Hai materiais que nos acompañaron ao longo da nosa historia, moitas veces definindoa. Non en van á nosa era poderíaselle chamar a era do silicio, grazas ao que todo se voltou electrónico. Pero antes do silicio houbo outro material que nos axudou a preservar o coñecemento, provocando grandes cambios. Evidentemente, refírome a ese material cuxa temperatura de combustión é o suficientemente importante como para titular novelas: o papel.
Como todo vello coñecido, o papel ten a capacidade de sorprendernos. Hoxe traíovos dous exemplos de usos novos para o papel, máis alá dos libros ou o común pano de mesa. Para empezar, falemos do cartón, é dicir, cando o papel se volve forte grazas á estrutura. O cartón confórmase de papel, pero é moito máis espeso e pódenselle engadir capas intermedias corrugadas para obter maior resistencia. Ofrece múltiples posibilidades para afinar o seu rendemento variando o deseño das devanditas capas, a composición da pasta de papel ou o tratamento...
Leer más



