Nacín en Barcelona en 1977. Licencieme en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela no 2000, tras cursar dous anos no estranxeiro baixo o programa europeo Erasmus: terceiro na Manchester Metropolitan University e quinto na Ecolle Nationale Superieure de Chimie de Montpellier (ENSCM), onde me especialicei en Medio Ambiente. Realicei o meu proxecto de fin de carreira no CEREMAP (Centro de Reciclaxe de Materiais Plásticos) sobre aditivos para mellorar a mestura de plásticos, proxecto que continuei no 2000-2001, coa axuda da bolsa de La Caixa. Doutoreime na Universidade de Oxford, Facultade de Materiais, cunha tese sobre o efecto das condicións medioambientais nas propiedades mecánicas dos polímeros.
Falo español, galego, inglés e francés. Para os que sexades curiosos, dicir que o blogue é trilingüe, pero normalmente escribo en inglés e despois traduzo ao español e galego.
Traballei como consultora no Reino Unido, en Frost & Sullivan, onde aprendín o oficio. En Frost fixen varios proxectos, todos relacionados con plásticos. Curtinme un pouco sobre a industria química e comecei a collerlle o gustillo a isto da consultoría estratéxica.
Despois decidín que levaba moitos anos emigrados e volvinme a Galicia. Agora traballo por conta propia desde casa, facendo proxectos de consultoría e informes de mercado especializado. Nos últimos tempos xirei un pouco o meu camiño para achegarme máis a temas que relacionan o medio ambiente e os materiais, como a reciclaxe e os bioplásticos.
A miña nova aventura chámase Agalip, empresa dedicada ao ámbito da comunicación no seu máis amplo sentido. Grazas a Agalip, podo seguir exercendo de consultora estratéxica, ampliando o meu campo máis alá da industria química. Se queres saber máis do que facemos en Agalip, non dubides en visitar a nosa web ou porte en contacto comigo.
Especialidades
Industria química
Novos materiais: polímeros, bioplásticos, composites
Asesoramento para introducción de produtos en novos mercados
Medio ambiente
Reciclaxe
Mercado europeo
Temas tratados
Industrial biocides
European bioplastics market
Naturally reinforced plastic composites
European paint market
Automotive plastics: glazing and under the hood
European recycling legislation
Flexible packaging
Experiencia
Coordinadora, Agalip
Xaneiro 2009 – Actualidade
Co-fundadora e coordinadora de Agalip, empresa especializada en solucións integrais para clientes ná área da comunicación e as novas tecnoloxías.
Entre os servizos ofertados por Agalip inclúese o deseño corporativo, creación e mantemento de contidos especializados, solucións I+D+i a medida, etc
Coordino e desenvolvemento proxecto, contacto directo con clientes, asesoramento estratéxico.
Consultora empresarial independiente
Xuño 2006 – Decembro 2008 (2 años e 7 meses)
Produción para consultoras internacionais de análise de mercado centrado na industria química. Informes europeos, análise cualitativa e cuantitativa, contacto directo con gran industria química europea como BASF, DuPont, DSM, etc
Dentro do servizo ofrecido, ademais dos informes, atópanse presentacións en liña, notas de prensa, horas de cliente, asesoramento para propostas, etc.
Analista, Frost & Sullivan, Oxford
Decembro 2004 – Abril 2006 (1 ano 5 meses)
Traballando na división de materiais, parte do equipo de investigación. Produción de informes cliente multi-cliente. Colaboración co equipo comercial na redacción de propostas para clientes. Analista líder en varios proxectos para clientes, incluíndo desenvolvemento de mercados e produtos.
Educación
University of Oxford
Doctorado, Materials Science, 2001 – 2005
En colaboración con Regenesys, empresa do sector energético, estudio sobre a degradación de HDPE
Universidade de Santiago de Compostela
Licenciatura, Química, 1995 – 2000
Ecole Nationale Superieure de Chimie de Montpellier
Erasmus, 1999 – 2000
6 meses de proxecto de investigación, en colaboración co CEREMAP
The Manchester Metropolitan University
Erasmus 1998 – 1999
Outros
Creadora e moderadora do grupo Bioplastics en Linkedin
Espazo creado na rede social Linkedin coa finalidade de compartir información e experiencias por parte de profesionais relacionados cos bioplásticos. Entre os seus membros encóntranse empresas produtoras, transformadoras e usuarios finais. Participa Novamont, NatureWorks, Amcor, Rohm & Haas, etc
Editora e fundadora de mundomaterial
Xullo 2008 – Actualidade
Páxina web dedicada ao mundo dos materiais, con información para un público obxectivo variado, desde consultores especializados a mozos estudantes.
Bolseira da La caixa
Setembro 2000 – Xuño 2001



