Os plásticos elastómeros, ou TPE, merecen un artigo por si sos, xa que son unha familia de polímeros algo descoñecida. Hai unha introdución moi boa na Wikipedia – thermoplastic elastomer, para os que nonos coñezades demasiado e queirades saber máis. Aproveito para recomendarvos Wikipedia como fonte rápida de información sobre materiais. Aínda que algunhas das entradas son verdadeiros compendios de saber, tede coidado porque outras son case páxinas corporativas.
Volvendo ao tema, os TPE teñen propiedades de goma e termoplástico a un tempo. Esta combinación de propiedades conséguese mediante mesturas físicas de elastómeros e termoplásticos ou mediante copolímeros. Os elastómeros clásicos son termosets e o tipo de ligazón que os reticula (crosslink) é unha ligazón covalente creado durante a vulcanización. Os TPE reticúlanse grazas a ligazóns máis febles ou ligazóns creadas só nunha das súas fases.
Na seguinte táboa podedes ver...
Leer más
Archivo de la categoría: ‘Xeral’
TPE Renovables
Dow compra Rohm & Haas
O pasado xoves Dow anunciou a compra de Rohm & Haas por $18.8 miles de millóns. Para os que non estedes familiarizados con estas empresas, dicir que Dow é un xigante químico, con ventas anuais de $54 miles de millóns. Rohm & Haas é máis pequeno pero conta con produtos especializados, que en xeral proporcionan maior marxe de beneficios.
E esta é a clave da compra. Dow convértese nunha empresa significativamente máis grande, pero ademáis adquire un negocio que depende menos das ventas masivas e permítelle diversificar a súa carteira de produtos, que non é pouco. A táboa mostrada a continuación lista as divisións de Dow xunto cos produtos que xestiona cada unha delas.
No campo dos materiais, Dow é ben coñecida por vender o que en inglés se coñece como commodity, é dicir, produtos básicos. Entre eles, os grandes clásicos: PP, PE e PS. Para manterse no mundo das commodities, as vendas teñen que ser grandes, necesítase unha estrutura de vendas e distribución...
Leer más
Benvida
Mundomaterial nace con bastantes motivacións, case todas puramente persoais. Manterme ao día, involucrarme con novas ferramentas de comunicación que me son alleas, expor ideas ao mundo e ver que tipo de respuesta obteño. Como presentación, direi que son unha consultora estratéxica, que desenvolvín case toda a miña actividade profesional no Reino Unido, son especialista en polímeros e teño unha curiosidade bastante ben alimentada.
Que temas pretendo tocar no blogue? Todos temos as nosas preferencias á hora de ler e escribir, pero espero que o blogue me dé a oportunidade de ir máis alá do que agora son os meus favoritos. Por dar algunha idea, os plásticos son a miña especialidade, en case todas as súas variantes. O outro grande eixo para min é o medioambiente, así que algúns dos meus temas favoritos son os bioplásticos, reciclaxe, solucións para reducir o uso de recursos fosiles, etc. Hai unha infinidade de temas que me gustaría coñecer mellor coa excusa...
Leer más



