O 2 de Setembro o centro para a industria do poliuretano, Center for the Polyurethanes Industry (CPI) pertencente ao American Chemistry Council (ACC) anunciou os 8 finalistas para os premios de innovación, que serán escollidos polos asistentes durante a conferencia técnica “Polyurethanes 2008 Technical Conference”. Os premios están divididos en tres categorías:
química: Merquinsa, Ashland Performance Materials y BASF
equipo de procesamento: Graco e KrausMaffei
produtos acabados: Acma Industries, BASF e co-finalistas Fenner Precision e HP Labs
Quizabes lembredes que na miña entrada do 21 de xullo, TPE Renovabales, xa falei de Merquinsa e o produto pola que foi nomeada, Pearlthane® ECO, termopoliuretanos con ata un 90% de contido renovable. BASF tamén esta nomeada pola súa introdución de contido renovable, pero en escuma de poliuretano, a través da súa liña de polioles naturais BALANCE. A terceira nomeada, Ashland Performance Materials, presenta un novo adhesivo...
Leer más
Archivo de la categoría: ‘Renovable’
Merquinsa finalista en premios de innovación por Pearlthane ECO
TPE Renovables
Os plásticos elastómeros, ou TPE, merecen un artigo por si sos, xa que son unha familia de polímeros algo descoñecida. Hai unha introdución moi boa na Wikipedia – thermoplastic elastomer, para os que nonos coñezades demasiado e queirades saber máis. Aproveito para recomendarvos Wikipedia como fonte rápida de información sobre materiais. Aínda que algunhas das entradas son verdadeiros compendios de saber, tede coidado porque outras son case páxinas corporativas.
Volvendo ao tema, os TPE teñen propiedades de goma e termoplástico a un tempo. Esta combinación de propiedades conséguese mediante mesturas físicas de elastómeros e termoplásticos ou mediante copolímeros. Os elastómeros clásicos son termosets e o tipo de ligazón que os reticula (crosslink) é unha ligazón covalente creado durante a vulcanización. Os TPE reticúlanse grazas a ligazóns máis febles ou ligazóns creadas só nunha das súas fases.
Na seguinte táboa podedes ver...
Leer más
Os vellos plásticos renóvanse
Como xa mencionei no meu post Bioplásticos, existen dous grandes tipos de plásticos renovables:
Composición nova a plásticos derivados do petróleo
Idéntica composición a plásticos xa existentes no mercado e derivados do petróleo
Hoxe vou contarvos que se está facendo para renovar vellos plásticos grazas aos recursos naturais.
As compañías involucradas na produción destes plásticos teñen moi claro cal é a maior vantaxe con respecto dos demais bioplásticos: a substitución directa. Como copian a composición de plásticos tan estendidos como o polietileno ou o poliuretano, afórranlle aos usuarios ter que adaptar os seus procesos, sexa deseño ou maquinaria. Por outra banda, só teñen que vendelo coma un produto mellorado, de valor engadido, en mercados xa existentes. Gran parte da tarefa de produtores de bioplásticos consistiu ata fai pouco en explicar o seu produto e encontrar aplicacións, máis que vendelo.
Por esta razón grande produtora de poliolefinas xa fixeron...
Leer más
Bioplásticos
Antes de comezar, aclarar que este post intenta ser unha breve introducción ao extenso campo dos bioplásticos, sobre o que pretendo falar en máis detalle. Digamos que é unha guía para os que non estedes moi familiarizados con esta familia de produtos. Cando se fala de bioplásticos, por norma xeral referímonos a polímeros cunha parte do seu contido extraído de fontes naturais e renovables. Algúns deles teñen unha química totalmente nova e outros simplemente son plásticos tan coñecidos como as poliolefinas e los poliuretanos. Hoxe explico os que son químicamente diferentes, outro día falamos de como vellos plásticos se están renovando grazas ás plantas.
Os dous grandes rivais neste momento son o PLA, ácido poliláctico, e os bioplásticos baseados en amidón. Ambos proveñen na súa maior parte do millo, aínda que calquera planta rica en amidón e/ou azucre pode ser unha fonte viable. Tamén comparten a súa capacidade de biodegradación, unha cualidade que ata pouco...
Leer más



