O 11 de abril Solvay anunciou que pretende comprar Rhodia por €3.000 millóns. Este é o último anuncio nunha longa lista de adquisicións dentro da industria química, nun ano que parece baterá marcas. O número de adquisicións vén motivado por un mercado que se recupera da crise económica e que volve dispor de efectivo tras 3 anos de fortes reaxustes.
Solvay compra Rhodia
Specialty polymers of Solvay. Source: Solvay
Os produtos principais do grupo belga Solvay son o carbonato sódico, o peróxido de hidróxeno e os polímeros especializados. Emprega a 16.800 persoas en 40 países e en 2010 tivo unhas vendas de €7.100 millóns. En febreiro de 2010 finalizouse a venda del negocio farmacéutico a Abbott por €4.500 millóns, o que centrou o seu negocio na parte química e probablemente facilitase a compra de Rhodia. Pola súa banda Rhodia emprega a 14.000 persoas globalmente e en 2010 as súas vendas foron de €5.230 millóns en 2010. A súa estrutura resulta algo complicada xa...
Leer más
Archivo de la categoría: ‘Plástico’
O ano das compras na industria química
Bolsas si ou non?
Hai xa algún tempo que un amigo me pediu que escribise sobre as bolsas de plástico, as alternativas existentes e as diferentes medidas que se tomaron para reducir o seu consumo. Aínda que o plástico está presente en multitude de aplicacións, as bolsas centraron moitos dos ataques dos grupos ambientais e foron obxecto de boicots, prohibicións e campañas para reducir o seu consumo. Ninguén dubida da súa utilidade pero úsanse demasiadas e tíranse moi pronto. As bolsas de plástico son facilmente reemplazables por outro tipo de bolsas ou obxectos que nos permiten traer a compra a casa.
As bolsas máis utilizadas son de polietileno de baixa densidade, un material derivado do petróleo e que non é compostable. Pode reciclarse, pero con grandes dificultades e pouco rendemento económico, polo que non adoita facerse. Isto leva a que as bolsas acaben, no mellor dos casos, nunha incineradora ou nun vertedoiro. No peor dos casos, acaban sendo tiradas no campo ou na auga, contaminando...
Leer más
ANAIP e COFACO crean FEITCAP
ANAIP (Asociación Española de Industriales de Plásticos) e COFACO (Consorcio de Fabricantes de Caucho) acaban de firmar a Acta Fundacional de la FEITCAP, é decir, a Federación Española de Industriales da Transformación de Caucho e Plásticos.
ANAIP e COFACO son dúas das asociacións empresariais máis antigas de España, con 53 e 61 anos respectivamente. Decidiron unir esforzos para intentar contrarrestar os efectos que a crise económica nun sector produtivo moi importante en España. A industria de transformación do plástico e do caucho viu como a súa produción caeu nos 9 primeiros meses de 2009 un 17%, que se une á caída do 12% xa contabilizada en 2008, segundo os Índices de Produción Industrial do INE (Instituto Nacional de Estatística). FEITCAP, a nova federación representa a máis de 4.450 empresas que dan traballo de forma directa a 118.200 persoas, cunha facturación en 2008 superior aos 19.000 millóns de euros, o que equivale ao 1,8% do PIB.
José Antonio de...
Leer más
Activismo anti-plástico?
Xa escribín un par de entradas sobre blogs de diversas persoas que boicotean o plástico, procurando non comprar ningún produto que o conteña. Son unha boa fonte de información sobre as novas tendencias na percepción do plástico, criticando en especial certos usos ridículos ou demasiado masificados. A crise económica fai pensar a algúns analistas que a austeridade entrará nos mercados, diminuíndo a demanda por artigos non esenciais, dando a razón en parte a este movemento de consumismo anti-consumismo. Queda ao voso xuízo o decidir a importancia que poden chegar a ter os blogueiros plástico anti-plástico. Non se pode obviar o feito de que se inspiran e beben doutros movementos, e como moitos activistas, empezan a aproveitarse das redes sociais. Esta entrada pretende exemplificar os seus métodos e como parte das súas ideas xa foron asimiladas por parte da sociedade.
Interésome polos blogs porque me lembran a outras campañas de activismo que aproveitan as novas tecnoloxías...
Leer más
Plásticos, fibras naturais e coches
Levo tempo querendo escribir sobre os materiais que se usan nos coches, e en especial sobre os principais usos do plástico. O sector da automoción está a ser un dos peores afectados na crise e con el sempre caen as empresas auxiliares. Os produtores de coches, fabrican unha pequeñísima parte do seu produto, e en xeral dedícanse a deseñar e ensamblar pezas que outras compañías lles proporcionan, as auxiliares. Se a caída na compra de coches é un problema, a el únese que se están utilizando pezas e materiais que estaban en almacén, reducindo aínda máis a demanda normalmente xerada polo sector automovílistico. Evidentemente espérase que este dobre efecto se vaia reducindo, a medida que se esgotan as reservas. En 2008, o sector da automoción e das materias plásticas foron os dous con maior número de empregados afectados por ES en España, con 39.080 e 11.480 respectivamente (fonte: A voz de Galicia, 16 de febreiro de 2009).
O plástico é fundamental nos coches de hoxe...
Leer más



