MUNDOMATERIAL

Innovación e Materiais

Bicicletas

Publicado por admin El 19 - April - 2010

En Inglaterra merquei unha bicicleta coa que me movía pola cidade a diario. Para min é unha forma brillante de transporte, aínda que pode ser moito máis. Pero… sabedes? Eu estiven preguntando e parece que o mundo das bicicletas está cheo de materiais e deseños fascinantes. Deamos un paseo para ver que materiais se usan nas diferentes partes dunha bicicleta e as últimas tendencias de deseño. Por suposto, explicareivos algúns exemplos interesantes do que se pode facer coa sempre novidosa bicicleta. Mentres buscaba información xeral sobre as bicicletas, encontreime esta grande imaxe en wikipedia. Grazas a ela non teño que explicarvos as diferentes partes da bicicleta moderna. Se queredes ver máis imaxes de bicicletas, podedes seguir esta ligazón de wikimedia commons Fonte: wikipedia materiais Hai moitas opcións abertas para os deseñadores e fabricantes de bicicletas. James Thomas, autor de Bicycle design dinos a súa opinión sobre os materiais utilizados na actualidade: Como... 
Leer más

Vota o teu material “case de ciencia ficción”

Publicado por admin El 13 - April - 2010

Esta entrada é unha invitación. Pídovos que propoñades e / ou votedes aqueles materiais reais que poderían saír dunha historia de ciencia ficción. E quizais sexa oportuno darvos unha pequena explicación de como decidín escribir unha entrada tan peculiar. A pesar de soar un pouco friki (encántame a Ciencia Ficción) creo que me enganchei cando vin Blade Runner no cine. Anos despois, uns amigos estudando Políticas na universidade fixeron un traballo analizando películas de ciencia ficción e as estruturas sociais que retratan (que usan como diñeiro, principais conflitos e como se resolven, etc). Foi nunha desas creativas reunións á que me convidaron, para analizar Mad Max, onde me dei conta de que vai a ciencia ficción: do que realmente somos, no que podemos converternos e / ou ao que podemos aspirar. Encántame a liberdade que dá este xénero para imaxinar sociedades e tecnoloxías que están por crear aínda. Todo isto para dicirvos que cando Robert Frith, director de Superblue... 
Leer más

Monopatíns

Publicado por admin El 9 - April - 2010

Se ata agora me dediquei a falar de materiais e as empresas que os producen, hoxe apetéceme dar un xiro. Hoxe vou falar de skates ou skateboards. O certo é que non é un produto moi tradicional, pero entroume onte curiosidade vendoos dar saltos polos materiais que se usan e son capaces de aguantar semellante tratamento. Ademais, exemplifica un dos mercados máis innovadores no mundo dos materiais, o dos deportes de risco. Se non acabades de ver o interese, pensade en skies, táboas de surf, velas de windsurf ou snowboards. Sen esquecer o importante equipo de protección, como cascos, xeonlleiras, protectores de cóbado, etc. O mercado é amplo, está medrando e de alto valor engadido. Un bo lugar para experimentar materiais e xulgar o seu rendemento. O produto Supoño que non haberá moitos expertos en materiais que a un tempo saiban algo do fascinante mundo do skate, así que empezarei por unha rápida introdución. As partes principais dun skate son a táboa, as rodas,... 
Leer más

About Me

Lucía Castro Díaz

Soy consultora empresarial y realizo estudios de mercado, centrados en la industria química y los materiales. Puedes saber más sobre Agalip, mi empresa, en nuestra web corporativa http://agalip.es/ Me doctoré en Ciencias Materiales por la Universidad de Oxford y trabajé para Frost & Sullivan como analista. Hablo inglés, francés, español y gallego.

Twitter