Dardo Arevalo
Hoxe cambio un pouco o meu formato habitual e publico unha entrevista. O entrevistado é Dardo Arevalo (Uruguay, 1957), director de Envases plásticos. A actividade de Envases plásticos está centrada na consultoría, sobre a lexislación e marco regulador das empresas que fabrican, importan, envasan e comercializan envases non retornables en Uruguai. Ata agora as entradas que escribín sobre envases e o seu tratamento a fin de vida tiveron bastante aceptación, pero coido que ter unha visión do problema fóra de Europa sería tamén interesante. Para iso estou encantada de contar con Dardo, que ademais conta cunha páxina web que vos recomendo, pois publica en formato de blogue, con contido que vai máis alá do meramente corporativo.
Como e por que xurdiu a idea de crear Envases plásticos?
No ano 2004, decidimos cun grupo de profesionais na área da loxística, química e traballo socialfundar Envases plásticos xa que en decembro dese ano aprobouse a Lei de Envases...
Leer más



