En 2006 realicei unha investigación sobre o mercado dos bioplásticos en Europa. Recentemente tiven a oportunidade de participar nun proxecto de consultoría que, entre outras cousas, miraba ao sector dos bioplásticos. Grazas a iso puiden comprobar os grandes cambios que se produciron no mercado en tan só 5 anos, pasando de ser materiais cunha penetración reducida a converterse nunha das tendencias máis importantes dentro do mercado dos polímeros.
Fonte: Darwin Bell
Maior número de competidores
En 2006 o número de produtores “reais” era reducido. Existían varios produtores de bioplásticos baseados en amidón e Novamont era (e segue sendo) líder en Europa en canto a capacidade de produción. Con todo produciuse un gran cambio no campo da produción de PLA. En 2006 un único produtor de PLA dominaba o mercado: NatureWorks. Era a única empresa que tiña unha produción industrial e tan só existían proxectos doutras empresas que empezaban a estudar a posibilidade de...
Leer más
Bioplásticos: 5 anos despois
O mercado dos bioplásticos en Brasil e México, por Frost & Sullivan
Frost & Sullivan ven de publicar un novo estudo de mercado titulado “Análise estratéxica do mercado de bioplásticos en Brasil e México” no que se analizan plans de produción, os principais plásticos vendidos e as aplicacións nas que se usan en ambos os países. O estudo tamén procura dar unha visión do futuro dos bioplásticos na rexión, tendo en conta a demanda futura e posibles fontes de material.
Brasil
Actualmente a produción en Brasil está restrinxida a plantas piloto. En 2009, o mercado de bioplásticos en Brasil compúñase principalmente de PLA, mesturas de amidón e PHB, representando $ 4.4 millóns. Con todo espérase que cando a produción en Brasil incremente a grandes escalas o mercado transformarase. En 2015 están planificadas unidades de produción de bioplásticos a nivel industrial como o polietileno renovable de Braskem ou o PVC renovable de Solvay. En particular a planta de Braskem será a maior do mundo, o que dará a Brasil un crecemento...
Leer más
Amflora, os transxénicos e os bioplásticos
A principios de marzo do 2010 a Unión Europea aprobou o cultivo dunha pataca modificada xeneticamente, a primeira variedade desde que en 1998 se aprobara o millo transxénico Monsanto’s MON 810.
Esta variedade de pataca é Amflora, desenvolta por BASF para aplicacións industriais como lubricantes ou comida para animais. Cando se fixo público, houbo quen suxeriu que Amflora ía ser usada para producir bioplásticos. Sempre me pareceu algo arriscado o uso de transxénicos en produtos cuxo reclamo se basea en melloras medioambientais. Hai que dicir que a resistencia contra os transgénicos é maioritariamente europea e que a opinión pública sobre este tema noutras rexións non está en contra. Aínda así considero que unha das vantaxes estratéxicas dos produtores de bioplástico europeo é precisamente que non os utilizan como recurso.
Amilopectina
Amilosa
O almidón natural é unha combinación de amilosa e amilopectina, ambos polímeros da glucosa. A maior diferenza é que...
Leer más
Bioplásticos
Antes de comezar, aclarar que este post intenta ser unha breve introducción ao extenso campo dos bioplásticos, sobre o que pretendo falar en máis detalle. Digamos que é unha guía para os que non estedes moi familiarizados con esta familia de produtos. Cando se fala de bioplásticos, por norma xeral referímonos a polímeros cunha parte do seu contido extraído de fontes naturais e renovables. Algúns deles teñen unha química totalmente nova e outros simplemente son plásticos tan coñecidos como as poliolefinas e los poliuretanos. Hoxe explico os que son químicamente diferentes, outro día falamos de como vellos plásticos se están renovando grazas ás plantas.
Os dous grandes rivais neste momento son o PLA, ácido poliláctico, e os bioplásticos baseados en amidón. Ambos proveñen na súa maior parte do millo, aínda que calquera planta rica en amidón e/ou azucre pode ser unha fonte viable. Tamén comparten a súa capacidade de biodegradación, unha cualidade que ata pouco...
Leer más



