MUNDOMATERIAL

Innovación e Materiais

Archivo de la categoría: ‘Materiais’

Un mes sen plástico

Publicado por admin El 9 - April - 2010

Levo unha semana seguindo con fascinación un experimento levado a cabo por unha reporteira da BBC, Chris Jeavans. A través dun blogue titulado A month without plastic, un mes sen plástico, Chris cóntanos a súa aventura de non consumir plástico durante un mes. As regras do experimento son sinxelas: durante un mes non debe comprar nada que conteña plástico, pero pode utilizar o que xa ten. Para prepararse e ilustrar máis claramente o seu obxectivo, Chris gardou durante un mes todo o plástico que consumía. Se queredes ver un vídeo explicativo do que obtivo despois dun mes de colecta, seguide esta ligazón. Recoméndovolo porque é bastante gráfico. Nel Paul Davidson, experto en plásticos de WRAP, explica de que están feitos os produtos, como poden ser reciclados e algunhas alternativas moi doados para reducir o consumo de plástico. Para aqueles que non entendades inglés, a táboa explicativa de máis embaixo resume o que Paul Davidson nos conta. Chris Jeavans... 
Leer más

A batalla do plástico

Publicado por admin El 9 - April - 2010

Atopei este vídeo que me parece exemplifica moi gráficamente por qué unha gran parte da poboación está enfadada cos plásticos. O vídeo é o gañador do concurso organizado por Friend’s of the Earth en 2007 para escoller a mellor curta de menos dun minuto sobre cuestións “verdes” e foi dirixido por Ulla Jacobsen. Se queredes ver máis curtas, podedes visitar a páxina de Friends of the Earth en YouTube ou incluír unha entrada para o premio de 2008 e quizabes limpar o nome dos plásticos. Este tipo de embalaxe, absurda e redundante, é unha perda ridícula de material. Tamén serve para empañar a utilidade do plástico noutras aplicacións, convertendoo nun material banal. Así que, aos que esteades no mundo da embalaxe plástica, por favor, por favor, sede prudentes. AKPC_IDS += "2225,"; 
Read More →

Monopatíns

Publicado por admin El 9 - April - 2010

Se ata agora me dediquei a falar de materiais e as empresas que os producen, hoxe apetéceme dar un xiro. Hoxe vou falar de skates ou skateboards. O certo é que non é un produto moi tradicional, pero entroume onte curiosidade vendoos dar saltos polos materiais que se usan e son capaces de aguantar semellante tratamento. Ademais, exemplifica un dos mercados máis innovadores no mundo dos materiais, o dos deportes de risco. Se non acabades de ver o interese, pensade en skies, táboas de surf, velas de windsurf ou snowboards. Sen esquecer o importante equipo de protección, como cascos, xeonlleiras, protectores de cóbado, etc. O mercado é amplo, está medrando e de alto valor engadido. Un bo lugar para experimentar materiais e xulgar o seu rendemento. O produto Supoño que non haberá moitos expertos en materiais que a un tempo saiban algo do fascinante mundo do skate, así que empezarei por unha rápida introdución. As partes principais dun skate son a táboa, as rodas,... 
Leer más

TPE Renovables

Publicado por admin El 9 - April - 2010

Os plásticos elastómeros, ou TPE, merecen un artigo por si sos, xa que son unha familia de polímeros algo descoñecida. Hai unha introdución moi boa na Wikipedia – thermoplastic elastomer, para os que nonos coñezades  demasiado e queirades saber máis. Aproveito para recomendarvos Wikipedia como fonte rápida de información sobre materiais. Aínda que algunhas das entradas son verdadeiros compendios de saber, tede coidado porque outras son case páxinas corporativas. Volvendo ao tema, os TPE teñen propiedades de goma e termoplástico a un tempo. Esta combinación de propiedades conséguese mediante mesturas físicas de elastómeros e termoplásticos ou mediante copolímeros. Os elastómeros clásicos son termosets e o tipo de ligazón que os reticula (crosslink) é unha ligazón covalente creado durante a vulcanización. Os TPE reticúlanse grazas a ligazóns máis febles ou ligazóns creadas só nunha das súas fases. Na seguinte táboa podedes ver... 
Leer más

Os vellos plásticos renóvanse

Publicado por admin El 9 - April - 2010

Como xa mencionei no meu post Bioplásticos, existen dous grandes tipos de plásticos renovables: Composición nova a plásticos derivados do petróleo Idéntica composición a plásticos xa existentes no mercado e derivados do petróleo Hoxe vou contarvos que se está facendo para renovar vellos plásticos grazas aos recursos naturais. As compañías involucradas na produción destes plásticos teñen moi claro cal é a maior vantaxe con respecto dos demais bioplásticos: a substitución directa. Como copian a composición de plásticos tan estendidos como o polietileno ou o poliuretano, afórranlle aos usuarios ter que adaptar os seus procesos, sexa deseño ou maquinaria. Por outra banda, só teñen que vendelo coma un produto mellorado, de valor engadido, en mercados xa existentes. Gran parte da tarefa de produtores de bioplásticos consistiu ata fai pouco en explicar o seu produto e encontrar aplicacións, máis que vendelo. Por esta razón grande produtora de poliolefinas xa fixeron... 
Leer más

About Me

Lucía Castro Díaz

Soy co-fundadora y coordinadora de Agalip, empresa especializada en soluciones integrales de comunicación que desarrolla proyectos propios y para clientes. También soy consultora empresarial y realizo estudios de mercado, centrados en la industria química y los materiales. Me doctoré en Ciencias Materiales por la Universidad de Oxford y trabajé para Frost & Sullivan como analista. Hablo inglés, francés, español y gallego.

Twitter