MUNDOMATERIAL

Innovación e Materiais

Archivo de la categoría: ‘Industria’

Expoquimia 2011

Publicado por admin El 22 - November - 2011

Este ano volvín a Expoquimia, a feira da industria química en España que se celebra cada 3 anos en Barcelona. Déixovos aquí as miñas primeiras impresións, como xa fixen no 2008, e ao longo desta semana procurarei escribir algún artigo sobre temas máis concretos. Unha feira máis pequena O primeiro que me sorprendeu ao chegar a Expoquimia foi o reducido do seu tamaño. Se en 2008 as 3 feiras ocupaban os 7 pavillóns do recinto de Gran Vía da *Fira de Barcelona, este ano só ocuparon 4 pavillóns. Isto preocupoume un pouco, pero despois de varias conversacións, cheguei á conclusión de que en realidade o número de expositores non se reduciu tanto, se non o espazo que cada expositor contratara para a súa caseta. Isto suxire un gasto máis contido, o cal vai acorde coas circunstancias. Do 2008 ao 2011 Repasando o que escribín no 2008 sobre a organización do Salón e algúns puntos que eu cría que se podían mellorar, vexo que podería repetir case todas. Por citar algunhas... 
Leer más

O ano das compras na industria química

Publicado por admin El 4 - May - 2011

O 11 de abril Solvay anunciou que pretende comprar Rhodia por €3.000 millóns. Este é o último anuncio nunha longa lista de adquisicións dentro da industria química, nun ano que parece baterá marcas. O número de adquisicións vén motivado por un mercado que se recupera da crise económica e que volve dispor de efectivo tras 3 anos de fortes reaxustes. Solvay compra Rhodia Specialty polymers of Solvay. Source: Solvay Os produtos principais do grupo belga Solvay son o carbonato sódico, o peróxido de hidróxeno e os polímeros especializados. Emprega a 16.800 persoas en 40 países e en 2010 tivo unhas vendas de €7.100 millóns. En febreiro de 2010 finalizouse a venda del negocio farmacéutico a Abbott por €4.500 millóns, o que centrou o seu negocio na parte química e probablemente facilitase a compra de Rhodia. Pola súa banda Rhodia emprega a 14.000 persoas globalmente e en 2010 as súas vendas foron de €5.230 millóns en 2010. A súa estrutura resulta algo complicada xa... 
Leer más

Introdución Bioemprende creouse no 2009 ao amparo do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013 cofinanciado por fondos Feder da UE. O principal obxectivo de Bioemprende é promover vínculos de cooperación entre os axentes implicados no sector biotecnolóxico da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para mellorar a capacidade emprendedora, identificar oportunidades de negocio e xerar sinerxías que favorezan a consolidación dun tecido empresarial biotecnolóxico. Bioemprende está composto por un consorcio de entidades socias, que son: C.E.E.I. Galicia, S.A.(BIC Galicia), BIC Minho, Fundación Universidade Vigo, Instituto Empresarial do Minho, Instituto Politécnico de Viana do Castelo, IPVC. Ademais destas entidades socias de Bioemprende, colaboran activamente co proxecto as tres Universidades Galegas, Asociacións empresariais do sector biotecnolóxico en Galicia e Norte de Portugal, entre outras moitas entidades. Na rexión Galicia/Norte de Portugal púidose... 
Leer más

ANAIP e COFACO crean FEITCAP

Publicado por admin El 20 - May - 2010

ANAIP (Asociación Española de Industriales de Plásticos) e COFACO (Consorcio de Fabricantes de Caucho) acaban de firmar a Acta Fundacional de la FEITCAP, é decir, a Federación Española de Industriales da Transformación de Caucho e Plásticos. ANAIP e COFACO son dúas das asociacións empresariais máis antigas de España, con 53 e 61 anos respectivamente. Decidiron unir esforzos para intentar contrarrestar os efectos que a crise económica nun sector produtivo moi importante en España. A industria de transformación do plástico e do caucho viu como a súa produción caeu nos 9 primeiros meses de 2009 un 17%, que se une á caída do 12% xa contabilizada en 2008, segundo os Índices de Produción Industrial do INE (Instituto Nacional de Estatística). FEITCAP, a nova federación representa a máis de 4.450 empresas que dan traballo de forma directa a 118.200 persoas, cunha facturación en 2008 superior aos 19.000 millóns de euros, o que equivale ao 1,8% do PIB. José Antonio de... 
Leer más

ANAIP e as bolsas de plástico

Publicado por admin El 19 - April - 2010

Cando estaba preparando a entrada Blogues boicoteando o plástico, escribín varios emails a diferentes asociacións relacionadas co plástico, tanto a nivel español como europeo. ANAIP, a asociación española de industriais do plástico, tivo a ben contestarme, aínda que un pouco tarde. Puxen a resposta como un comentario na entrada orixinal, pero pareceume que ben se merece unha entrada e un par de días en portada. Limítome a crear ligazóns alí onde podo, para que vos sexa máis doado acceder a información extra. Sinto non atopar o informe encargado por Cicloplast aínda dubido de se polas miñas propias limitacións ou porque non o fixeron público. Estimada Sra.: Os blogues son un novo sistema de comunicación, e teñen interese. Sobre a respuesta de ANAIP aos ataques ás bolsas de plástico, pode atopalo na nosa páxina web. Na home page, facer clique na nova sobre as bolsas. Na nosa opinión non ten sentido prohibir as bolsas como piden algúns grupos ecoloxistas, xa que... 
Leer más

About Me

Lucía Castro Díaz

Soy co-fundadora y coordinadora de Agalip, empresa especializada en soluciones integrales de comunicación que desarrolla proyectos propios y para clientes. También soy consultora empresarial y realizo estudios de mercado, centrados en la industria química y los materiales. Me doctoré en Ciencias Materiales por la Universidad de Oxford y trabajé para Frost & Sullivan como analista. Hablo inglés, francés, español y gallego.

Twitter