Comezo unha serie de entradas que estarán dedicadas a Expoquimia, Equiplast e Eurosurfas. Non decidín aínda a orde nin a organización deses posts. Volvín a casa como todos os curiosos natos coma min que van a este tipo de eventos: con moitísima documentación, tarxetas de xente coa que falaches 5 minutos e impresións sobre a industria química en España.
Por pórvos en situación, os tres salóns son máis de 130.000 metros e 1.100 expositores, así que os que esteades pensando en ir mañá, último día, aconséllovos zapato cómodo. Hai dous pavillóns dedicados a Equiplast. En xeral dedicados a maquinaria de todo tipo. Como a miña formación é no terreo dos polímeros, eu paseimo xenial paseando por Equiplast, pero tamén volo recomendo aos novatos no tema, porque poderán ver máquinas producindo botellas de plástico, bolsas, tapóns, testos e todo tipo de obxectos en plástico. Sorprendeume ver varios exemplos de maquinaria de procesamento de tamaño reducido. A precisión...
Leer más
Archivo de la categoría: ‘Plástico’
Sobre equiplast
Primeiras impresións de Expoquimia
Recén chegada de Barcelona e muy cansadiña, adiántovos unhas fotos de Expoquimia, Equiplast e Eurosurfas (que poderían ter un único nome e aforraríamonos un pouco de tempo todos).
Esta semana irei engadindo perfís dalgúns dos expositores cos que falei e probablemente tocarei algúns dos temas que me interesaron a min, como os plásticos biodegradables/compostables e/ou de contido natural (incluso hidrosolubles, pero xa vos contarei). Tamén me encantou a variedade de tecidos non tecidos (xa, soa raro, pero de verdade que é así, en inglés chámaselle non-wovens). E un montón de maquinaria, plástico reciclado e demais curiosidades. Agora necesito repoñerme de dous días agotadores, pero interesantes.
AKPC_IDS += "2399,";
Read More →
Expoquimia, Equiplast e Eurosurfas
Dentro duns días irei a Barcelona para asistir a tres feiras profesionais: expoquimia, equiplast e eurosurfas. Intentarei aproveitar esta oportunidade para cubrir o evento, dar recensións e esas cousas, aínda que me temo que non podo asistir todos os días por cuestións de traballo. Se hai alguén por aí interesado en tomar un café, pódevos en contacto. As tres feiras prometen ser interesantes. Expoquimia é da industria química en xeral, Equiplast é o salón internacional do plástico e do caucho e Eurosurfas vai sobre pinturas e tratamentos de superficie. Resúmovos algunhas das actividades das dúas primeiras, que son as que máis me interesan.
Expoquimia
exposición Solucións químicas para o cambio climático, procedente da sede do Parlamento Europeo en Estrasburgo
plataforma Lab& Bio: 7.500 metros cadrados adicada á biotecnoloxía e á instrumentación analítica. Tamén Biochem Seminar Theatre, para establecer contactos dentro do sector da biotecnoloxía
xornadas...
Leer más
Directiva de vehículos ao fin da súa vida útil ou ELV
source: www.freefoto.com
Xa falei da directiva RAEE, relacionada cos residuos de equipo eléctrico e electrónico na miña entrada do 6 de agosto. Hoxe discutirei outra directiva relacionada con residuos, a que trata dos vehículos, directiva 2000/53/EC, amén chamada a directiva ELV, polas súas siglas en inglés (End of life vehicles). Como a directiva RAEE, a directiva ELV promove a redución de residuos en orixe, fixos obxectivos de recuperación e reciclaxe que aumentan progresivamente e fai responsables aos produtores de vehículos. Os obxectivos fixados na directiva son como seguen:
2006: 85% en peso debe ser reempregado ou recuperado e polo menos 80% reempregado ou reciclado
2015: 95% en peso debe ser reempregado ou recuperado e polo menos 85% reempregado ou reciclado.
Estas altas porcentaxes non foron escollidas aleatoriamente. Antes da introdución da directiva, un 75% do peso dun coche xa era reciclado, xa que o contido en metal supera o 80%. Esta porcentaxe diminúe nos últimos...
Leer más
Blogues boicoteando o plástico
Esta entrada é unha continuación de Un mes sin plástico. Desde que a escribín, a Chris Jeavans foille bastante ben. Aprendeu e aplicado algunhas das dinámicas do movemento downsizing ou consumismo anti-consumismo, que promove a redución de tódolos produtos consumidos. Un exemplo de consumismo anti-consumismo atopámolo no blogue dun neoiorquino, No impact man. No seu caso caso o plástico non é o único sospeitoso e o autor intenta reducir o seu impacto medioambiental a cero. Un grande reto. Algunhas das regras do consumismo anti-consumismo son:
sé consciente do impacto do que consumes
sé determinado
mide o teu progreso
dille a outros como facelo
Todos estes pasos parécense moito aos que toma unha persoa cando está a dieta. Chris Jeavans analizou novos produtos, como zapatos, embalaxe cárnico e cosméticos. Pero máis importante aínda, fixo bastantes amigos. Resulta que non está soa en absoluto na súa renuncia ao plástico. Hai uns cantos blogueiros aí fóra explicando...
Leer más



