Na miña entrada anterior falei da importancia das aplicacións duradeiras no futuro dos bioplásticos. Suxería que era un paso novo para esta industria e fun educadamente corrixida por Todd Rogers, Director de Marketing de Poliamidas de Arkema, quen me explicou que Arkema leva comercializando bioplásticos duradeiros case 50 anos. Para corrixir o meu erro e darvos máis información, o Sr Rogers e eu pasamos un rato falando dos produtos renovables de Arkema, do recentemente creado Bioplastics Council e dos retos medioambientais e comerciais aos que se enfronta a industria do plástico.
Arkema Renewables
Arkema comercializa desde fai máis de 40 anos Rilsan 11®, unha poliamida de alto rendimento. Pero o feito de que Rilsan 11 se produza a partir de aceite de rícino, unha fonte renovable, non foi un factor no marketing de dito produto ata fai pouco—Non creo que o mercado pedise bioplásticos ata agora. Á maioría dos nosos clientes preocupáballes e preocupa máis o rendemento. Por...
Leer más



