásticos. Isto significa que os bioplásticos poderían competir directamente cun recurso alimenticio e a súa imaxe podería verse danada se os prezos da comida soben debido ao uso industrial do millo. Existen varias iniciativas levadas a cabo por institutos de investigación para atopar outras fontes para producir bioplásticos e evitar así o problema.
Sobre Frost & Sullivan
Fundada en 1961, Frost & Sullivan conta con máis de 45 anos de experiencia axudando a clientes a tomar decisións e a crecer. Máis de1.700 consultores de crecemento e analistas industriais en 32 lugares no mundo. Máis de 10.000 clientes – desde compañías emerxentes, os 1.000 globais e a comunidade investidora. Desenroladores da Growth Excellence Matrix – unha ferramenta líder no posicionamento de crecemento na industria para executivos corporativos. Tamén desenvolveron a metodoloxía T.E.A.M, un proceso patentado que asegura que os clientes reciben unha perspectiva global da tecnoloxía, os mercados e as oportunidades de crecemento. Conta con 3 servizos principais: Growth Partnership Services, Growth Consulting and Career Best Practices.
Engadir que eu persoalmente comecei a miña carreira como consultora hai algúns anos con Frost & Sullivan, nunha das súas oficinas do Reino Unido.
Para Máis Información:
Strategic Assessment of the Bioplastics Market in Brazil and Mexico, Frost & Sullivan
Bioplastics in Brazil: Beyond the Green Speech, de Alessandra Lancellotti, Frost & Sullivan
Search for Bioplastics, Frost & Sullivan
Foto:
photo credit: artsymama2



