No último día de Expoquimia/Equiplast/Eurosurfas gustaríame plasmar algunhas das miñas reflexións do que me gustaría ver na seguinte feira dentro de 3 anos. Para empezar, paseino tan ben que me gustaría volver o ano que vén. 3 anos parece tanto! E en Santiago, para non desprazarme, pero claro, iso xa son exquisiteces miñas. Bromas á parte, a organización do evento foi en xeral boa, pero eu permítome facer unhas suxestións para a seguinte edición. Para empezar, aglutinaría os tres salóns, unha acreditación, unha páxina web, un nome. Supoño que non lle pasou a todo o mundo, pero eu preacredíteme tres veces desde casa, porque non estaba segura de poder acceder desde Equiplast a Expoquimia, por exemplo. Segundo, ter a punto o sistema para dar os pases aos visitantes, que despois pasa o que pasa. Unha cola longa pódelle estragar o humor a moita xente. Eu, como son pouco madrugadora, salveime o luns.
Persoalmente tiven outro gran problema, que creo que nesta edición non...
Leer más
Archivo de la categoría: ‘Industria’
Impresións persoais de Expoquimia
Sobre equiplast
Comezo unha serie de entradas que estarán dedicadas a Expoquimia, Equiplast e Eurosurfas. Non decidín aínda a orde nin a organización deses posts. Volvín a casa como todos os curiosos natos coma min que van a este tipo de eventos: con moitísima documentación, tarxetas de xente coa que falaches 5 minutos e impresións sobre a industria química en España.
Por pórvos en situación, os tres salóns son máis de 130.000 metros e 1.100 expositores, así que os que esteades pensando en ir mañá, último día, aconséllovos zapato cómodo. Hai dous pavillóns dedicados a Equiplast. En xeral dedicados a maquinaria de todo tipo. Como a miña formación é no terreo dos polímeros, eu paseimo xenial paseando por Equiplast, pero tamén volo recomendo aos novatos no tema, porque poderán ver máquinas producindo botellas de plástico, bolsas, tapóns, testos e todo tipo de obxectos en plástico. Sorprendeume ver varios exemplos de maquinaria de procesamento de tamaño reducido. A precisión...
Leer más
Primeiras impresións de Expoquimia
Recén chegada de Barcelona e muy cansadiña, adiántovos unhas fotos de Expoquimia, Equiplast e Eurosurfas (que poderían ter un único nome e aforraríamonos un pouco de tempo todos).
Esta semana irei engadindo perfís dalgúns dos expositores cos que falei e probablemente tocarei algúns dos temas que me interesaron a min, como os plásticos biodegradables/compostables e/ou de contido natural (incluso hidrosolubles, pero xa vos contarei). Tamén me encantou a variedade de tecidos non tecidos (xa, soa raro, pero de verdade que é así, en inglés chámaselle non-wovens). E un montón de maquinaria, plástico reciclado e demais curiosidades. Agora necesito repoñerme de dous días agotadores, pero interesantes.
AKPC_IDS += "2399,";
Read More →
Expoquimia, Equiplast e Eurosurfas
Dentro duns días irei a Barcelona para asistir a tres feiras profesionais: expoquimia, equiplast e eurosurfas. Intentarei aproveitar esta oportunidade para cubrir o evento, dar recensións e esas cousas, aínda que me temo que non podo asistir todos os días por cuestións de traballo. Se hai alguén por aí interesado en tomar un café, pódevos en contacto. As tres feiras prometen ser interesantes. Expoquimia é da industria química en xeral, Equiplast é o salón internacional do plástico e do caucho e Eurosurfas vai sobre pinturas e tratamentos de superficie. Resúmovos algunhas das actividades das dúas primeiras, que son as que máis me interesan.
Expoquimia
exposición Solucións químicas para o cambio climático, procedente da sede do Parlamento Europeo en Estrasburgo
plataforma Lab& Bio: 7.500 metros cadrados adicada á biotecnoloxía e á instrumentación analítica. Tamén Biochem Seminar Theatre, para establecer contactos dentro do sector da biotecnoloxía
xornadas...
Leer más
Merquinsa finalista en premios de innovación por Pearlthane ECO
O 2 de Setembro o centro para a industria do poliuretano, Center for the Polyurethanes Industry (CPI) pertencente ao American Chemistry Council (ACC) anunciou os 8 finalistas para os premios de innovación, que serán escollidos polos asistentes durante a conferencia técnica “Polyurethanes 2008 Technical Conference”. Os premios están divididos en tres categorías:
química: Merquinsa, Ashland Performance Materials y BASF
equipo de procesamento: Graco e KrausMaffei
produtos acabados: Acma Industries, BASF e co-finalistas Fenner Precision e HP Labs
Quizabes lembredes que na miña entrada do 21 de xullo, TPE Renovabales, xa falei de Merquinsa e o produto pola que foi nomeada, Pearlthane® ECO, termopoliuretanos con ata un 90% de contido renovable. BASF tamén esta nomeada pola súa introdución de contido renovable, pero en escuma de poliuretano, a través da súa liña de polioles naturais BALANCE. A terceira nomeada, Ashland Performance Materials, presenta un novo adhesivo...
Leer más



