MUNDOMATERIAL

Innovación e Materiais

Archivo de la categoría: ‘Xeral’

Expoquimia 2011

Publicado por admin El 22 - November - 2011

Este ano volvín a Expoquimia, a feira da industria química en España que se celebra cada 3 anos en Barcelona. Déixovos aquí as miñas primeiras impresións, como xa fixen no 2008, e ao longo desta semana procurarei escribir algún artigo sobre temas máis concretos. Unha feira máis pequena O primeiro que me sorprendeu ao chegar a Expoquimia foi o reducido do seu tamaño. Se en 2008 as 3 feiras ocupaban os 7 pavillóns do recinto de Gran Vía da *Fira de Barcelona, este ano só ocuparon 4 pavillóns. Isto preocupoume un pouco, pero despois de varias conversacións, cheguei á conclusión de que en realidade o número de expositores non se reduciu tanto, se non o espazo que cada expositor contratara para a súa caseta. Isto suxire un gasto máis contido, o cal vai acorde coas circunstancias. Do 2008 ao 2011 Repasando o que escribín no 2008 sobre a organización do Salón e algúns puntos que eu cría que se podían mellorar, vexo que podería repetir case todas. Por citar algunhas... 
Leer más

A enquisa de novembro

Publicado por admin El 28 - April - 2010

Estes son os resultados da enquisa de novembro, cun pouco de atraso. Xa puxen na columna da dereita a nova enquisa, sobre os diferentes envases utilizados coa auga. Parecida á de novembro no sentido de que inclúo diferentes tipos, desde reutilizables a de usar e tirar. Sorry, there are no polls available at the moment. Evidentemente as miñas enquisas non son moi representativas, pero aínda así me sorprende ver que o carriño da compra e as bolsas de plástico de toda a vida empatan. Claro que por outra banda, o carriño tamén é un pouco de toda a vida. AKPC_IDS += "2490,"; 
Read More →

Cambio de estilo

Publicado por admin El 13 - April - 2010

Ola a todos, Levo toda a semana preparando un cambio de estilo para o blogue. Intentarei facelo antes do domingo, así que vos pido paciencia se tedes algún problema para visualizar o contido mentres tanto. Mil grazas a Iván pola súa axuda na nova versión e en ensinarme programación (non que eu sexa boa alumna!) AKPC_IDS += "2395,"; 
Read More →

A batalla do plástico

Publicado por admin El 9 - April - 2010

Atopei este vídeo que me parece exemplifica moi gráficamente por qué unha gran parte da poboación está enfadada cos plásticos. O vídeo é o gañador do concurso organizado por Friend’s of the Earth en 2007 para escoller a mellor curta de menos dun minuto sobre cuestións “verdes” e foi dirixido por Ulla Jacobsen. Se queredes ver máis curtas, podedes visitar a páxina de Friends of the Earth en YouTube ou incluír unha entrada para o premio de 2008 e quizabes limpar o nome dos plásticos. Este tipo de embalaxe, absurda e redundante, é unha perda ridícula de material. Tamén serve para empañar a utilidade do plástico noutras aplicacións, convertendoo nun material banal. Así que, aos que esteades no mundo da embalaxe plástica, por favor, por favor, sede prudentes. AKPC_IDS += "2225,"; 
Read More →

A arte da cabeceira

Publicado por admin El 9 - April - 2010

Teño que facer especial mención á fotografía que usei para a miña cabeceira. É unha obra da miña nai, María Xosé Díaz, escultora de materiais. A foto orixinal, que podedes ver embaixo, mostra dúas obras, ambas as dúas realizadas con polymetilmetracrilato, PMMA. Incluso vos podo dicir que marca: Plexiglas, producido por Evonik, nome de Degussa desde setembro do 2007. Obra de María Xosé Díaz María Xosé Díaz sempre estivo fascinada polos materiais, así que en certo modo, de tal pau, tal estela. As obras da foto son parte da súa época co PMMA, na que realizou moitas obras, algunhas delas caixas que ensinan/ocultan obxectos coma a da esquerda na foto. Como saberedes, o PMMA é transparente, pero ríscase con facilidade. Por esa razón, miña nai acabou puíndoo e ten ese aspecto translúcido. Se vos gusta estades de sorte, porque probablemente volverei utilizar fotos da artista no futuro. A súa propia páxina, na que seguimos traballando: María Xosé Díaz Nota:... 
Leer más

About Me

Lucía Castro Díaz

Soy co-fundadora y coordinadora de Agalip, empresa especializada en soluciones integrales de comunicación que desarrolla proyectos propios y para clientes. También soy consultora empresarial y realizo estudios de mercado, centrados en la industria química y los materiales. Me doctoré en Ciencias Materiales por la Universidad de Oxford y trabajé para Frost & Sullivan como analista. Hablo inglés, francés, español y gallego.

Twitter