O Solar Impulse é un avión futurista que proxecta voar coa enerxía do sol, sen combustibles fósiles. Imposible hoxe en día, pero sen dúbida o camiño que este soño nos fará percorrer permitirá o avance de varias tecnoloxías, desde lixeiros e eficaces paneis solares ata baterías que redistribúen a calor que xeran.
PRIMER VUELO SOLAR IMPULSE from amoralva on Vimeo.
Para lograr a súa meta, o proxecto conta con todo tipo de socios e patrocinadores. Solvay é un dos principais, canda Deutsche Bank e Omega. Involucrarase na innovación en materiais poliméricos e nas probas dos materiais. En palabras de Jacques van Rijckevorsel, Director Xeral Sector Plástico de Solvay:
“A asociación entre o noso grupo e Solar Impulse transmite a confianza que nós pomos no compromiso persoal, no espírito de empresa e na innovación tecnolóxica, como xeito de conseguir respostas ao desafío do desenvolvemento sostible. Doutra banda pomos en pé outro desafío, que nos leve aos confíns...
Leer más
ANAIP (Asociación Española de Industriales de Plásticos) e COFACO (Consorcio de Fabricantes de Caucho) acaban de firmar a Acta Fundacional de la FEITCAP, é decir, a Federación Española de Industriales da Transformación de Caucho e Plásticos.
ANAIP e COFACO son dúas das asociacións empresariais máis antigas de España, con 53 e 61 anos respectivamente. Decidiron unir esforzos para intentar contrarrestar os efectos que a crise económica nun sector produtivo moi importante en España. A industria de transformación do plástico e do caucho viu como a súa produción caeu nos 9 primeiros meses de 2009 un 17%, que se une á caída do 12% xa contabilizada en 2008, segundo os Índices de Produción Industrial do INE (Instituto Nacional de Estatística). FEITCAP, a nova federación representa a máis de 4.450 empresas que dan traballo de forma directa a 118.200 persoas, cunha facturación en 2008 superior aos 19.000 millóns de euros, o que equivale ao 1,8% do PIB.
José Antonio de...
Leer más
Últimamente estiven usando Twitter (@luciacd) e atopei bastante xente interesante que ofrecen información rápida sobre algúns dos temas que eu tamén cubro no blog. Ata agora a maioría de que encontrei son en inglés, agás algunha excepción. Creei unha modesta lista de usuarios de twitter, coas descricións dadas por eles no perfil de twitter. Moitos deles publican información relacionada nalgún outro medio, como revistas académicas ou blogs, así que quizais tamén vos interese visitar as súas webs se buscades máis información. Outros son profesionais da industria, como consultores independentes, estudantes, asociacións ou provedores.
09-11-2009: Pouco despois de escribir esta entrada, Twitter lanzou as súas listas, unha nova funcionalidade que permite crear grupos de tuiteiros con algo en común. Creei unha relacionada con materiales, que irei actualizando a medida que atope novos tuiteiros relacionados co mundo dos materiais e a ciencia. Recoméndovos que visitedes a...
Leer más
Fai un tempo escribín unha entrada sobre Bicicletas e os materiales cos que se constrúen. Xa nesa entrada daba algúns exemplos de bicicletas feitas con materiales renovables. Incluso colguei algunha foto de bicicletas feitas de bambú que atopei en Expoquimia. Hoxe ensínomovos bicicletas feitas con madeira oca, bambú e bambú laminado.
O primeiro exemplo é o proxecto Bamboosero Bikes, no que Craig Calfee axuda a comunidades en vías de desenvolvemento a producir bicicletas de bambú, que son vendidas arredor do mundo. A facilidade para obter a materia prima, traballala e obter unhas bicicletas sustentables é innegable. Este proxecto está asentado agora mesmo en Ghana, pero buscan axuda económica para exportar a idea a outros países. Deíxovos un vídeo explicativo (en inglés, sorries).
Renovo Hardwood Bikes, en Estados Unidos, constrúe cadros con madeira oca e bicicletas con bambú, esta vez laminado. Aínda que quizais non sexan tan interesantes como proxecto de desenvolvemento...
Leer más
Considerada tradicionalmente como unha fibra basta, o kenaf está atopando un lugar nos mercados electrónicos e de automoción. A súa combinación con PLA, un bioplástico que provén de fontes naturais como o millo, ilustra o novo enfoque no desenvolvemento dos materiais que estamos experimentando. 2009 foi declarado como o ano Internacional das Fibras Naturais e esta entrada é a terceira nunha serie dedicada a elas.
Qué é o kenaf?
O kenaf, ou Hibiscus Cannabinus, pertence á familia das Malvaceas e prodúcese en todos os continentes, pero os maiores produtores son Indios e A china. O kenaf e as súas fibras son a miúdo comparados co iute e o cánabo, cos que comparte moitas das aplicacións descritas a continuación:
Usos tradicionais, de baixo valor: corda, cordel, téxtil, uso en cortes e en alimentación animal.
Aplicacións innovadoras, de valor medio: papel, produtos de madeira, esteiras medioambientais, material absorbente para aceite e líquidos.
Aceite de kenaf: comestible,...
Leer más



