MUNDOMATERIAL

Innovación e Materiais

Bioplásticos

Publicado por admin El 26 - March - 2010ADD COMMENTS

Antes de comezar, aclarar que este post intenta ser unha breve introducción ao extenso campo dos bioplásticos, sobre o que pretendo falar en máis detalle. Digamos que é unha guía para os que non estedes moi familiarizados con esta familia de produtos. Cando se fala de bioplásticos, por norma xeral referímonos a polímeros cunha parte do seu contido extraído de fontes naturais e renovables. Algúns deles teñen unha química totalmente nova e outros simplemente son plásticos tan coñecidos como as poliolefinas e los poliuretanos. Hoxe explico os que son químicamente diferentes, outro día falamos de como vellos plásticos se están renovando grazas ás plantas. Os dous grandes rivais neste momento son o PLA, ácido poliláctico, e os bioplásticos baseados en amidón. Ambos proveñen na súa maior parte do millo, aínda que calquera planta rica en amidón e/ou azucre pode ser unha fonte viable. Tamén comparten a súa capacidade de biodegradación, unha cualidade que ata pouco... 
Leer más

Benvida

Publicado por admin El 26 - March - 2010ADD COMMENTS

Mundomaterial nace con bastantes motivacións, case todas puramente persoais. Manterme ao día, involucrarme con novas ferramentas de comunicación que me son alleas, expor ideas ao mundo e ver que tipo de respuesta obteño. Como presentación, direi que son unha consultora estratéxica, que desenvolvín case toda a miña actividade profesional no Reino Unido, son especialista en polímeros e teño unha curiosidade bastante ben alimentada. Que temas pretendo tocar no blogue? Todos temos as nosas preferencias á hora de ler e escribir, pero espero que o blogue me dé a oportunidade de ir máis alá do que agora son os meus favoritos. Por dar algunha idea, os plásticos son a miña especialidade, en case todas as súas variantes. O outro grande eixo para min é o medioambiente, así que algúns dos meus temas favoritos son os bioplásticos, reciclaxe, solucións para reducir o uso de recursos fosiles, etc.  Hai unha infinidade de temas que me gustaría coñecer mellor coa excusa... 
Leer más

Introdución Hoxe falarei a como o mercado electrónico está cambiando a súa política desustentabilidade , en boa parte forzado pola lexislación europea. Para entendérmonos, cando falo de produtos electrónicos refírome aos móbiles, ordenadores, reprodutores de DVD e CD, etc. Un informe do 2007 da Universidade da ONU estimaba que a cantidade de aparellos electrónicos e eléctricos, AEE, posto en 2005 no mercado EU27 foi de 10,3 millóns de toneladas. En 2005 a cantidade de residuos de aparellos electrónicos e eléctricos, RAEE, foi entre 8,3 e 9,1 millóns de toneladas. O mesmo informe prognostica que en 2020 a cantidade de RAEE ascenderá a 12,3 millóns de toneladas. A cantidade de residuos xerados en Europa e como son estes son tratados conduciu a tres lexislacións europeas: WEEE (ou RAEE), RoHS e REACH, nas súas siglas en inglés. Se non sabedes moito de cómo os residuos electrónicos son tratados en países en vías de desenvolvemento e os riscos que comporta,... 
Leer más

About Me

Lucía Castro Díaz

Soy consultora empresarial y realizo estudios de mercado, centrados en la industria química y los materiales. Puedes saber más sobre Agalip, mi empresa, en nuestra web corporativa http://agalip.es/ Me doctoré en Ciencias Materiales por la Universidad de Oxford y trabajé para Frost & Sullivan como analista. Hablo inglés, francés, español y gallego.

Twitter