MUNDOMATERIAL

Innovación e Materiais

Archivo de la categoría: ‘Medioambente’

TPE Renovables

Publicado por admin El 9 - April - 2010

Os plásticos elastómeros, ou TPE, merecen un artigo por si sos, xa que son unha familia de polímeros algo descoñecida. Hai unha introdución moi boa na Wikipedia – thermoplastic elastomer, para os que nonos coñezades  demasiado e queirades saber máis. Aproveito para recomendarvos Wikipedia como fonte rápida de información sobre materiais. Aínda que algunhas das entradas son verdadeiros compendios de saber, tede coidado porque outras son case páxinas corporativas. Volvendo ao tema, os TPE teñen propiedades de goma e termoplástico a un tempo. Esta combinación de propiedades conséguese mediante mesturas físicas de elastómeros e termoplásticos ou mediante copolímeros. Os elastómeros clásicos son termosets e o tipo de ligazón que os reticula (crosslink) é unha ligazón covalente creado durante a vulcanización. Os TPE reticúlanse grazas a ligazóns máis febles ou ligazóns creadas só nunha das súas fases. Na seguinte táboa podedes ver... 
Leer más

Os vellos plásticos renóvanse

Publicado por admin El 9 - April - 2010

Como xa mencionei no meu post Bioplásticos, existen dous grandes tipos de plásticos renovables: Composición nova a plásticos derivados do petróleo Idéntica composición a plásticos xa existentes no mercado e derivados do petróleo Hoxe vou contarvos que se está facendo para renovar vellos plásticos grazas aos recursos naturais. As compañías involucradas na produción destes plásticos teñen moi claro cal é a maior vantaxe con respecto dos demais bioplásticos: a substitución directa. Como copian a composición de plásticos tan estendidos como o polietileno ou o poliuretano, afórranlle aos usuarios ter que adaptar os seus procesos, sexa deseño ou maquinaria. Por outra banda, só teñen que vendelo coma un produto mellorado, de valor engadido, en mercados xa existentes. Gran parte da tarefa de produtores de bioplásticos consistiu ata fai pouco en explicar o seu produto e encontrar aplicacións, máis que vendelo. Por esta razón grande produtora de poliolefinas xa fixeron... 
Leer más

Bioplásticos

Publicado por admin El 26 - March - 2010

Antes de comezar, aclarar que este post intenta ser unha breve introducción ao extenso campo dos bioplásticos, sobre o que pretendo falar en máis detalle. Digamos que é unha guía para os que non estedes moi familiarizados con esta familia de produtos. Cando se fala de bioplásticos, por norma xeral referímonos a polímeros cunha parte do seu contido extraído de fontes naturais e renovables. Algúns deles teñen unha química totalmente nova e outros simplemente son plásticos tan coñecidos como as poliolefinas e los poliuretanos. Hoxe explico os que son químicamente diferentes, outro día falamos de como vellos plásticos se están renovando grazas ás plantas. Os dous grandes rivais neste momento son o PLA, ácido poliláctico, e os bioplásticos baseados en amidón. Ambos proveñen na súa maior parte do millo, aínda que calquera planta rica en amidón e/ou azucre pode ser unha fonte viable. Tamén comparten a súa capacidade de biodegradación, unha cualidade que ata pouco... 
Leer más

As directivas WEEE e RoHS: Como afectaron aos plásticos?

Publicado por admin El 6 - August - 2008

Introdución Hoxe falarei a como o mercado electrónico está cambiando a súa política desustentabilidade , en boa parte forzado pola lexislación europea. Para entendérmonos, cando falo de produtos electrónicos refírome aos móbiles, ordenadores, reprodutores de DVD e CD, etc. Un informe do 2007 da Universidade da ONU estimaba que a cantidade de aparellos electrónicos e eléctricos, AEE, posto en 2005 no mercado EU27 foi de 10,3 millóns de toneladas. En 2005 a cantidade de residuos de aparellos electrónicos e eléctricos, RAEE, foi entre 8,3 e 9,1 millóns de toneladas. O mesmo informe prognostica que en 2020 a cantidade de RAEE ascenderá a 12,3 millóns de toneladas. A cantidade de residuos xerados en Europa e como son estes son tratados conduciu a tres lexislacións europeas: WEEE (ou RAEE), RoHS e REACH, nas súas siglas en inglés. Se non sabedes moito de cómo os residuos electrónicos son tratados en países en vías de desenvolvemento e os riscos que comporta,... 
Leer más

About Me

Lucía Castro Díaz

Soy consultora empresarial y realizo estudios de mercado, centrados en la industria química y los materiales. Puedes saber más sobre Agalip, mi empresa, en nuestra web corporativa http://agalip.es/ Me doctoré en Ciencias Materiales por la Universidad de Oxford y trabajé para Frost & Sullivan como analista. Hablo inglés, francés, español y gallego.

Twitter