MUNDOMATERIAL

Innovación e Materiais

Archivo de la categoría: ‘Deporte’

Solar Impulse, o avión solar

Publicado por admin El 20 - May - 2010

O Solar Impulse é un avión futurista que proxecta voar coa enerxía do sol, sen combustibles fósiles. Imposible hoxe en día, pero sen dúbida o camiño que este soño nos fará percorrer permitirá o avance de varias tecnoloxías, desde lixeiros e eficaces paneis solares ata baterías que redistribúen a calor que xeran. PRIMER VUELO SOLAR IMPULSE from amoralva on Vimeo. Para lograr a súa meta, o proxecto conta con todo tipo de socios e patrocinadores. Solvay é un dos principais, canda Deutsche Bank e Omega. Involucrarase na innovación en materiais poliméricos e nas probas dos materiais. En palabras de Jacques van Rijckevorsel, Director Xeral Sector Plástico de Solvay: “A asociación entre o noso grupo e Solar Impulse transmite a confianza que nós pomos no compromiso persoal, no espírito de empresa e na innovación tecnolóxica, como xeito de conseguir respostas ao desafío do desenvolvemento sostible. Doutra banda pomos en pé outro desafío, que nos leve aos confíns... 
Leer más

Bicicletas de madeira e bambú

Publicado por admin El 20 - May - 2010

Fai un tempo escribín unha entrada sobre Bicicletas e os materiales cos que se constrúen. Xa nesa entrada daba algúns exemplos de bicicletas feitas con materiales renovables. Incluso colguei algunha foto de bicicletas feitas de bambú que atopei en Expoquimia. Hoxe ensínomovos bicicletas feitas con madeira oca, bambú e bambú laminado. O primeiro exemplo é o proxecto Bamboosero Bikes, no que Craig Calfee axuda a comunidades en vías de desenvolvemento a producir bicicletas de bambú, que son vendidas arredor do mundo. A facilidade para obter a materia prima, traballala e obter unhas bicicletas sustentables é innegable. Este proxecto está asentado agora mesmo en Ghana, pero buscan axuda económica para exportar a idea a outros países. Deíxovos un vídeo explicativo (en inglés, sorries). Renovo Hardwood Bikes, en Estados Unidos, constrúe cadros con madeira oca e bicicletas con bambú, esta vez laminado. Aínda que quizais non sexan tan interesantes como proxecto de desenvolvemento... 
Leer más

Bicicletas

Publicado por admin El 19 - April - 2010

En Inglaterra merquei unha bicicleta coa que me movía pola cidade a diario. Para min é unha forma brillante de transporte, aínda que pode ser moito máis. Pero… sabedes? Eu estiven preguntando e parece que o mundo das bicicletas está cheo de materiais e deseños fascinantes. Deamos un paseo para ver que materiais se usan nas diferentes partes dunha bicicleta e as últimas tendencias de deseño. Por suposto, explicareivos algúns exemplos interesantes do que se pode facer coa sempre novidosa bicicleta. Mentres buscaba información xeral sobre as bicicletas, encontreime esta grande imaxe en wikipedia. Grazas a ela non teño que explicarvos as diferentes partes da bicicleta moderna. Se queredes ver máis imaxes de bicicletas, podedes seguir esta ligazón de wikimedia commons Fonte: wikipedia materiais Hai moitas opcións abertas para os deseñadores e fabricantes de bicicletas. James Thomas, autor de Bicycle design dinos a súa opinión sobre os materiais utilizados na actualidade: Como... 
Leer más

Coches e bibicletas en Expoquimia

Publicado por admin El 16 - April - 2010

Dúas das miñas entradas máis populares a día de hoxe no blogue están relacionadas co deporte, en particular co traxe de Phelps, Materiais Olímpicos – LZR Racer e cos monopatíns, Skateboards. A idea de facer un artigo sobre os materiais das bicicletas róndame desde fai tempo, así que xa estiven ollando na internet cousas raras sobre bicis (feitas con materiais compostos, rodas sen radios e dunha soa peza, un famoso ciclista que produce bicicletas con liño, etc). Pero ver de cerca unha bici feita de bambú deixoume bastante impresionada. bicicleta de bambú Sorteábaa Garsan, istribuidor de calefactores e vaporizadores. Eu non tiven ocasión de falar con alguén de Garsan, así que quedei coa dúbida de se a bicicleta estaba relacionada dalgunha maneira coa empresa ou se simplemente lles pareceu unha boa idea para chamar a atención. Un proxecto levado a cabo pola Universidade de Columbia estuda a posibilidade de usar bicis de bambú en África como medio de transporte.... 
Leer más

Materiais Olímpicos – LZR Racer, o traxe dos nadadores

Publicado por admin El 12 - April - 2010

Estivéstesvos preguntando que levan os nadadores das Olimpiadas de Beijing? Eu tamén. Sexa polas inevitables discusións sobre o xusto que é usar a tecnoloxía nos deportes e cantos dos récords das novas marcas mundiais se deben ao traxe e non ao nadador. O que está claro é que, co seu prezo, non todos os nenos con soños de converterse en campións olímpicos poden permitirllo, especialmente aqueles que viven en países en vías de desenvolvemento. Pero entón este debate debería terse con case todos os deportes, non só co natación, porque a tecnoloxía úsase en moitos, desde bicicletas de fibra de carbono ata as zapatillas deportivas. Vexamos un pouco máis de cerca ao sospeitoso, o Fastskin LZR Racer de Speedo e despois que cada un decida por si mesmo. Que é? A pesar do gran revuelo que está a causar o traxe, o LZR Racer é o último traxe dunha serie que comezou nos xogos de Barcelona de 1992, co S200. Na táboa de abaixo poderedes ver que Speedo lanzou un modelo por... 
Leer más

About Me

Lucía Castro Díaz

Son co-fundadora e coordinadora de Agalip, empresa especializada en solucións integrais de comunicación que desenvolve proxectos propios e para clientes. Tamén son consultora empresarial e realizo estudos de mercado, centrados na industria química e os materiais. Doctoreime en Ciencias Materiais pola Universidade de Oxford e traballei para Frost & Sullivan como analista. Falo inglés, francés, español e galego.

Twitter