O pasado xoves Dow anunciou a compra de Rohm & Haas por $18.8 miles de millóns. Para os que non estedes familiarizados con estas empresas, dicir que Dow é un xigante químico, con ventas anuais de $54 miles de millóns. Rohm & Haas é máis pequeno pero conta con produtos especializados, que en xeral proporcionan maior marxe de beneficios.
E esta é a clave da compra. Dow convértese nunha empresa significativamente máis grande, pero ademáis adquire un negocio que depende menos das ventas masivas e permítelle diversificar a súa carteira de produtos, que non é pouco. A táboa mostrada a continuación lista as divisións de Dow xunto cos produtos que xestiona cada unha delas.
No campo dos materiais, Dow é ben coñecida por vender o que en inglés se coñece como commodity, é dicir, produtos básicos. Entre eles, os grandes clásicos: PP, PE e PS. Para manterse no mundo das commodities, as vendas teñen que ser grandes, necesítase unha estrutura de vendas e distribución...
Leer más
Archivo de la categoría: ‘Materiais’
Dow compra Rohm & Haas
Bioplásticos
Antes de comezar, aclarar que este post intenta ser unha breve introducción ao extenso campo dos bioplásticos, sobre o que pretendo falar en máis detalle. Digamos que é unha guía para os que non estedes moi familiarizados con esta familia de produtos. Cando se fala de bioplásticos, por norma xeral referímonos a polímeros cunha parte do seu contido extraído de fontes naturais e renovables. Algúns deles teñen unha química totalmente nova e outros simplemente son plásticos tan coñecidos como as poliolefinas e los poliuretanos. Hoxe explico os que son químicamente diferentes, outro día falamos de como vellos plásticos se están renovando grazas ás plantas.
Os dous grandes rivais neste momento son o PLA, ácido poliláctico, e os bioplásticos baseados en amidón. Ambos proveñen na súa maior parte do millo, aínda que calquera planta rica en amidón e/ou azucre pode ser unha fonte viable. Tamén comparten a súa capacidade de biodegradación, unha cualidade que ata pouco...
Leer más
As directivas WEEE e RoHS: Como afectaron aos plásticos?
Introdución
Hoxe falarei a como o mercado electrónico está cambiando a súa política desustentabilidade , en boa parte forzado pola lexislación europea. Para entendérmonos, cando falo de produtos electrónicos refírome aos móbiles, ordenadores, reprodutores de DVD e CD, etc.
Un informe do 2007 da Universidade da ONU estimaba que a cantidade de aparellos electrónicos e eléctricos, AEE, posto en 2005 no mercado EU27 foi de 10,3 millóns de toneladas. En 2005 a cantidade de residuos de aparellos electrónicos e eléctricos, RAEE, foi entre 8,3 e 9,1 millóns de toneladas. O mesmo informe prognostica que en 2020 a cantidade de RAEE ascenderá a 12,3 millóns de toneladas.
A cantidade de residuos xerados en Europa e como son estes son tratados conduciu a tres lexislacións europeas: WEEE (ou RAEE), RoHS e REACH, nas súas siglas en inglés. Se non sabedes moito de cómo os residuos electrónicos son tratados en países en vías de desenvolvemento e os riscos que comporta,...
Leer más



