Levo tempo querendo escribir sobre os materiais que se usan nos coches, e en especial sobre os principais usos do plástico. O sector da automoción está a ser un dos peores afectados na crise e con el sempre caen as empresas auxiliares. Os produtores de coches, fabrican unha pequeñísima parte do seu produto, e en xeral dedícanse a deseñar e ensamblar pezas que outras compañías lles proporcionan, as auxiliares. Se a caída na compra de coches é un problema, a el únese que se están utilizando pezas e materiais que estaban en almacén, reducindo aínda máis a demanda normalmente xerada polo sector automovílistico. Evidentemente espérase que este dobre efecto se vaia reducindo, a medida que se esgotan as reservas. En 2008, o sector da automoción e das materias plásticas foron os dous con maior número de empregados afectados por ES en España, con 39.080 e 11.480 respectivamente (fonte: A voz de Galicia, 16 de febreiro de 2009).
O plástico é fundamental nos coches de hoxe...
Leer más
Archivo de la categoría: ‘Materiais’
Plásticos, fibras naturais e coches
Como facer un bioplástico na túa propia cociña
Atopei este video en Bioplastic News, pero a fonte orixinal é Green Plastics. Está en inglés, pero adxúntovos a receita:
1 cucharada de amidón de millo, aínda que funcionan todos os tipos
4 cucharadas de auga
1 cucharadiña de glicerina
1 cucharadiña de vinagre
En Green Plastics buscan máis videos divulgativos deste estilo, así que quizais nos volvan a sorprender máis adiante. Por agora aproveitade a lección
AKPC_IDS += "2538,";
Read More →
A enquisa de decembro
Creative Commons License photo credit: respres
Estes son os resultados da enquisa de decembro, sobre a auga e como chega a nós. A gran maioría bebe auga da billa de maneira habitual, aínda que tamén hai quen bébea embotellada. Outras formas de poden incluír auga do pozo, de mananciais, de fontes comúns, etc. Sorprendeume ver o pouco uso que fan os meus lectores de sistemas de filtración, como Britta e outros. Se queredes saber máis sobre as botellas de auga, podedes lervos a miña entrada anterior, O presente e o futuro da auga embotellada.
Sorry, there are no polls available at the moment.
Se os que contestasen a esta enquisa fosen estadounidenses, por exemplo, probablemente houbese máis xente bebendo auga embotellada, xa que segundo parece a calidade da auga da billa deixa bastante que desexar, ou polo menos iso entendo eu polo tipo de respostas que obtiven coa miña pregunta aberta en linkedin.
Xa puxen na columna da dereita a nova enquisa esta vez sobre as bombillas, xa...
Leer más
O presente e o futuro da auga embotellada
Introducción
Algúns quizais lembredes unha entrada que escribi sobre blogues boicoteando o plástico. Desde que a escribín subscribinme a algúns deles con RSS e sígoos habitualmente, en especial gústame fixarme en que obxectos de plástico son os máis odiados. Probablemente en primeiro lugar nunha lista dos máis odiados se atoparían as bolsas de plástico, pero seguíndoas de cerca encóntranse as botellas. Hai varios aspectos que converxen nas botellas de plástico, en particular as de auga, facendo delas un branco perfecto para activistas e sendo unha fonte de preocupación para a poboación en xeral. Para empezar, vexamos de que están feitas as botellas.
Plásticos comunmente usados nas botellas
A maior parte das botellas de plástico que conteñen bebidas están feitas do PET, ou tereftalato de polietileno. O PET é un dos plásticos máis usados, en 2006 consumíronse 3,5 millóns de toneladas só en Europa Occidental. Aínda que o PET úsase noutras aplicacións ademais...
Leer más
PDO: petroquímico ou renovable
Introducción
1,3-Propanodiol, tamén coñecido como PDO, é un composto orgánico usado como monómero nunha variedade de aplicacións. O PDO pode obterse tanto de fontes renovables como do petróleo. Isto dáme a oportunidade de analizar como ámbalas dúas materias primas poden dar lugar a un mesmo composto, pero non necesariamente ao mesmo produto comercial. As principais aplicacións do PDO son as seguintes:
monómer0 na produción de polímeros
disolvente, refrixerante e fluído transmisor da calor
aditivo en poliuretanos termoplásticos, para mellorar a estabilidade térmica, hidrolítica e dimensional
aditivo en sistemas poliéster, para mellorar a flexibilidade de recubrimentos
aditivo en formulacións de poliuretano
Creative Commons License photo credit: chidorian
O maior produtor de PDO é Shell, que o produce en Geismar, Estados Unidos. Shell comezou a súa produción de PDO no ano 2000 e a súa actual capacidade de produción é de 73 kt por ano. O método de produción de...
Leer más



