Se ata agora me dediquei a falar de materiais e as empresas que os producen, hoxe apetéceme dar un xiro. Hoxe vou falar de skates ou skateboards. O certo é que non é un produto moi tradicional, pero entroume onte curiosidade vendoos dar saltos polos materiais que se usan e son capaces de aguantar semellante tratamento. Ademais, exemplifica un dos mercados máis innovadores no mundo dos materiais, o dos deportes de risco.
Se non acabades de ver o interese, pensade en skies, táboas de surf, velas de windsurf ou snowboards. Sen esquecer o importante equipo de protección, como cascos, xeonlleiras, protectores de cóbado, etc. O mercado é amplo, está medrando e de alto valor engadido. Un bo lugar para experimentar materiais e xulgar o seu rendemento.
O produto
Supoño que non haberá moitos expertos en materiais que a un tempo saiban algo do fascinante mundo do skate, así que empezarei por unha rápida introdución. As partes principais dun skate son a táboa, as rodas,...
Leer más



