O 11 de abril Solvay anunciou que pretende comprar Rhodia por €3.000 millóns. Este é o último anuncio nunha longa lista de adquisicións dentro da industria química, nun ano que parece baterá marcas. O número de adquisicións vén motivado por un mercado que se recupera da crise económica e que volve dispor de efectivo tras 3 anos de fortes reaxustes.
Solvay compra Rhodia
Os produtos principais do grupo belga Solvay son o carbonato sódico, o peróxido de hidróxeno e os polímeros especializados. Emprega a 16.800 persoas en 40 países e en 2010 tivo unhas vendas de €7.100 millóns. En febreiro de 2010 finalizouse a venda del negocio farmacéutico a Abbott por €4.500 millóns, o que centrou o seu negocio na parte química e probablemente facilitase a compra de Rhodia. Pola súa banda Rhodia emprega a 14.000 persoas globalmente e en 2010 as súas vendas foron de €5.230 millóns en 2010. A súa estrutura resulta algo complicada xa que inclúe 5 clústers e 11 unidades de negocio. Os principais produtos de ambas están resumidos na seguinte táboa:
| Solvay | Rhodia |
| Productos Químicos | Acetato de celulosa |
| Materiais avanzados | Difenoles e derivados |
| Produtos de bario e estroncio | Plásticos |
| Cloruro cálcico | Compostos derivados do flúor |
| Soda caústica | Derivados do fósforo |
| Clorinados | Productos intermedios de poliamida |
| Compostos derivados do flúor | Fibras de poliamida |
| Produtos de magnesio | Precipitado de silica |
| Peróxidos | Terras raras, alúminas e óxidos |
| Poligliceroles | Salicílico e derivados |
| Precipitado de carbonato cálcico | Disolventes |
| Bicarbonato sódico | Polímeros especializados e monómeros |
| Polímeros especializados: Ver figura | Ácido sulfúrico e servizos |
| Surfactantes | |
| Fibras textis |
No amigable acordo de compra, ambas as empresas consideran que o grupo resultante terá unhas vendas de €12.000 millóns, das cales o 40% será en países emerxentes. A este respecto Solvay está fortemente implantada en China, mentres que Rhodia é máis activa en Rusia ou Tailandia. Isto favorecerá o crecemento da empresa resultante nestas zonas.
Un ano cheo de adquisicións
Pero a compra de Rhodia por Solvay non é a única que se viu no último ano. Bloomberg calculou que o importe dos tratos levados a cabo no 2011 ascende xa a $25.000 millóns, a maior cifra na última década. O importe medio dos devanditos tratos foi de $702 millóns. Moitos analistas consideran que non será a única e que máis empresas químicas dispoñen do efectivo necesario para adquirir outras empresas. Algunhas das adquisicións que xa se levaron a cabo ou foron anunciadas están resumidas na seguinte táboa:
| Data | Comprador | Obxetivo | Cuantía |
| Anunciada en abril 2011 | Solvay | Rhodia | €3.000 millóns |
| Dicembro 2011 | BASF | Cognis | $4.300 millóns |
| Planexada | DuPont | Danisco | $6.000 millóns |
| Anunciada febreiro 2011 | Clariant | Süd Chemie | €2.000 millóns |
| Febreiro 2011 | DSM | Market Biosciences | €790 millóns |
| Marzo 2011 | Berkshire Hathaway Inc | Lubrizol Corp | $9.200 millóns |
As adquisicións adoitan ter como obxectivo algunha das seguintes razóns:
- Ampliar o catálogo de produtos existente, se é posible incorporando produtos de alto valor engadido. Os produtos derivados de fontes renovables son un dos obxectivos máis desexados, xunto coas empresas que producen ingredientes ou compoñentes para outros produtos.
- Expandir a cobertura xeográfica rápida e eficazmente.
- Entrar en novos mercados, creando sinerxias cos produtos xa existentes.
Máis información
Dúbidas sobre a compra de Danisco por DuPont (EN)
Clariant comprará o 95% de Süd Chemie (EN)
