Cando estaba preparando a entrada Blogues boicoteando o plástico, escribín varios emails a diferentes asociacións relacionadas co plástico, tanto a nivel español como europeo. ANAIP, a asociación española de industriais do plástico, tivo a ben contestarme, aínda que un pouco tarde. Puxen a resposta como un comentario na entrada orixinal, pero pareceume que ben se merece unha entrada e un par de días en portada. Limítome a crear ligazóns alí onde podo, para que vos sexa máis doado acceder a información extra. Sinto non atopar o informe encargado por Cicloplast aínda dubido de se polas miñas propias limitacións ou porque non o fixeron público.
Estimada Sra.:
Os blogues son un novo sistema de comunicación, e teñen interese.
Sobre a respuesta de ANAIP aos ataques ás bolsas de plástico, pode atopalo na nosa páxina web. Na home page, facer clique na nova sobre as bolsas.
Na nosa opinión non ten sentido prohibir as bolsas como piden algúns grupos ecoloxistas, xa que...
Leer más
Archivo de la categoría: ‘Embalaxe’
ANAIP e as bolsas de plástico
Nova lexislación europea sobre plásticos reciclados en contacto con comida
En marzo do 2008 a Comisión Europea adoptou a Regulación EC 282/2008, que establece os requirimentos para plástico reciclado usado en aplicacións en contacto con comida. O obxectivo da regulación é igualar as condicións en Europa, xa que ata agora o estatus legal do plástico reciclado variaba dun país europeo a outro. A falta de lexislación específica dificultaba a competición aos plásticos reciclados, estando estes en desvantaxe cos polímeros virxes neste sector. A CE está simplemente sendo consecuente co xa establecido na directiva 94/62/EC, que promove a reciclaxe de residuos de embalaxe. Porén a regulación aquí tratada cobre, ademais da embalaxe de comida, cubertos, pratos, maquinaria de procesamento, colectores, etc.
Só os plásticos que xa foron utilizados en contacto con comida, ou os que cumpren cos requirimentos para facero, están cubertos pola directiva. Están excluídos da mesma os seguintes plásticos:
materiais obtidos por reciclaxe química,...
Leer más
Un mes sen plástico
Levo unha semana seguindo con fascinación un experimento levado a cabo por unha reporteira da BBC, Chris Jeavans. A través dun blogue titulado A month without plastic, un mes sen plástico, Chris cóntanos a súa aventura de non consumir plástico durante un mes. As regras do experimento son sinxelas: durante un mes non debe comprar nada que conteña plástico, pero pode utilizar o que xa ten.
Para prepararse e ilustrar máis claramente o seu obxectivo, Chris gardou durante un mes todo o plástico que consumía. Se queredes ver un vídeo explicativo do que obtivo despois dun mes de colecta, seguide esta ligazón. Recoméndovolo porque é bastante gráfico. Nel Paul Davidson, experto en plásticos de WRAP, explica de que están feitos os produtos, como poden ser reciclados e algunhas alternativas moi doados para reducir o consumo de plástico. Para aqueles que non entendades inglés, a táboa explicativa de máis embaixo resume o que Paul Davidson nos conta.
Chris Jeavans...
Leer más
A batalla do plástico
Atopei este vídeo que me parece exemplifica moi gráficamente por qué unha gran parte da poboación está enfadada cos plásticos. O vídeo é o gañador do concurso organizado por Friend’s of the Earth en 2007 para escoller a mellor curta de menos dun minuto sobre cuestións “verdes” e foi dirixido por Ulla Jacobsen. Se queredes ver máis curtas, podedes visitar a páxina de Friends of the Earth en YouTube ou incluír unha entrada para o premio de 2008 e quizabes limpar o nome dos plásticos.
Este tipo de embalaxe, absurda e redundante, é unha perda ridícula de material. Tamén serve para empañar a utilidade do plástico noutras aplicacións, convertendoo nun material banal. Así que, aos que esteades no mundo da embalaxe plástica, por favor, por favor, sede prudentes.
AKPC_IDS += "2225,";
Read More →



