MUNDOMATERIAL

Innovación e Materiais

Archivo de la categoría: ‘Plástico’

A enquisa de decembro

Publicado por admin El 28 - April - 2010

Creative Commons License photo credit: respres Estes son os resultados da enquisa de decembro, sobre a auga e como chega a nós. A gran maioría bebe auga da billa de maneira habitual, aínda que tamén hai quen bébea embotellada. Outras formas de poden incluír auga do pozo, de mananciais, de fontes comúns, etc. Sorprendeume ver o pouco uso que fan os meus lectores de sistemas de filtración, como Britta e outros. Se queredes saber máis sobre as botellas de auga, podedes lervos a miña entrada anterior, O presente e o futuro da auga embotellada. Sorry, there are no polls available at the moment. Se os que contestasen a esta enquisa fosen estadounidenses, por exemplo, probablemente houbese máis xente bebendo auga embotellada, xa que segundo parece a calidade da auga da billa deixa bastante que desexar, ou polo menos iso entendo eu polo tipo de respostas que obtiven coa miña pregunta aberta en linkedin. Xa puxen na columna da dereita a nova enquisa esta vez sobre as bombillas, xa... 
Leer más

O presente e o futuro da auga embotellada

Publicado por admin El 28 - April - 2010

Introducción Algúns quizais lembredes unha entrada que escribi sobre blogues boicoteando o plástico. Desde que a escribín subscribinme a algúns deles con RSS e sígoos habitualmente, en especial gústame fixarme en que obxectos de plástico son os máis odiados. Probablemente en primeiro lugar nunha lista dos máis odiados se atoparían as bolsas de plástico, pero seguíndoas de cerca encóntranse as botellas. Hai varios aspectos que converxen nas botellas de plástico, en particular as de auga, facendo delas un branco perfecto para activistas e sendo unha fonte de preocupación para a poboación en xeral. Para empezar, vexamos de que están feitas as botellas. Plásticos comunmente usados nas botellas A maior parte das botellas de plástico que conteñen bebidas están feitas do PET, ou tereftalato de polietileno. O PET é un dos plásticos máis usados, en 2006 consumíronse 3,5 millóns de toneladas só en Europa Occidental. Aínda que o PET úsase noutras aplicacións ademais... 
Leer más

Entrevista a Dardo Arévalo, director de Envases plásticos

Publicado por admin El 19 - April - 2010

Dardo Arevalo Hoxe cambio un pouco o meu formato habitual e publico unha entrevista. O entrevistado é Dardo Arevalo (Uruguay, 1957), director de Envases plásticos. A actividade de Envases plásticos está centrada na consultoría, sobre a lexislación e marco regulador das empresas que fabrican, importan, envasan e comercializan envases non retornables en Uruguai. Ata agora as entradas que escribín sobre envases e o seu tratamento a fin de vida tiveron bastante aceptación, pero coido que ter unha visión do problema fóra de Europa sería tamén interesante. Para iso estou encantada de contar con Dardo, que ademais conta cunha páxina web que vos recomendo, pois publica en formato de blogue, con contido que vai máis alá do meramente corporativo. Como e por que xurdiu a idea de crear Envases plásticos? No ano 2004, decidimos cun grupo de profesionais na área da loxística, química e traballo socialfundar Envases plásticos xa que en decembro dese ano aprobouse a Lei de Envases... 
Leer más

ANAIP e as bolsas de plástico

Publicado por admin El 19 - April - 2010

Cando estaba preparando a entrada Blogues boicoteando o plástico, escribín varios emails a diferentes asociacións relacionadas co plástico, tanto a nivel español como europeo. ANAIP, a asociación española de industriais do plástico, tivo a ben contestarme, aínda que un pouco tarde. Puxen a resposta como un comentario na entrada orixinal, pero pareceume que ben se merece unha entrada e un par de días en portada. Limítome a crear ligazóns alí onde podo, para que vos sexa máis doado acceder a información extra. Sinto non atopar o informe encargado por Cicloplast aínda dubido de se polas miñas propias limitacións ou porque non o fixeron público. Estimada Sra.: Os blogues son un novo sistema de comunicación, e teñen interese. Sobre a respuesta de ANAIP aos ataques ás bolsas de plástico, pode atopalo na nosa páxina web. Na home page, facer clique na nova sobre as bolsas. Na nosa opinión non ten sentido prohibir as bolsas como piden algúns grupos ecoloxistas, xa que... 
Leer más

Coches e bibicletas en Expoquimia

Publicado por admin El 16 - April - 2010

Dúas das miñas entradas máis populares a día de hoxe no blogue están relacionadas co deporte, en particular co traxe de Phelps, Materiais Olímpicos – LZR Racer e cos monopatíns, Skateboards. A idea de facer un artigo sobre os materiais das bicicletas róndame desde fai tempo, así que xa estiven ollando na internet cousas raras sobre bicis (feitas con materiais compostos, rodas sen radios e dunha soa peza, un famoso ciclista que produce bicicletas con liño, etc). Pero ver de cerca unha bici feita de bambú deixoume bastante impresionada. bicicleta de bambú Sorteábaa Garsan, istribuidor de calefactores e vaporizadores. Eu non tiven ocasión de falar con alguén de Garsan, así que quedei coa dúbida de se a bicicleta estaba relacionada dalgunha maneira coa empresa ou se simplemente lles pareceu unha boa idea para chamar a atención. Un proxecto levado a cabo pola Universidade de Columbia estuda a posibilidade de usar bicis de bambú en África como medio de transporte.... 
Leer más

About Me

Lucía Castro Díaz

Soy co-fundadora y coordinadora de Agalip, empresa especializada en soluciones integrales de comunicación que desarrolla proyectos propios y para clientes. También soy consultora empresarial y realizo estudios de mercado, centrados en la industria química y los materiales. Me doctoré en Ciencias Materiales por la Universidad de Oxford y trabajé para Frost & Sullivan como analista. Hablo inglés, francés, español y gallego.

Twitter