MUNDOMATERIAL

Innovación e Materiais

Archivo de la categoría: ‘Embalaxe’

¿Activismo anti-plástico?

Publicado por admin El 14 - May - 2010

Xa escribín un par de entradas sobre blogs de diversas persoas que boicotean o plástico, procurando non comprar ningún produto que o conteña. Son unha boa fonte de información sobre as novas tendencias na percepción do plástico, criticando en especial certos usos ridículos ou demasiado masificados. A crise económica fai pensar a algúns analistas que a austeridade entrará nos mercados, diminuíndo a demanda por artigos non esenciais, dando a razón en parte a este movemento de consumismo anti-consumismo. Queda ao voso xuízo o decidir a importancia que poden chegar a ter os blogueiros plástico anti-plástico. Non se pode obviar o feito de que se inspiran e beben doutros movementos, e como moitos activistas, empezan a aproveitarse das redes sociais. Esta entrada pretende exemplificar os seus métodos e como parte das súas ideas xa foron asimiladas por parte da sociedade. Interésome polos blogs porque me lembran a outras campañas de activismo que aproveitan as novas tecnoloxías... 
Leer más

O presente e o futuro da auga embotellada

Publicado por admin El 28 - April - 2010

Introducción Algúns quizais lembredes unha entrada que escribi sobre blogues boicoteando o plástico. Desde que a escribín subscribinme a algúns deles con RSS e sígoos habitualmente, en especial gústame fixarme en que obxectos de plástico son os máis odiados. Probablemente en primeiro lugar nunha lista dos máis odiados se atoparían as bolsas de plástico, pero seguíndoas de cerca encóntranse as botellas. Hai varios aspectos que converxen nas botellas de plástico, en particular as de auga, facendo delas un branco perfecto para activistas e sendo unha fonte de preocupación para a poboación en xeral. Para empezar, vexamos de que están feitas as botellas. Plásticos comunmente usados nas botellas A maior parte das botellas de plástico que conteñen bebidas están feitas do PET, ou tereftalato de polietileno. O PET é un dos plásticos máis usados, en 2006 consumíronse 3,5 millóns de toneladas só en Europa Occidental. Aínda que o PET úsase noutras aplicacións ademais... 
Leer más

Entrevista a Dardo Arévalo, director de Envases plásticos

Publicado por admin El 19 - April - 2010

Dardo Arevalo Hoxe cambio un pouco o meu formato habitual e publico unha entrevista. O entrevistado é Dardo Arevalo (Uruguay, 1957), director de Envases plásticos. A actividade de Envases plásticos está centrada na consultoría, sobre a lexislación e marco regulador das empresas que fabrican, importan, envasan e comercializan envases non retornables en Uruguai. Ata agora as entradas que escribín sobre envases e o seu tratamento a fin de vida tiveron bastante aceptación, pero coido que ter unha visión do problema fóra de Europa sería tamén interesante. Para iso estou encantada de contar con Dardo, que ademais conta cunha páxina web que vos recomendo, pois publica en formato de blogue, con contido que vai máis alá do meramente corporativo. Como e por que xurdiu a idea de crear Envases plásticos? No ano 2004, decidimos cun grupo de profesionais na área da loxística, química e traballo socialfundar Envases plásticos xa que en decembro dese ano aprobouse a Lei de Envases... 
Leer más

ANAIP e as bolsas de plástico

Publicado por admin El 19 - April - 2010

Cando estaba preparando a entrada Blogues boicoteando o plástico, escribín varios emails a diferentes asociacións relacionadas co plástico, tanto a nivel español como europeo. ANAIP, a asociación española de industriais do plástico, tivo a ben contestarme, aínda que un pouco tarde. Puxen a resposta como un comentario na entrada orixinal, pero pareceume que ben se merece unha entrada e un par de días en portada. Limítome a crear ligazóns alí onde podo, para que vos sexa máis doado acceder a información extra. Sinto non atopar o informe encargado por Cicloplast aínda dubido de se polas miñas propias limitacións ou porque non o fixeron público. Estimada Sra.: Os blogues son un novo sistema de comunicación, e teñen interese. Sobre a respuesta de ANAIP aos ataques ás bolsas de plástico, pode atopalo na nosa páxina web. Na home page, facer clique na nova sobre as bolsas. Na nosa opinión non ten sentido prohibir as bolsas como piden algúns grupos ecoloxistas, xa que... 
Leer más

En marzo do 2008 a Comisión Europea adoptou a Regulación EC 282/2008, que establece os requirimentos para plástico reciclado usado en aplicacións en contacto con comida. O obxectivo da regulación é igualar as condicións en Europa, xa que ata agora o estatus legal do plástico reciclado variaba dun país europeo a outro. A falta de lexislación específica dificultaba a competición aos plásticos reciclados, estando estes en desvantaxe cos polímeros virxes neste sector. A CE está simplemente sendo consecuente co xa establecido na directiva 94/62/EC, que promove a reciclaxe de residuos de embalaxe. Porén a regulación aquí tratada cobre, ademais da embalaxe de comida, cubertos, pratos, maquinaria de procesamento, colectores, etc. Só os plásticos que xa foron utilizados en contacto con comida, ou os que cumpren cos requirimentos para facero, están cubertos pola directiva. Están excluídos da mesma os seguintes plásticos: materiais obtidos por reciclaxe química,... 
Leer más

About Me

Lucía Castro Díaz

Son co-fundadora e coordinadora de Agalip, empresa especializada en solucións integrais de comunicación que desenvolve proxectos propios e para clientes. Tamén son consultora empresarial e realizo estudos de mercado, centrados na industria química e os materiais. Doctoreime en Ciencias Materiais pola Universidade de Oxford e traballei para Frost & Sullivan como analista. Falo inglés, francés, español e galego.

Twitter