MUNDOMATERIAL » Reciclaxe

Directiva de vehículos ao fin da súa vida útil ou ELV
source: www.freefoto.com

Xa falei da directiva RAEE, relacionada cos residuos de equipo eléctrico e electrónico na miña entrada do 6 de agosto. Hoxe discutirei outra directiva relacionada con residuos, a que trata dos vehículos, directiva 2000/53/EC, amén chamada a directiva ELV, polas súas siglas en inglés (End of life vehicles). Como a directiva RAEE, a directiva ELV promove a redución de residuos en orixe, fixos obxectivos de recuperación e reciclaxe que aumentan progresivamente e fai responsables aos produtores de vehículos. Os obxectivos fixados na directiva son como seguen:

2006: 85% en peso debe ser reempregado ou recuperado e polo menos 80% reempregado ou reciclado

2015: 95% en peso debe ser reempregado ou recuperado e polo menos 85% reempregado ou reciclado.

Estas altas porcentaxes non foron escollidas aleatoriamente. Antes da introdución da directiva, un 75% do peso dun coche xa era reciclado, xa que o contido en metal supera o 80%. Esta porcentaxe diminúe nos últimos modelos, a medida que máis plásticos son usados. Como a directiva aumenta a porcentaxe en peso que debe ser reciclado, forza aos recicladores a recuperar outros materiais, ademais do metal.

A directiva ELV, ou directiva 2000/53/EC, é parecida en formulación á directiva RAEE, xa que toca case todos os aspectos da vida útil dun coche, canda á súa eliminación. Unha vez máis, a responsabilidade dos refugallos é dos produtores de coches, e é a súa obriga tomar os pasos necesarios para reducir a produción de residuos e financiar os sistemas de recollida e tratamento. Para iso deben reducir o uso de substancias perigosas e desde 2003 os vehículos non poden conter mercurio, cromo hexavalente, cadmio ou chumbo. A reciclaxe ha de ser considerada polos produtores desde o deseño, xa que a directiva di que o desmantelamento, reutilización, recuperación e o reciclado deben ser facilitados polos produtores. Isto é, calquera cousa menos que acabe no vertedeiro – legal ou ilegal.

Antes de reciclar un coche hai que extraer calquera substancia que poida ser nociva para a saúde, para que poida ser tratada separadamente. Os produtores de coche deben prover aos recicladores coas instrucións necesarias para facelo. As operacións de descontaminación de vehículos ao final da súa vida útil, tal e como se recollen na directiva, son as seguintes:

retirada de baterías e depósitos de gas licuado

retirada ou neutralización de compoñentes potencialmente explosivos (por exemplo, airbags)

retirada, así como recollida e almaceamento por separado, de combustibles, aceite de motor, aceite de transmisión, aceite da caixa de cambios, aceite hidráulico, líquido refrixerante, anticonxelante, líquido de freos, fluído dos aparatos de aire acondicionado e calquera outro fluído que conteñan os vehículos ao final da súa vida útil a menos que sexa necesario para a reutilización dos compoñentes de que se trate

retirada, sempre que sexa viable, de todos os compoñentes nos que se determinase un contido en mercurio

Ata agora o vehículo triturábase tras estas operacións. Pero a directiva ELV vai máis alá e propón unha serie de tratamentos para facilitar o reciclado doutros compoñentes e materiais.

retirada de catalizadores

retirada de los elementos metálicos que conteñan cobre, aluminio e magnesio

retirada de neumáticos e compoñentes plásticos de gran tamaño (por exemplo, parachoques, salpicadeiros, depósitos de fluídos, etc.)

retirada de vidro

Os plásticos e compoñentes de metal que conteñan cobre, aluminio e magnesio poden ser retirados durante o proceso de trituración ou fragmentación. Neses casos pódese evitar a retirada das partes, que é sempre a etapa da reciclaxe que máis tempo leva e polo tanto a máis custosa. A reciclaxe de plásticos éstáse volvendo máis rendible, xa que os novos coches teñen pezas plásticas de maior tamaño, que son recuperadas con facilidade, obtendo máis peso con menos esforzo. O sector da automoción representa un 8% do mercado do plástico en Europa, é dicir, case 4 millóns de toneladas no 2006, segundo PlasticsEurope. Porén, só un 10% do plástico nos coches era reciclado nese mesmo ano. Esta porcentaxe, xa baixa de por si, vólvese máis sangrante se temos en conta que os coches son un dos poucos residuos que xa contan cunha infraestrutura de recolleita selectiva en funcionamento desde hai anos.

Calquera relacionado coa reciclaxe sabe que encontrar un mercado para os materiais reciclados pode ser a parte máis difícil do negocio. Esta é a razón principal, xunto a problemas técnicos solucionables, pola que se recicla pouco plástico. Haberá máis reciclaxe cando se volva realmente rendible, estou segura. Por esta razón a directiva pide aos produtores que aumenten as cantidades de materiais reciclados nos seus vehículos, para crear unha demanda no mercado.

Encantaríame contar coa opinión de aqueles de vós que reciclades coches, para ter información de primeira man sobre o negocio. Mentres tanto, botádelle unha boa ollada ao voso coche e decatarédesvos de que hai moitas cousas nel que xa non son de metal (nin no motor!)

Europa, residuos e lexislación
Introdución

Síenteste perdido respecto do estatus legal do teu lixo? Creme, non estás so. A Unión Europea ten moitas directivas que lexislan o tema dos residuos. Así presenta a UE o tema dos residuos na súa páxina web, http://europa.eu:

Cada ano prodúcense case dous mil millóns de toneladas de residuos nos Estados membros, incluídos residuos especialmente perigosos, e esta cifra non deixa de aumentar. A almacenaxe destes residuos non é unha solución sostible e a súa destrución non resulta satisfactoria debido aos refugallos que se producen como derivados e aos residuos moi concentrados e contaminantes. A mellor solución segue a ser previr a produción de residuos e en reintroducirlos no ciclo de produción mediante o reciclado dos seus compoñentes cando existan solucións sostibles desde os puntos de vista ecolóxico e económico.

Se estades interesados en residuos e lexislación europea, esta é a ligazón pola que deberías empezar: Europa – Xestión dos residuos. A nai de todas as directivas sobre residuos, a que senta as bases legais para as demais, é a directiva 2006/12/CE. Para os que non estedes familiarizados coas directivas, os primeros números corresponden ao ano en que se aprobaron (2006) neste caso. As siglas CE significan que foron aprobadas pola Comisión Europea. Se as siglas son CEE o órgano que as aprobou foi o Consello. Atopar o texto dunha directiva una vez se ten o nome é relativamente fácil. Eu búscoas con google, introducindo o nome, e nunca falla.

A directiva 2006/12/CE busca reducir a cantidade de residuos producidos en Europa. Entre os seus obxectivos tamén se encontran promover a reciclaxe e reducir a cantidade de lixo que acaba en vertedoiros. O termo medio entre a reciclaxe e o vertedeiro parece ser a incineración con recuperación de enerxía, que é máis barato que reciclar e menos daniño para o medio ambiente que a vertedura. Non se obtén ningún material da incineración, obviamente, así que non limita o noso consumo de materias primas, como fai a reciclaxe.

Todos os residuos poden ser clasificados en catro categorías, que son rexidas por directivas diferentes:

Residuos perigosos: directiva 91/689/CEE

Residuos xerados pola actividade humana (encántame o escolleron para este, realmente reduce as posibilidades), que inclúe residuos de minaría, desmantelamento de barcos, dióxido de titanio, lodos, etc

Residuos e substancias radioactivas

Residuos xerados polos bens de consumo

Aínda que todas as categorías son interesantes, voume a centrar un pouco na de residuos xerados polos bens de consumo, que son os máis xerais. Estes divídense nas seguintes categorías:

envases: directiva 2004/12/CE

PCBs e PCTs: directiva 96/59/CE

Pilas e acumuladores: directiva 2006/66/CE

aceite: directiva 75/439/CEE

vehículos: directiva 2000/53/CE

aparatos eléctricos e electrónicos, AEE: directiva 2002/96/CE

Os PCB e PCT necesitan unha directiva especial, xa que representan un perigo para a saúde e o medio ambiente. Foron utilizados masivamente como refrixerantes en neveiras e agora acumúlanse nos nosos vertedoiros mentres intentamos desfacernos deles de xeito seguro, o cal supuxo un reto tecnolóxico. A directiva 96/59/CE dá directrices de cómo deben recollerse, almacenarse e finalmente desbotarse estas sustancias.

De forma semellante, a Comisión europea fixou porcentaxes máximos para o contido de mercurio ou cadmio nas pilas e acumuladores na directiva 2006/66/CE, ao tempo que promovía a reciclaxe e eliminación segura dos que xa se encontran no mercado. Outros grupos especiais de residuos son os aceites, rexidos pola directiva 75/439/CEE.

Se queredes saber máis sobre a directiva RAEE, sobre residuos de aparellos electrónicos e eléctricos, anímovos a consultar o meu post sobre ela e a súa relación con RoHS e REACH. Sobre as directivas relacionadas cos envases e os coches espero poder escribir pronto en detalle, xa que afectan directamente ao plástico.

Xerga moi importante

Para entender os requirimentos das directivas de residuos en xeral, hai que coñecer o argot, o que significan os termos máis importantes, así que aí vai esta lista:

recollida

Calquera tipo de residuo debe ser recollido separadamente doutro e almacenado de maneira segura ata que sexa tratado. Por toda europa creáronse sistemas de recollida para as cousas máis diversas, desde pilas ata coches. Recoller e almacenar residuos é de por si un negocio hoxe en día. As novas directivas fan responsables aos produtores da recollida, que teñen que organizar e pagar (en moitos casos subcontratados, claro).

reutilización

Un produto ou algunha das súas partes é reusado sen tratamento químico ou físico. Esta é sen dúbida a mellor opción, pero resulta difícil hoxe en día saber que cantidade dos nosos residuos é reempregada antes de ser descartada definitivamente. As iniciativas privadas ou particulares son as máis exitosas á hora de promover a reutilización, como é o caso de proxectos que envían móbiles ou ordenadores a países en vías de desenvolvemento, dandolles unha vida nova.

reciclaxe

Unha gran variedade de materiais pode ser recuperada dos nosos residuos e mediante un tratamento físico ou químico, voltar ser usados na cadea de produción. A forma máis común de reciclaxe é a física, en que non existe un tratamento químico. Existen moitas discusións a nivel europeo para decidir se a reciclaxe química dos plásticos, polo que os plásticos se transforman de novo en monómeros que poden ser usados para producir plásticos de novo, é ou non reciclaxe. Cando a Unión europea fixa un obxectivo de reciclaxe, normalmente unha porcentaxe mínima de peso que debe ser reciclado para unha categoría, inclúese nel a reciclaxe e a reutilización, xa que esta segue a ser a mellor opción.

Incineración con recuperación de enerxía

Os residuos que non son reciclados ou reempregados so poden acabar en dous sitios, ou vértense ou quéimanse. Se os residuos van ser queimados, polo menos recuperemos algo deles, é dicir, enerxía. A vantaxe deste método é obvia: é barato. Non hai necesidade de separar os residuos e a tecnoloxía para facer os incineradores seguros xa existe, aínda que non sempre sexa utilizada. En contra, pois que non se recupera ningún material, polo que novos materiais teñen que ser producidos.

valorización

Neste saco cabe todo aquilo que non sexa verter os residuos. A reutilización, a reciclaxe e a incineración con recuperación de enerxía contan á hora de acadar un obxectivo de valorización.

vertido

ben, pois todo o que non é valorado é unha vertedura. Este pode ser en vertedoiros legais ou incontrolados, que son, de lonxe, a peor opción.

Conclusión

As directivas relacionadas cos residuos de bens de consumo tenden a ter obxectivos diferenciados de reciclaxe e valorización, para evitar o uso masivo da incineración. Ata agora a maior parte dos obxectivos de reciclaxe obtíñanse reciclando o metal, que segue a ser o grupo de material máis rendible de reciclar. Novos obxectivos máis esixentes na reciclaxe de coches e equipos electrónicos forzarán a reciclar plástico e outros materiais, o cal se está convertendo nunha poderosa razón para o desenvolvemento de novas tecnoloxías de reciclaxe en Europa. Estas novas tecnoloxías da reciclaxe merécense unha entrada, que prometo farei. Pero creo que antes tocará algunha sobre a reciclaxe de coches, envases ou plásticos.

Fontes

Unión Europea

Xestión de residuos na Unión Europea

directiva de residuos: 2006/12/CE

residuos perigosos: 91/689/CEE

pilas e acumuladores: 2006/66/CE

PCB e PCT: 96/59/CE

aceite: 75/439/CEE

RAEE: 2002/96/CE

ELV (vehiculos): 2000/53/CE

envase: 2004/12/CE

Blogues boicoteando o plástico
Esta entrada é unha continuación de Un mes sin plástico. Desde que a escribín, a Chris Jeavans foille bastante ben. Aprendeu e aplicado algunhas das dinámicas do movemento downsizing ou consumismo anti-consumismo, que promove a redución de tódolos produtos consumidos. Un exemplo de consumismo anti-consumismo atopámolo no blogue dun neoiorquino, No impact man. No seu caso caso o plástico non é o único sospeitoso e o autor intenta reducir o seu impacto medioambiental a cero. Un grande reto. Algunhas das regras do consumismo anti-consumismo son:

sé consciente do impacto do que consumes

sé determinado

mide o teu progreso

dille a outros como facelo

Todos estes pasos parécense moito aos que toma unha persoa cando está a dieta. Chris Jeavans analizou novos produtos, como zapatos, embalaxe cárnico e cosméticos. Pero máis importante aínda, fixo bastantes amigos. Resulta que non está soa en absoluto na súa renuncia ao plástico. Hai uns cantos blogueiros aí fóra explicando como é vivir sen plástico. Témome que as ligazóns están en inglés, pero vaga a pena:

leave only footprints

avoiding plastic

plastic is forever

fake plastic fish

life less plastic

living plastic free

plasticless

Estou segura de que hai máis que eu non vin, así que mandádeme as vosas suxerencias. Se atopades algún en español, sería perfecto.

É difícil cuantificar a magnitude do que parece ser unha pequena parte dun movemento maior. Sen embargo, o número de xente facéndoo neste momento e contándonos as súas historias é suficiente para comezar a convencer a outros de cambiar algunhas actitudes fronte ao plástico. Todos estes blogues teñen un claro propósito educacional, cuxos autores non so pretenden controlar o seu propio impacto na natureza, senón tamén axudar aos demáis a facelo. Para elo unha grande parte do seu contido céntrase en dar consellos prácticos e moitísima información sobre o ciclo de vida dos plásticos.

Outra forma de deixar o plástico é unirse a unha comunidade na rede. Celsias, por exemplo, é unha páxina onde persoas, grupos e incluso as compañías poden comprometerse a facer calquera acción que preveña o cambio climático. Isto si é activismo, traído da rúa á Internet. Unha vez máis – para este post non tiven moita sorte – en inglés, pero recoméndovos que botedes unha ollada ao tipo de proxectos ou accións que se están a facer. As que eu atopar relacionadas co plástico son as seguintes:

actions against plastics

projects against plastics

Aínda que as persoas escribindo os blogues non están asociadas entre si, existen puntos comúns nas súas experiencias. Para empezar, as regras son bastantes similares ás do blogue de Chris Jeavans: non se pode consumir plástico novo, o que xa se ten pódese seguir utilizando. Algúns dos outros blogues tamén teñen vidas finitas, pero outros admiten que agora non soportarían usar unha bolsa de plástico.

A maioría deles empezaron a plantexarse a idea de deixar o plástico por pura rabia. Para os autores de leave only footprints, foron as bolsas de plástico colgando das árbores. Para Beth Therry, autora de fake plastic fish foi o darse conta da cantidade de artigos plásticos desbotables que tiraba. Estes dous comezos xa nos dan idea do maior inimigo destes bloggers: artigos desbotables e embalaxe inútil. Non vin demasiadas críticas cara aos plásticos usados en artigos electrónicos, por exemplo, que son bens duradeiros. Os plásticos máis odiados son o PVC e o poliestireno, PS. O artigo máis odiado é a bolsa de plástico desbotable, aínda que nada irrita máis aos activistas que unha embalaxe ridícula ou superflua. Como Chris Jeavans nos comenta no seu post do 27 de agosto:

Dubido que chegue a entender un limón envolto en plástico por exemplo (¿acaso a naturaleza non fixo xa ese traballo bastante ben?)

Decidín falar un pouco destes blogues porque creo que son unha advertencia para a industria plástica sobre o cambio de actitude dalgúns consumidores. Finalmente parece que máis xente informada está facendo preguntas terriblemente lóxicas. Como por exemplo, por que, se existen tantas alternativas, non se recicla o plástico? Temos que consumir só porque podemos?

Preguntas demasiado grandes para que eu as conteste. Por eso lles pedín aos blogueiros e a algunhas asociacións europeas relacionadas co plástico que me den a súa opinión. Por suposto, tamén vos convido a todos vós a facer o propio.

As directivas WEEE e RoHS: Como afectaron aos plásticos?
Introdución

Hoxe falarei a  como o mercado electrónico está cambiando a súa política desustentabilidade , en boa parte forzado pola lexislación europea. Para  entendérmonos, cando falo de produtos electrónicos refírome aos móbiles,  ordenadores, reprodutores de DVD e CD, etc.

Un informe do 2007 da Universidade da ONU estimaba que a  cantidade de aparellos electrónicos e eléctricos, AEE, posto en 2005 no  mercado EU27 foi de 10,3 millóns de toneladas. En 2005 a cantidade de  residuos de aparellos electrónicos e eléctricos, RAEE, foi entre 8,3 e  9,1 millóns de toneladas. O mesmo informe prognostica que en 2020 a  cantidade de RAEE ascenderá a 12,3 millóns de toneladas.

A cantidade de  residuos xerados en Europa e como son estes son tratados conduciu a tres  lexislacións europeas: WEEE (ou RAEE), RoHS e REACH, nas súas siglas en  inglés. Se non sabedes moito de cómo os residuos electrónicos son  tratados en países en vías de desenvolvemento e os riscos que comporta,  botádelle unha ollada ás ligazóns ao final deste post, na categoría Outros.

WEEE directive, Waste electrical and electronic equipment, 2002/96/EC

Directiva RAEE, Residuos de aparatos eléctricos e electrónicos, 2002/96/EC

Esta directiva, á que me referirei polas súas siglas en ingles, WEEE, pon obxectivos  para a recollida, reciclaxe e recuperación de todo tipo de AEE. Grazas a  esta directiva, os produtores de AEE son responsables dos seus  produtos, incluso cando acaba a súa vida útil. A maioría dos produtores  decidiron unirse a sistemas de xestión nacional, que adoitan ser  organizacións sen ánimo de lucro ou fundacións que xestionan os residuos  por unha cota. Algúns produtores decidiron crear asociacións propias,  como é o caso de ERP Recycling. Neste caso, os  produtores reciclan e xestionan os seus propios produtos. Polo tanto  deberían ser recompensados a longo prazo polos cambios que efectúan  agora nos seus produtos para facilitar a reciclaxe.

RoHS directive, Restriction of the use of certain hazardous substances in electronic equipment, 2002/95/EC

Directiva RoHS, Restrición do uso de certas substancias perigosas en equipo electrónico, 2002/95/EC

A Comunidade  Europea é consciente de que produtos consumidos en Europa acaban noutros  países, como China e a India, onde as condicións de reciclaxe e  tratamento non están correctamente lexisladas. O contido tóxico presente  na gran parte dos aparellos electrónicos adoita ser reciclado por  traballadores sen protección polo que acaban envelenandose. Por isto, e tamén  polos riscos para usuarios Europeos, redactouse a directiva RoHS. Limita o uso dos seguientes materiais perigosos:

Chumbo

Mercurio

Cadmio

Cromo hexavalente

Bifenil      polybrominado, PBB

Difenil      polybrominado, PBDE

A substitución  destas substancias deu lugar a novas tecnoloxías e alternativas, xerando  un clima de competición na industria europea. Tamén é interesante  considerar o efecto que teñen ambas as dúas directivas en compañías fóra  de Europa, xa que a lexislación se lles aplica igual se os seus  produtos acaban aquí.

REACH Regulation, Registration, evaluation, authorisation and restriction of chemical substances, EC 1907/2006

Regulación REACH, Rexistro, avaliación, autorización e restricción do uso de substancias químicas, EC 1907/2006

REACH fai responsables  aos produtores e importadores de substancias químicas de obter  información sobre os seus produtos e rexistrara nunha base de datos  centrais. Algo peculiar ocorre cando lle explico a alguén de que vai REACH. Se falo cos meus amigos ou familia, a resposta adoita ser: Cómo  que teñen que facer probas ás substancias químicas? Iso non se fai xa?  Evidentemente se a discusión é de traballo, a contestación é: Isto  matará a pequena empresa. As dúas contestacións son lóxicas, pero eu  prefiro estar segura e que as substancias químicas sexan analizadas  antes de entrar no mercado. Tampouco é coma se nunca nos equivocásemos no  pasado con respecto do perigo para a saúde que supón un produto  químico, Porén, supón un gran esforzo para a industria química e por iso REACH será implementado en fases durante 11 anos.

Deseño sustentable

Antes de que os  produtos electrónicos se convertan en residuos, incluso antes de que  sexan postos no mercado, moitas cousas pódense facer para diminuír o seu  impacto negativo na saúde e o medio ambiente. O primeiro, por suposto, é  conseguir que o produto cumpra as dúas directivas, RoHS e WEE. Isto  significa que todas as substancias cubertas por RoHS teñen que ser  substituídas. Os cambios que se necesitan en materiais e tecnoloxías  para eliminar o chumbo das soldaduras, por exemplo, merecen un post. Eu  centrareime máis adiante na substitución dos retardantes de chama  brominados.

Outras cuestións  que os deseñadores teñen que ter en conta á hora de deseñar un novo  produto electrónico para que sexa máis sostible son:

redución do consumo de enerxía

redución do peso

redución no uso de embalaxe ou no impacto que este ten

etiquetado claro dos materiais, especialmente dos perigosos.

pezas de plástico que pesen máis de 25 gr han de ser marcadas

redución na variedade de materiais

produtos fáciles de desmantelar, o que se consigue evitando pezas      pequenas ou usando un so tipo de tornillo

eliminación de tratamentos que non son compatibles coa reciclaxe,      como pinturas e/ou etiquetas

aumentar o contido de material reciclable ou de pezas reusables,      para que a reciclaxe sexa rentable

aumentar a vida útil do produto, a través de deseño modular ou facendo produtos máis resistentes

A maioría dos  puntos da anterior lista son bastantes obvios. Tampouco son novos para  os produtores de aparellos electrónicos. Pero só agora, cando se  volveron responsables da reciclaxe e tratamento dos seus produtos,  empezaron a aplicalos.

Os plásticos nos trebellos electrónicos

Os trebellos eléctricos e electrónicos, AEE, representan un 6% do volume de plástico usado en Europa, segundo o informe anual de 2007 de PlasticsEurope. O contido medio  de plástico nos RAEE é dun 30%, pero espérase que medre a medida que  produtos novos convértense en residuos. Os plásticos máis comunmente  usados nos AEE son termoplásticos, como PS, PP, ABS ou PC.

Aínda que moitos  outros son tamén usados, a variedade de plásticos atopados en AEE é  relativamente pequena se se compara con outras aplicacións, como  embalaxe.

A directiva WEEE  establece os seguintes obxectivos para tratamento de residuos de  aparellos electrónicos:

65%: reutilización e/ou reciclaxe, sexa químico ou mecánico

75%: recuperación, incluíndo reciclaxe e incineración con recuperación      de energía

É dicir, o  plástico presente nos RAEE debe ser reciclado ou recuperado polo menos  en parte para acadar os obxectivos marcados pola lexislación. Os  termoplásticos usados en EEE adoitan ter un valor máis elevado que o PE  ou o PET, usados en embalaxe, e polo tanto a reciclaxe debería ser máis  rendible. No entanto, cando se compara coa reciclaxe de coches resulta menos  económico xa que as pezas obtidas son máis pequenas. Probablemente o  maior desafío tecnolóxico ao que se enfrontan os recicladores é o de  eliminar as substancias tóxicas prohibidas na directiva RoHS. Isto  resulta necesario pois doutra forma os plásticos reciclados obtidos non  poderían ser vendidos en Europa, xa que non cumprirían a directiva RoHS.

Con case 3  millóns de toneladas de plástico usado nos EEE en Europa, a industria  viuse forzada a adaptarse con prontitude ás novas necesidades instigadas  pola lexislación. Aquelas compañías que desenvolveron tecnoloxías e  materiais conformes á directiva RoHS teñen unha vantaxe competitiva, xa  que os produtores de EEE necesitan cambiar de materiais.

Unha das  materias con maior competitividade é a retirada do mercado de PBB e  PBDE, retardantes de chama brominados. Neste momento, os seguintes  produtores de aditivos venden alternativas a estes compostos (Fonte: Ministerio Danés de Medioambiente, 2006):

Ciba Specialty Chemicals

Clariant

Italmatch      Chemicals

Martinswerk

Nabaltec

Supresta

Por suposto,  tamén existen produtores e distribuidores de plástico que ofrecen graos  especiais sen PBB ou PBDE para o mercado electrónico. Pero como xa  mencionei anteriormente, cada unha das substancias na lista de RoHS  provocou o desenvolvemento de novas solucións, xerando bastantes cambios  no mercado. É doado que ocorra un cambio de poder na industria cando os  cambios lexislativos son tan esixentes como estes, xa que os  participantes tenden a adaptarse a diferentes ritmos.

O tema é  realmente moi amplo, con moitas tecnoloxías que poderían analizarse. Se  tedes algunha preferencia, non dubidedes en facermo saber. Eu pola miña  parte intentarei facer un post sobre o plástico reciclado canto antes.  Mentres tanto, divertídevos visitando algunhas das ligazóns a continuación  para saber máis deste tema:

Lexislación

WEEE legislation – European commission

WEEE directive – European commission

RoHS directive – European commission

REACH Regulation – Europan commission

2008 Review of Directive 2002/96 on Waste Electrical and Electronic Equipment(WEEE) – UN University

Trebellos electrónicos ecolóxicos

How to green your electronics – Treehugger

Buy green, laptops – Treehugger

Buy green desktop computers – Treehugger

Guide to greener electronics – Greenpeace

Outros enlaces de interese

EPEAT criteria list

Recycling of Electronic Waste in India and China – Greenpeace

Poisoning the poor – Electronic waste in Ghana

Chemical contamination at e-waste recycling and disposal sites in Accra and Korforidua, Ghana

photo credit: Raveesh Vyas