Como xa mencionei no meu post Bioplásticos, existen dous grandes tipos de plásticos renovables:
Composición nova a plásticos derivados do petróleo
Idéntica composición a plásticos xa existentes no mercado e derivados do petróleo
Hoxe vou contarvos que se está facendo para renovar vellos plásticos grazas aos recursos naturais.
As compañías involucradas na produción destes plásticos teñen moi claro cal é a maior vantaxe con respecto dos demais bioplásticos: a substitución directa. Como copian a composición de plásticos tan estendidos como o polietileno ou o poliuretano, afórranlle aos usuarios ter que adaptar os seus procesos, sexa deseño ou maquinaria. Por outra banda, só teñen que vendelo coma un produto mellorado, de valor engadido, en mercados xa existentes. Gran parte da tarefa de produtores de bioplásticos consistiu ata fai pouco en explicar o seu produto e encontrar aplicacións, máis que vendelo.
Por esta razón grande produtora de poliolefinas xa fixeron...
Leer más



